Skip to Content

Deporte Escolar

Equipo que dinamiza todas as actividades deportivas do colexio e o PDC Guillarei activo e saudable

CAMPAMENTO DE VERÁN DEPORTIVO DA ANPA

Campamento de verán multideportivo: NOVIDADE este ano organizado pola ANPA do colexio e que de momento so sabemos que hai unha alta participación de alumnado do centro e que está enfocado dun xeito lúdico e deportivo.

A MILLA DIARIA EN TEMPOS DO COVID 19

 Alumnado de 4º curso facendo a milla.

Programa “A milla diaria (suma semanal e mensual): Este programa, conseguimos levalo a práctica durante todo o curso. Participaron todo o alumnado e profesorado (andando ou trotando) de infantil e educación primaria.

Traballamos de forma transversal e interdisciplinar os contidos da actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas , sedentarismo asociado a pantallas-).

O percorrido foi medido empregando novas tecnoloxías, tendo unha distancia de 540 metros, precisando realizar 3 voltas para alcanzar a distancia de 1 milla. O alumnado e profesorado anotou ao longo do curso a medición diaria nunha folla de control posta cada mes no panel informativo do PVDA que está na entrada da biblioteca.

Destacaron especialmente os cursos de 3º e 4º curso de educación primaria, cunha participación moi alta cada mes. Parabéns a tod@s e o próximo ano moito ánimo a tod@s.

2º curso

3º curso

 

 

 

COÑECE O MEU CLUB "KAYAK TUDENSE"

Programa “Coñece o meu club” (Promocións de clubs deportivos): este ano tivemos que suspender as programadas para o principio de curso, facendo soamente a de piragüismo co Club Kayak Tudense no mes de xuño cos cursos de 5º e 6º de educación primaria.

Mulleres deportistas importantes.

Exposición de murais (petalos xigantes) sobre mulleres deportistas: Traballo relacionado coa investigación de mulleres importantes en varios ámbitos da vida.

Ana Peleteiro, Carolina Marín, Chus Lago, ...

MÓVETE MÁIS "Jerusalema".

Programa “Móvete máis” (coreografía grupal divertida): realizouse durante os meses de setembro e outubro con cada grupo burbulla a coreografía “Jerusalema”, quedando sen facer o baile grupal todos xuntos no 3º trimestre.

XOGOS POPULARES NO MAGOSTO

Xogos populares no magosto: organizamos unha zona diferente para grupo burbulla, na cal cada clase durante máis dunha hora xogou a diferentes xogos populares. En total foron 7 espazos separados respectando as normas do protocolo, con distancias e sen compartir os materiais.

DAFIS ADAPTADO A 1ª OPCIÓN DO PROTOCOLO

Proba de flexibilidade

Programa DAFIS (Valoración da condición física): Programa que serve para o control e valoración da condición física a saúde do alumnado de 1º a 6º curso de educación primaria, coa realización de diferentes probas físicas adaptadas á 1ª opción do protocolo, como por exemplo:

1ª OPCIÓN. Mantemos o protocolo proposto pola Xunta de Galicia. Mesmas probas en todas as idades. Consideracións:

a) Uso continuo da máscara.

b) Desinfección de materiais antes e despois de cada uso: ◦ Material de antropometría: tallímetro, báscula e cintas. ◦ Dinamómetro dixital, material velocidade-axilidade, caixón de flexibilidade e barra horizontal.

c) Mantemos a distancia de seguridade en todas as probas, incrementada a 2,5 metros, con especial atención na proba da Course Navette. Ventilamos ao máximo o espazo cerrado: pavillón escolar, cos 2 portóns abertos.

Os datos destas probas están rexistrados no programa DAFIS, do cal o coordinador do noso colexio fixo formación fai 4 anos en Vigo e fai 7 anos en Santiago de Compostela. Todo o alumnado de educación primaria pasou as probas físicas e as diferentes medicións durante o primeiro trimestre do curso.

Axilidade e velocidade.

Forza

 

Peso e altura.

Forza isométrica

Perímetros de cintura e cadeira.

Altura

Panel informativo.

RECREOS ACTIVOS E PATIOS DINÁMICOS ADAPTADOS AO PROTOCOLO COVID19

Recreos activos e patios dinámicos: Este curso tivemos que adaptarnos o protocolo do COVID19, co cal repartimos un baúl de material diverso a cada grupo/clase, o cal só podía xogar cada grupo burbulla e na zona indicada de cada grupo no patio exterior do patio ou no pavillón nos días de chuvia. Destacar que houbo dúas quendas de recreo. O como reflexión indicar que o positivo deste ano o alumnado xogou máis cos seus compañeir@s de seu grupo-clase.

petanca

 

 

 

FORMACIÓN DE MESTRES EN RUTAS NÁUTICAS EDUCATIVAS

FORMACIÓN ESPECÍFICA DE MESTRES

O pasado 11 de xuño o mestre de educación física participou nunha formación específica sobre rutas náuticas educativas en Kayak cara as bateas da ría de Vigo fronte a Moaña, acompañados por un experto no cultivo do mexilón e nunha andaina relacionada coa historia mariñeira da vila de Cangas do Morrazo e a industria conserveira e das baleas da familia Masó, acompañados con guías turísticos.

O obxectivo desta experiencia e levar o próximo ano ao alumnado para que teña experiencias interdisciplinares sobre estes contidos.

Estas actividades están organizadas por ECODESTIN (Proxecto europeo INTERRG) en Moaña e Cangas do Morrazo en xuño 2021.

Iniciación ao piragüismo

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA (PVAD): “GUILLAREI ACTIVO E SAUDABLE”

O pasado mércores 9 de xuño os grupos de 5º e 6º curso de educación primaria, participaron nunha xornada especial, con 2 experiencias moi interesantes como foron:

1º) A realización dunha ruta pola cidade vella de Tui titulada “O túnel de Dona Urraca”: tendo como saída a praza de S.Fernando na Catedral, o alumnado mediante un plano con pistas foi descubrindo e aprendendo moitas cousas de Tui e de Dona Urraca “A Temeraria”.

Ao rematar esta ruta, continuamos camiñando pola alameda cara a mariña a carón do río Miño, onde tivemos a sorte de coincidir co Cabo Fragata. Xa no parque do Penedo, merendamos e tivemos un ratiño de lecer e xogar na tirolina e tobogán.

2º) Xa no centro interfederado do río Miño, esperábannos Manuel (presidente), Jose Luis Bouza (adestrador e subcampión do mundo de piragüismo )e Raimon (monitor); membros do club Kayak Tudense; os cales foron moi amables e iniciáronnos na práctica de iniciación ao piragüismo, deporte tan arraigado na nosa contorna.

 

SAÍDA ESPECIAL (O TÚNEL DE DONA URRACA E INICIACIÓN AO PIRAGÜISMO)

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA (PVAD): “GUILLAREI ACTIVO E SAUDABLE”

O pasado mércores 9 de xuño os grupos de 5º e 6º curso de educación primaria, participaron nunha xornada especial, con 2 experiencias moi interesantes como foron:

1º) A realización dunha ruta pola cidade vella de Tui titulada “O túnel de Dona Urraca”: tendo como saída a praza de S.Fernando na Catedral, o alumnado mediante un plano con pistas foi descubrindo e aprendendo moitas cousas de Tui e de Dona Urraca “A Temeraria”.

Ao rematar esta ruta, continuamos camiñando pola alameda cara a mariña a carón do río Miño, onde tivemos a sorte de coincidir co Cabo Fragata. Xa no parque do Penedo, merendamos e tivemos un ratiño de lecer e xogar na tirolina e tobogán.

2º) Xa no centro interfederado do río Miño, esperábannos Manuel (presidente), Jose Luis Bouza (adestrador e subcampión do mundo de piragüismo )e Raimon (monitor); membros do club Kayak Tudense; os cales foron moi amables e iniciáronnos na práctica de iniciación ao piragüismo, deporte tan arraigado na nosa contorna.

Grupos de 5⁰ e 6⁰ curso

Preparando as piraguas no río.

 

Momento final de baño.

Chegada a Tui e inicio da ruta de Dona Urraca.

Pistas a localizar e descubrir pola cidade vella.

 

ÁMBITO 4: DENTRO DO CENTRO E FORA DO HORARIO LECTIVO

Actividades de promoción de actividade física unha vez rematada a xornada escolar, pero dentro do centro educativo.

Este ano se tiñan planificado as seguintes actividades:

  • As actividades extraescolares organizadas pola ANPA previstas como bádminton, xadrez ou balonmán non se realizaron por mor do COVID19.
  • As actividades deportivas (escolas municipais) que organiza o Concello de Tui e se desenvolven no pavillón do centro e na cal participa parte do noso alumnado; este curso nalgúns momentos do curso e con moitas restricións houbo escolas de tenis e adestramentos concretos de patinaxe.
  • Como NOVIDADE de fin de curso e co aparente melloría da pandemia; a ANPA organizou un "CAMPAMENTO DE VERÁN MULTIDEPORTIVO". O cal é un éxito de inscrición.

ÁMBITO 3: FORA DO CENTRO E DENTRO DO HORARIO LECTIVO

Actividades de promoción de actividade física fóra do centro educativo pero durante a xornada escolar (excursións, actividades fóra do centro, convivencias, etc.).

Por exemplo:

  1. A participación no proxecto da "Milla Diaria".
  2. A promoción e iniciación ao "PIRAGÜISMO" no río Miño (centro interfederado) co Club Kayak Tudense.
  3. Rutas e busca de pistas pola cidade antiga de Tui.

ÁMBITO 2: DENTRO DO CENTRO E DENTRO DO HORARIO LECTIVO

Neste ámbito están recollidas as actividades de promoción de actividade física durante a estancia do alumnado no centro educativo.

Actividades desenvolvidas como por exemplo:

  1. As xornadas lúdicas. (xornada con multixogos de retos deportivos entre os diferentes grupos burbulla).
  2. O patio activo (Xogando no recreo). Repartindo un baúl de material variado e motivando o alumnado a xogar e moverse no tempo de lecer.
  3. O proxecto DAFIS. Coa realización das diferentes probas físicas nos cursos de educación primaria. Ao ser un colexio pequeno non tivemos problema co protocolo Covid, e as probas realizarónse como sempre, desinfectando algún material concreto.
  4. Móvete + (Coreografía "Jerusalema"): Práctica cos diferentes cursos desta coreografía ao logo do 1º trimestre.

ÁMBITO 1: FORA DO CENTRO E FORA DO HORARIO LECTIVO

Neste ámbito están recollidas as actividades de promoción de actividade física en tempos de lecer, vacacións, fin de semana, etc.

Este por mor do COVID19, non poidemos participar; máis cando se poida ao igual ca outros anos retomaremos as propostas e proxectos anteriores como por exemplo:

  1. Probas deportivas do XOGADE (Campo a través, Atletismo en Pista, Bádminton, ...).
  2. Saída a neve. (Viaxe a Leitariegos cos grupos de 5º e 6º de educación primaria. Iniciación ao esquí nórdico.
  3. Campamentos.
  4. Actividades no medio natural como o proxecto da "ALOIADA" co resto das escolas do concello de Tui.
Distribuir contido


by Dr. Radut