Skip to Content

Deporte Escolar

Equipo que dinamiza todas as actividades deportivas do colexio e o PDC Guillarei activo e saudable

ESTUPENDA XORNADA DE CAMPO A TRAVÉS EN TOMIÑO

Varios dos participantes do colexio. 

 

Equipo alevín feminino.

O pasado 23 de novembro a AGRUPACIÓN DEPORTIVA BAIXO MIÑO organizou o campo a través zonal do Baixo Miño, no que houbo baixa participación con respecto a anos anteriores. Pero os participantes amosaron moita ilusión e entrega, en tódalas categorías.

Ao longo da mañá houbo momentos de choiva, sobre todo na categoría de infantil femenino, pero non foi impedimento para o desenvovlemento da proba.

Destacar o gran esforzo e auto superación de cada nen@ durantes as carreiras. Estamos moi orgullosos de tod@s, pola participación, a convivencia e o compañerismo, valores moi importantes.

Neste ano conseguiron 1 premio un equipo e 6 medallas:

1- Trofeo de Sub campeoas o equipo Infantil Femenino (Alejandra Cabaleiro, Kholoud Rouchdi, Mayra Vila, Houda El Jabraoui, Wian Cherti e Uxía Fdez.)

1- Lorena Vaz (medalla de ouro na categoría benxamín feminina).

2- Taha Rouchdi (medalla de prata na categoriá benxamín masculino).

3- Alejandra Cabaleiro, Kholoud Rouchdi, Alejandro Vila e Saula Rocha tamén gañaron varios medallas)

Polo demais, todo saíu perfecto, e o chocolate estivo delicioso.

Agradecer a AGRUDEBAM, aos mestr@s voluntarios, ANPAS, ao concello de Tomiño e ao servizo de deportes pola súa colaboración. Tamén ao CEP Pedro Caselles Beltrán, por ceder as súas instalacións.

 

CAMPO A TRAVÉS ZONAL NO CEP PEDRO CASELLES DE TOMIÑO

Mañá sábado 23 de novembro imos participar cun grupo de 33 alumn@s no proba zonal de campo a través no colexio Pedro Caselles de Tomiño.

Esta proba está dentro do programa Xogade, na cal participan os colexios do Baixo Miño.

Moita sorte a tod@s os participantes.

Máis información na web de Agrudebam. 

 

O CEIP DE REBORDÁNS NA I XORNADA DE DINAMIZACIÓN DEPORTIVA INTERCENTROS

Aquí podedes ver o ben que o pasamos coa visita do CEIP de Rebordáns xogando a bádminton,  voleibol,  baloncesto,  xadrez, fútbol sala ou balonmano.

CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR EN HORARIO LECTIVO TOMIÑO 2019

 

CIRCUITO PARA AS CLASES DE 2º E 3º DE ED. PRIMARIA.

Boas tardes familias;

 O próximo venres 15 de novembro imos participar na carreira de campo a través escolar en horario lectivo (9 -14 horas) co resto de colexios do Baixo Miño. Este ano vai ser nas instalacións do CEP Pedro Caselles de Tomiño.

Participamos coa totalidade do alumnado das clases de 2º, 3º e 4º de primaria. A filosofía desta carreira e premiar o esforzo da clase enteira xa que van correr e puntuaran como un “equipo”.

CIRCUITO PARA 4º ED, PRIMARIA

Por outra parte ese día haberá clases normais salvo o rato que viaxemos no autobús gratis que subvenciona a Xunta de Galicia no programa Xogade (deporte en idade escolar).

MOI IMPORTANTE

  • Levar unhas zapatillas deportivas que agarren ben (que a sola non este moi desgastada), calcetín alto, pantalón curto ou malla de correr, a “camiseta e o chandal do colexio no caso de telo.
  • Levar unha mochila coa merenda e auga pequena ecunha muda completa (camiseta, roupa interior, toalla pequena, ...), por si fai falta cambiarse ao rematar a carreira. Xa que pode chover ou estar parte do circuíto mollado.

As familias que queiran ver as carreiras poden ir sen problema ata o CEP Pedro Caselles.

 Máis información nas seguintes páxinas web:

https://www.agrudebam.es/horario-lectivo/campo-a-traves-horario-lectivo/

AS NOSAS CARREIRAS SERAN O VENRES E NON O XOVES POR MOR DA CHUVIA.

Orientación Deportiva en Familia

Intres previos a saída da proba de Tui

Mapa da proba de Orientación en Tui

 

I XORNADA DE DINAMIZACIÓN DEPORTIVA INTERCENTROS

O vindeiro vendes 25 recibimos a visita do CEIP de Rebordáns na nosa escola. Nesta ocasión as clases participantes serán sexto, cuarto e terceiro curso de educación primaria.

Comezamos co programa "Xogade" coa primeira dinamización deportiva xogando a bádminton, xadrez, balonmán, voleibol, baloncesto e fútbol sala.

Onde o máis importante será sen dúbida a convivencia cos amigos e disfrutar facendo deporte.

Deslizamentos no recreo

Como todos os anos en outubro xa comezamos coa xornada semanal de deslizamentos cada luns no pavillón do colexio.

Patíns, rolllers, skates, patinetes, ... un xeito divertido de pasar o recreo cos compis do cole.

PATIOS ACTIVOS 2019-2020

Cartel das zonas de xogos.

Bádminton e Floorball no pavillón. 

Voleibol e Fútbol Sala 

CAMPO A TRAVÉS EN HORARIO LECTIVO (TOMIÑO 2019)

O xoves día 14 de novembro celebraremos as probas de campo a través en horario lectivo (entre as 10 a 13 horas) no CEP Pedro Caselles Beltrán de Tomiño.

Correrase por categorías de grupo/clase, independentemente da idade de cada corredor. Nestas carreiras puntúa a totalidade dos compoñentes dunha clase,  saíndo un equipo campión  en cada categoría: 2º primaria, 3º primaria e 4º primaria.

Os circuitos faranse en función dos cursos. Aquí poñemos un croquis de todos eles.

Moito ánimo e a participar.

Inicio da Milla Diaria

Hoxe comezamos co programa da Milla Diaria (1606 metros). As clases de quinto, cuarto, primeiro e os grupos de infantil (3, 4 e 5 anos) sairon as 11.15 ao recinto do torreiro para percorrer unha milla dando 3 voltas grandes.

Uns foron a trote e otros camiñando un pouco, o mais importante e que foron uns minutos divertidos e activos. Bravo alumnado e profes participantes. Mañán máis. 

II CARREIRA DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA EUROCIDADE

O próximo domingo 13 de octubre vaise organizar a segunda carreira de Orientación Deportiva. Unha boa oportunidade para facer deporte en familia dun xeito divertido. 

Animádevos a participar cos vosos fill@s. Lembrar que hai límite de inscrición ata o xoves10.

SEMANA E DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR

O venres 27 de setembro celebramos o día europeo do deporte escolar na nosa escola. Ademais durante toda a semana xogamos e fixemos  diferentes actividades físicas e promocións deportivas.

Equipo Deporte Escolar 2019/2020

Benvid@s a novo curso escolar 2019/2020.

O pasado martes 3 de setembro quedou establecido no primeiro claustro o equipo que se vai a encargar de coordinar o deporte escolar e o PDC "Guillarei activo e saudable" do noso colexio.

Concepción Rguez. Cibeira, Mª del Pilar Durán Otero, Fernando Domínguez Sobral e Víctor Rguez. Quintas.

Ademáis esperamos contar coa colaboración activa de todo o claustro nos diferentes programas e actividades que intentaremos levar adiante.

Moita enerxía e sorte a tod@s.

Distribuir contido


by Dr. Radut