Skip to Content

Educación Física

Subcampeonas provinciais de Campo a Través na categoría Alevín Feminino

Felicidades a tod@s os atletas da nosa escola polo seu esforzo e ilusión nas carreiras do pasado domingo en S.Miguel de Oia, nunha mañàn fría e con choiva.

Destacar ao equipo Alevín que acada un premio maís, froito recollido do sacrificio e trabaĺlo que fan estas nenas.

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS (SAN MIGUEL DE OIA-VIGO 12/FEBREIRO/2017)

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS

(SAN MIGUEL DE OIA-VIGO 12/FEBREIRO/2017)

XOGADE (Deporte escolar)

I Xornada de Dinamización deportiva no CEIP DE REBORDANS. A nosa escola participou cos cursos de 3º, 4º e 6º de educación primaria, que estiveron acompañados polos mestres Javier, David e Fernando.

DEPORTE ESCOLAR:Comezan as xornadas de Dinamizacións deportivas intercentros

O próximo venres 20 de xaneiro o CEIP DE GUILLAREI vai xogar ao CEIP DE REBORDANES cos cursos de 3º, 4º e 6º.

Imos xogar e desfrutar practicando xadrez. badminton, voleibol, fútbol sala, balonmán e baloncesto.

En breve máis noticias.

4ª Xornada Dinamización

O pasado 21 de abril, xogouse a 4ª xornada de dinamización. Esta vez os alumnos/as de 3º, 4º e 5º fomos ao pavillón vello de Tui para enfrentarnos aos compañeiros/as do CEIP Nº2. Ás 9.30 saímos do noso cole, polo que a xornada comezou cedo e deu tempos a facer todos os partidos tranquilamente. Comezouse con Balonmán, Bádminton e Voley. Despois Baloncesto e Xadrez e por último, coma sempre, Fútbol. Aquí a rivalidade foi máxima e os rapaces o pasaron fenomenal. Ao finalizar felicitáronse todos por polos bos partidos xogados. Aquí poñemos algunha foto da xornada:

3ª Xornada Dinamización

Onte, 17 de marzo, celebramos a 3ª xornada de Dinamización. Esta vez visitounos O CEIP Pazos de Reis, concretamente os cursos de 3º e 5º de primaria. Entorno ás 10.00 comezamos cos partidos de Bádminton, tanto individuais coma dobres mixtos, e Balonmán. Ao rematar xogaron ao Baloncesto, Voley e Xadrez. E por último ao fútbol sala. Os nenos/as dos dous coles xogaron fenomenal e pasamos unha divertida xornada.

Aquí todos os participantes ao finalizar a xornada

Xornada 3 marzo

O pasado 3 de marzo fomos visitar aos compañeiros de 3º e 6º do CEIP Nº 1 de Tui, para celebrar a 2ª Xornada de Dinamización. A xornada celebrouse no Pavillón vello de Tui. A xornada transcurriu con total normalidade. Coma sempre gañamos algúns partidos e outros non, pero cabe destacar a gran deportividade que amosaron todos os rapaces e rapazas. Ao redor das 13.00h puxemos rumbo ao noso cole coa sensación de haber pasado unha positiva xornada. E por suposto con gañas de que chegue pronto a seguinte.

Xornada de Atletismo 2016

O pasado 19 de febreiro celebrouse a I Xornada de Atletismo nas instalacións da Macoca, organizada por Agrudebam. Xuntáronse nenos e nenas de 5º de Primaria de todos os coles de Tui. As probas  nas que participaron foron:

- 60 m lisos

- 500 m

- Relevos 4x100m

- Salto de lonxitude

- Lanzamento de peso

- Lanzamento de Vórtex

 

A Xornada foi un éxito de organización e os nenos/as o pasaron fenomenal

Deporte escolar

O pasado 15 de xaneiro comezamos as dinamizacións do curso 2015/2016. Visitamos aos nosos compañeiros do CEIP de Rebordáns para unha nova xornada de Deporte Escolar. Con esta xornada comezamos a temporada, así que fomos con moita ilusión. Os rapaces e rapazas de 3º, 4º e 6º aínda que non gañaron en todo o pasaron fenomenal cos nenos/as do outro cole.

Xa estamos desexando que chegue a seguinte xornada

Deporte escolar - 25 Marzo 2015

 O pasado mércores 25 de marzo os alumnos de 4º e 6º curso visitamos os nosos compañeiros do CEIP Nº 2. Coma en todas as saídas de deporte escolar o pasamos fenomenal e estamos desexando volver a visitalos!

 

 

Deporte escolar - Marzo 2015

O pasado 5 de marzo visitáronnos os compañeiros de 3º e 5º curso de Pazos de Reis. Disfrutamos dunha xornada lúdico-deportiva como podedes ver nestas fotos:

 

Deporte escolar - Xaneiro 2015

O pasado mes de xaneiro visitamos os compañeiros de 4º e 6º curso do CEIP plurilingüe nº1. Foi unha xornada lúdica - competitiva onde todos os nenos e nenas esforzáronse para facelo o mellor posible. Aquí van algunhas fotos:

Distribuir contido


by Dr. Radut