Skip to Content

Tel: 886 11 08 01 e 886 110 802 e-mail: ceip.guillarei@edu.xunta.gal

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNOS CON NEAE

Axudas e subsidios para alumnado con Necesidade Específica de Apoio Eucativo (NEAE)

Data límite para presentación das solicitudes é o 27 de setembro.

Deixamos o enlace a continuación para que poidades realizar as solicitudes.

https://buff.ly/2Cw9kZd

MÉRCORES, 12 DE SETEMBRO, COMEZO CURSO 18/19

O claustro do CEIP Plurilingüe de Guillarei deséxavos a todos un moi bo comezo de curso!! Agardámosvos o mércores, 12 de setembro ás 9:00. 

Mindfulness coa profe Pilar

mindfulness

Actividades de minfulness e relaxación no terceiro trimestre.

 

Festival fin de curso 2017-18

Baile final 

Sesións da maquillaxe previas ao festival

A continuación podedes un vídeo da primeira parte do festival de fin de curso 2018 que estivo relacionado coas actividades ximnásticas e circenses.

 

aquí

Elástico e Magnífico

 

Aloiada 2018

Nesta edición da Aloiada participamos 8 centros de Tui con máis de 200 nenos e nenas. Disfrutamos de diversos obradoiros e actividades deportivas, o que  lles serviu tamén para convivir e coñecer aos futuros compañeiros cos que en pouco tempo se atoparán na Educación Secundaria.

 

Deixámosvos cunha morea de fotos e vídeos desta experiencia.

Para acceder premede na imaxe de abaixo.

 

Aloiada 2018

 

Un saúdo e bo verán!

Aloiada 2018

O próximo xoves 14 e venres 15 de xuño o alumnado de sexto curso e varios mestr@s do cole van participar na Aloiada 2018  con outros 7 colexios de Tui.

Van ser duas xornadas de convivencia e actividades no medio natural do parque natural do monte Aloia, Galiñeiro e río Miño.

Final provincial de Atletismo en Pista en Pontevedra

Mañá mércores 13 de xuño a nosa escola vai representar a Tui na final provincial de atletismo en pista no Estadio da Xuventude na cidade de Pontevedra.

 

Imos participar con 15 alumn@s da escola, que formaran 3 equipos e competirán en varias modalidades atléticas como:

- 60 metros lisos

- salto de lonxitude

- lanzamento de peso (2kg)

- carreira de resistencia (500 m)

- lanzamento de vortex

- relevos 4 x 60 m 

Moita sorte e a disfrutar facendo deporte en equipo

Solidaridade coas familias afectadas de Paramos

Alumnado e mestr@s da nosa escola van estar no mercadillo de Tui o próximo xoves 14 de xuño. Van montar un posto no cal van intentar vender varias materiais elaborados por eles co obxectivo de axudar as familias afectadas pola explosión de Paramos. Hoxe por vós mañán por nós.

Descenso do Miño

O pasado 8 de Xuño, os alumnos de 5º e 6º de Primaria realizaron o primeiro descenso do Miño en Kayak. A actividade foi proposta polo Clube Kayak Tudense aos cales agradecemos esta oportunidade. 

Agardamos o pasedes tan ben vendo as fotos coma nos disfrutando do río :)

Click na imaxe para ver o álbum de fotos.

 

Yamilé Pérez no Provincial de Bádminton

O pasado sábado 26 de maio celebrouse o campionato provincial de bádminton no pavillón Alvaro Pino en Ponteareas, alí estivo a nosa alumna de sexto Yamilé Pérez, representando a Baixo Miño no equipo Infantil feminino, o cal fixo moi bo torneo.

Moitos parabéns a tod@s.

Solidaridade coas familias afectadas de Paramos

A comunidade educativa do noso colexio esta moi sensibilizada cos afectados da explosión de Paramos. Por iso imos levar adiante varias actividades e proxectos co obxectivo de recaudar fondos para os afectados e aportar un graniño de area nesta causa.

Bronce no provincial de Tenis de Mesa

Brian Gonzalez, alumno de sexto representou a nosa escola o pasado domingo no pavillón municipal de Romarigo en Cangas do Morrazo.

Moitos parabéns polo seu éxito deportivo en Tenis de Mesa

UN DÍA NA GRANXA ESCOLA "CORAZÓN DE CARBALLO" DE TOMIÑO

Dende o CEIP Plurilíngüe de Guillarei queremos dar as grazas a granxa escola “Corazón de Carballo” de Tomiño e a todo o seu persoal que nos ofreceu  ó seu tempo e as súas instalacións GRATIS para que os nenos e nenas de Guillarei puideran disfrutar  de este día tan especial da excursión de fin de curso e así esquecer, por uns intres a realidade  acontecida nestas últimas datas na nosa parroquia.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Distribuir contido


by Dr. Radut