OS XOGUETES NO NADAL

         
 

 OS REIS MAGOS

   
 

En todas as partes do mundo cando chegan estas datas os nenos e nenas reciben xoguetes, pero como son tantos, os Reis Magos teñen moitos axudantes nos distintos lugares do mundo. Queredes coñecelos?

Premede nas imaxes e estade moi atentos e atentas.

   
 

 O ANXO CHRISTKIND

 Alemania

 A BRUXA BEFANA

Italia

   
 

  OLENTZERO

País Vasco

OS REIS MAGOS 

España

   
 

 PAPA NOEL

Quen é este personaxe?

   
       
 

ALEMANIA

Neste país quen trae os xoguetes é ...

O ANXO CHRISTKINDUnha figura alada, de cabelos dourados, un anxo, mensaxeiro do Neno Xesús, chamado CHRISTKIND.

Déixaos o día 24 de decembro, cando nace Xesús. Os nenos alemáns deben poñer as súas cartas na ventá, para que este anxo as lea e coloque os xoguetes baixo a árbore, adornada toda con velas acesas.

   
   

ITALIA

Chega o 5 de xaneiro á noite A BRUXA BEFANA

A BRUXA BEFANAA bruxa Befana cando non estaba voando coa súa vasoira, estaba varrendo, varrendo e varrendo sen parar. Un día pasaron por alí tres homes preguntando por un neno moi fermoso que nacera nun portal. Ela indicoulles o camiño e os tres homes, que eran os Reis Magos, pedíronlle que os acompañara a ver ao Rei dos Ceos; pero ela non quixo. Máis tarde arrepentiuse e quixo seguilos, pero antes fixo caramelos para levarlle. Uns bañounos en azucre, por se o neno era bo, e outros en cinsa, por se era un choromicas.

Saíu na súa procura, pero por máis que buscou non o atopou. Por cada lugar que pasaba dáballe caramelos a tódolos nenos e nenas, e dende aquela este personaxe é o que deixa aos nenos e nenas italianos xoguetes e caramelos. E eles e elas deben deixarlle nun prato unha mandarina e un vaso de viño para que a bruxa entre en calor.

   
   

PAÍS VASCO

Chega OLENTZERO co seu asno ASTOTXO a repartir os xoguetes entre todos o nenos e nenas vascas.

OLENTZEROOlentzero era un home que vivía só no bosque facendo carbón. Como vivía só estaba un pouco triste. Un día enterouse que no pobo vivían uns nenos que tamén estaban sós e que coma el tamén estaban tristes, entón pensou que tiña que facer algo por eles. Coma era moi bo coas mans decidiu facerlles xoguetes de madeira e levarllos. Os nenos puxéronse tan ledos, contáronllo a todo o pobo e todos quixeron xoguetes.

Dende aquela o OLENTZERO baixa do bosque cargado de xoguetes, o 5 de xaneiro, para todos os nenos e nenas do País Vasco.

 

   
 

  ESPAÑA

A noite do 5 de xaneiro chegan as casas dos nenos españois tres REIS MAGOS vidos dende Oriente para traerlles regalos a aqueles que se portaron ben e estudiaron moito; ós que non, déixanlles carbón, menos mal que é doce!Reis Magos

Os nenos e nenas deben deixar o seu zapato, moi limpiño, preto da ventá; un balde con auga para os camelos e algunha larpeirada, cun vasiño de leite quente, para que os Reis recobren forzas. Estes tres Reis foron hai moito tempo seguindo unha estrela que os guiou ata o Portal onde nacera o Neno Xesús. Leváronlle ricos presentes: incenso,  ouro e mirra.

Escribistes xa a carta para os Reis Magos?

Estes personaxes tamén van a outros países, principalmente de Latinoamérica, como Guatemala.

 

   
       
 

  RUSIA

RusiaO 31 de decembro os nenos rusos reciben a visita de DED MOROZ.

Antiguamente celebraban a festa de San Nicolás, pero na época comunista quedaron prácticamente prohibidas as celebracións relixiosas e crearon a DED MOROZ. É un home alto, delgado, cunha longa barba branca que vive na selva. O pai inverno leva unha longa capa de cor vermella con ouro. Viaxa nunha troika, trineo ruso, tirado por seis cabalos. A súa axudante é SNEGUROCHKA (nena da neve) coñecida figura de contos de fadas de Rusia.

   
 
Papa Noel cos seus Renos

Atención! Quédanos un personaxe que acude tamén ao noso país e a outros moitos.

Chámase de moitas maneiras segundo o lugar: Papá Noël, Santa Claus, San Nicolás

SAN NICOLÁS é o verdadeiro nome deste personaxe. Papa Noel

 Este santo nace en Grecia hai moitos séculos. Era rico, pero cando morreron os seus pais doou todo aos pobres e fíxose sacerdote. Estendeuse a súa fama de home xeneroso e foise convertendo en lenda. Dende aquela chega aos fogares de moitas casas, vén montado nun trineo tirado por sete renos, cargado cun saco cheo de xoguetes para deixarlle aos nenos bos. Pero coidado! din que trae un feixe de varas para os que non se porten ben.

Papa NoelA tradición di que cando dan as doce, nas casas tócase unha campá. É o momento de que todos os pequerrechos acudan ao salón a ver que agasallos lles deixou Papá Noel baixo a árbore.

A Santa, gústalle moito entrar polas chemineas; así que se tedes unha, procurade que estea ben limpa, para que non se manche. Ah!, e podedes colgar calcetíns nela ou na árbore para que vos deixe caramelos e moedas de chocolate.

Chimenea

   
       
 

 Imprimir documento Imprimir

   
 

 Actividades relacionadas Actividades

   
 

 Debuxos para colorear  Colorear

   

Powered by Drupal - Design by artinet