RECURSOS TIC

GOOGLE SITES: CREACIÓN DUN SITIO WEB

       
  CREACIÓN DUN SITIO WEB CON GOOGLE SITES    
 

Google Sites é unha aplicación gratuíta ofrecida por Google.

Esta aplicación permite crear un sitio web dunha forma tan sinxela coma editar un documento. Con Google Sites os usuarios poden reunir nun único sitio e, dunha forma rápida, información variada incluidos vídeos, calendarios, presentacións, arquivos adxuntos e texto. Además, permite compartir información con facilidade para vela ou editala por un grupo reducido de profesores, alumnado, familias ou con todo o mundo.

Premendo na imaxe accédese a un titorial para a creación dese sitio web.

   
       
  VÍDEO EXPLICATIVO    
 

 

   
 

 

  "GUÍA PARA EL DOCENTE GOOGLE SUITE: MEET, SITES y CLASSROOM"

Nesta guía podemos atopar o titorial de GOOGLE SITE, ademais dos titoriais de MEET E CLASSROOM

 

 

   

ACTIVIDADES PARA O INICIO DUN CURSO DIXITAL

     
  ACTIVIDADES PREVIAS AO INICIO DUN CURSO DIXITAL  
 

Comezou un novo curso e con el a incorporación de novo alumnado ao proxecto DIXGAL do centro.

Para introducir ao alumnado na competencia dixital e facilitarlles unha primera aproximación ao ordenador presentamos unha serie de nocións e actividades centradas nos seguintes aspectos:

 
 

INFORMÁTICA BÁSICA:

Destreza co rato, manexo de ventás, gardar traballos, arquivos e carpetas, borrar e tirar ao lixo o que non nos gusta, as iconas de acceso directo, etc.

 
 

APRENDENDO A ESCRIBIR CON TUXTYPE:

Coa introdución dos ordenadores nas aulas é esencial que o alumno saiba escribir no teclado cunha certa soltura. 

 

 
  A INFORMÁTICA NA AULA:

As ferramentas de Ofimática, xeran moitísimas posibilidades didácticas na aula. As principais ferramentas que imos empregar son o procesador de textos Writer e o programa de presentacións Impress.

 
 

INTERNET, A REDE GLOBAL:

Internet é unha rede mundial de comunicacións baseada na conexión de millóns de computadores que permite compartir recursos e informació

 

BLOGS DE RECURSOS

     
  BLOGS DE RECURSOS DO CENTRO  
 

Lembramos que están actualizados e disponibles para toda a comunidade educativa os blogs de recursos do centro, con cantidade de recursos de educación infantil, matemáticas, lingua castelá, lingua galega e ciencias da natureza,  así coma o blog de lectura na rede. 

Para acceder premer nas imaxes

        

      

     

 

REPOSITORIO DE CONTIDOS EDUCATIVOS

     
   REPOSITORIO DE CONTIDOS EDUCATIVOS  
 

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia ten a disposición de toda a comunidade educativa o repositorio de contidos educativos onde podemos atopar cantidade de recursos clasificados por idioma, tipo ou área. Coa última actualización, o REPOSITORIO DE CONTIDOS EDUCATIVOS conta con 1.942 recursos en varios idiomas e para diferentes niveis educativos. Todos os recursos poden ser descargados e incorporados nas aulas virtuais dos centros.

Para acceder premer na imaxe

 

AULA ABERTA ABALAR

     
  AULA ABERTA ABALAR  
 

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia pon á nosa disposición a "AULA ABERTA ABALAR", un espazo onde podemos atopar contidos e materias formativos clasificados en catro áreas temáticas: Edixgal, GNU/Linux, Videotitoriais e Abalar.

 Acceso á AULA ABERTA ABALAR

 
     
  ACCESO ÁS DISTINTAS ÁREAS TEMÁTICAS  
 

        

 

"TOPOROPA", XOGOS PARA REPASAR XEOGRAFÍA

     
  XOGOS PARA REPASAR XEOGRAFÍA  
 

Toporopa é un portal dirixido ao alumnado do último ciclo de Primaria e secundaria para que repasen e aprendan novos coñecementos relacionados coa xeografía a partir de 18 xogos: Países de Europa, Ríos, mares, cadenas montañosas...

Pódese áceder á paxina premendo na imaxe.

 
     

BUSCADORES SEGUROS

     
  BUSCADORES  SEGUROS  DE  INTERNET  PARA  NENOS  E  NENAS: "HABELOS, HAILOS!"  
 

A necesidade de protexer a nenos e nenas de contidos impropios é unha razón para ter buscadores especiais apropiados a eles. É por iso que tendo en conta a Educational Technology and Mobile Learning recomendamos os seguintes buscadores:

  • KidRex é un motor de procura de Google cunha interface infantil
  • KidzSearch produce resultados moi fiables, non inclúen contidos destinados a adultos.
  • Mymunka está deseñado exclusivamente para os nenos, é moi divertido e seguro para eles.
 

Powered by Drupal - Design by artinet