LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2022-2023

No arquivo adxunto poderedes descargar a listaxe de libros de texto para o curso 2022-2023.

Bicos e non balas

Como clausura do club de lectura do curso 21-22, limos o libro de Antonio García Teijieiro "Bicos e non balas", que tamén ven ao caso do momento que se está a vivir pola guerra en Ucrania.

Este libro permitiu achegar ao alumnado aos poemas de Teijeiro que non len habitualmente. Houbo varios poemas que lles gustaron moito polo que vos convidamos a que leades os das páxinas 14, 15, 22, 23, 45 e 47.

Quedámonos con frases como "Non se me ocorre mellor símbolo para a paz que a imaxe dunha persoa de calquera idade, de calquera país, lendo un libro".

Como actividade final fixemos preguntas abertas:

Se foses un animal con quen te identificarías? Algúns co gato da "Sta. Bubble", outros con Caramelo, outros cos esquíos do "Aroma do Liquidámbar"...

Se foses unha cor...? Serían a cor ocre, vermello, carmesí.

...

Agardamos que sigan lendo tanto ou máis como ata o de agora!!!!

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O NOVO ALUMNADO CURSO 2022-2023

A formalización de matrícula comezará o día 20 de xuño e rematará o día 30. O colexio porase en contacto vía telefónica con todas familias para a reserva de cita para tramitar a matrícula.

documentación que tedes que aportar é a seguinte:

- Folla de formalización de matrícula (podedes descargala no arquivo adxunto)

- Fotocopia da cartilla de vacinacións.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

-Certificado/informe médico.

- 2 fotografías tamaño carnet.

OUR RECYCLED CITY. ARTS 3º EP

O alumnado de 3º EP elaborou na clase de Arts unha cidade fermosísima elaborada con material de refugallo.

 

 

EXCURSIÓN AOS MUSEOS CORUÑESES

O alumnado de 4º e 5º de E.P. gozou con tódolos sentidos, e nunca mellor dito, dos museos coruñeses do Aquarium Finisterrar e da Domus, nos que puideron poñer en práctica os coñecementos adquiridos ao longo deste curso escolar.

EXCURSIÓN AOS MUSEOS CORUÑESES

O alumnado de 4º e 5º de E.P. gozou con tódolos sentidos, e nunca mellor dito, dos museos coruñeses do Aquarium Finisterrar e da Domus, nos que puideron poñer en práctica os coñecementos adquiridos ao longo deste curso escolar.

EXCURSIÓN Á ILLA DE SAN SIMÓN

Bautismo de mar

Trasnos e trasniños de biblioteca, acudiron a unha aventura de "Bautismo de mar", na que puideron navegar pola baía de Baiona sun xeito especial. Foi unha experiencia moi moi moi divertida, case tanto como o foron todas as lecturas que compartimos. Agardamos que se vos contaxie o gusto pola lectura e polo mar!!!!

BECAS ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO ACADÉMICO 2022-2023

BECAS ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO ACADÉMICO 2022-2023
Distribuir contido