Contacontos dende Bremen

Dende Bremen, Alemaña, recibimos un conto moi especial "Una escoba prodigiosa". Foi moi raro escoitar un conto en alemán, pero rapidamente nos demos conta do conto do que se trataba!!! Para agradecerlles este conto,, fixemos unhas postais coa axuda da teacher Belén que enviamos por correo ordinario e que puxeron moi moi ledos aos nenos e nenas do cole de Bremen.  Grazas Marion por darnos esta oportunidade!!!

 

Visitamos O Lecer

O alumnado de 5º EP e 2º EP visitamos a residencia O Lecer. De novo tivemos a sorte de ser convidados por eles e elas para compartir un ratiño do tempo de Nadal. Amosámoslles as danzas que aprendimos sobre diferentes lugares do mundo e tamén representamos unha obra de teatro moi navideña. Coidamos que lles gustou moito; así nolo fixeron saber. E por certo, a merenda esta boísima!!! De seguro repetiremos esta visita!!!

 Visita O lecer

SERES MÁXICOS DO NADAL

De que o Nadal está cheo de maxia... non tiñamos dúbida algunha!!! Pero este ano descubrimos que a maxia procede de moitos lugares e seres diferentes. O noso colexio convertiuse por un día na morada duns seres máxicos do Nadal que viñeron contarnos as súas historias. As Anjanas, o Apalpador, a Vella e Papá Noel xunto cos seus axudantes, fixéronnos partícipes das súas andanzas e variadas ensinanzas. Temos claro que non imos esquecer este día tan máxico!! Unha vez máis grazas á ANPA por conseguir que as personaxes do Nadal se achegasen dende os seus diversos fogares, e tamén aos estudantes de maxisterio que colaboraron nun día de maxia :)

 

Seres máxicos Nadal

IgualArte visita o Josefa Alonso

A última semana de curso antes do Nadal estivo chea de sorpresas e momentos marabillosos. O luns 18, grazas á ANPA Lameira, tivemos a sorte de contar no colexio co grupo "De Tapas" da Fundación IgualArte, un espazo no que as persoas con diversidade intelectual poden expresarse e formarse no ámbito artístico.

E como as sorpresas nunca veñen soas, eles tamén nos traían unha, xa que tocaron un par de temas acompañados por nenos e nenas do colexio e ademais... ata fixeron bailar a algún mestre! Non vos perdades o seguinte vídeo!!

 

Actuacióm IgualArte

CONCURSO DE BELÉNS

Despois de moitos anos de experiencia creando entre todo o alumnado de relixión o Belén do Josefa Alonso, este ano os artistas que cada curso nos sorprenden coas súas estupendas manualidades levaron o noso Belén máis alá dos nosos muros. Participamos no concurso de Beléns de Afundación. Todas as familias que queran poden achegarse ata alí e ver o noso Belén e o do resto de participantes. Como este ano era tan especial, todo o alumnado de relixión fixo unha saída para ir ver o Belén, e por suposto remataron celebrándoo cun chocolate con churros!

 

Belén 23-24

Obradoiro Ioga. CP Innova

Durante este curso grazas ao proxecto presentado para desenvolver o Programa EDUsaúde, dentro dos contratos programa Innova, poderemos contar con obradoiros de Ioga cada trimestre. Deste xeito intentaremos que o alumnado conecte consigo mesmo para mellorar a súa atención, relaxación, flexibilidade, control postural... e outras moitas cousas que nos aportarán estas prácticas. A pasada semana realizamos os primeiros obradoiros que puideron desfrutar dende os máis pequenos ata os máis maiores. Grazas a Espe de Centro de Yoga White Lotus polo seu traballo.

 

CP Innova Yoga

La leyenda de Nuwa

Os trasnos do club de lectura, tiveron a sorte de ter un contacontos en chinés!!!! Isto foi posible grazas a Cristina Rodríguez Veiga, Xefa do departamento de chinés da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, e á súa auxiliar de conversa. Escoitaron "La leyenda de Nuwa", unha lenda chinesa moi coñecida, ademais de aprender moitos datos culturais de China. Por se isto fose pouco, Cristina e Wen, trouxéronnos unhas láminas e pinceis para poder practica a escritura chinesa que tan curiosa lles resultou. Este obradoiro apuntámolo para repetir. GRAZAS CRISTINA!!!!

 

 

Día da Diversidade funcional

O pasado 3 de decembro conmemoramos o Día da Diversidade Funcional cun mural feito con diferentes pezas de puzzle. 

mbro 

INFORME DA SITUACIÓN PRECARIA DOS CENTROS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA EN VIGO

Prezadas familias, facendo click sobre a imaxe do documento que vedes nesta publicación, poderedes ver un comunicado da Asociación de Directoras e Directores de Colexios Públicos de Vigo (ADICOPUVI) e da Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais (FOANPAS) no que dan a coñecer o deterioro das instalacións públicas dos centros educativos e a precaria situación na que nos atopamos, ademais do cambio na xestión do persoal de administración. Vos animamos a ler o comunicado e apoiar a situación, xa que é asunto de toda a comunidade educativa. Moitas grazas.

25 N

Para conmemorar o 25 de novembro, este ano traballamos na escola o conto titulado: "Las tres mariposas", no que se narra a historia das irmás Mirabal e que deu orixe a dita conmemoración. Coma homenaxe a elas realizamos bolboretas, como símbolo de liberdade e porque os nenos e nenas da escola desexamos a eliminación da violencia contra as mulleres.

Ademais como este ano o PDI do centro xira arredor da música, dedicámosllo a Tina Turner, unha muller bandeira que sufriu abusos pero que tivo a forza precisa para marchar lonxe do seu acosador, denuncialo e axudar a moitas mulleres que se atopaban na mesma situación.

Collage día contra violencia xénero

Distribuir contido