O Departamento de Orientación do centro ten como obxectivo adecuar a resposta educativa ás diferentes caracterísitcas e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais; tratando de contribuír á formación integral do noso alumnado; e tratando de asesorar e implicar a toda a Comunidade Educativa.
O presente curso escolar o Departamento de Orientación está formado por:
- Begoña Muñoz, xefa do Departamento de Orientación.
- Paula Souto, mestra especialista en Audición e Linguaxe.
- Elvira Borines, mestra especialista en Audición e Linguaxe.
- Yolanda López, mestra especialista en Pedagoxía Terapéutica.
- Andrea Garrido, mestra especialista en Pedagoxía Terapéutica e de atención preferente ao alumnado con pluridiscapacidade.
Ademáis o Departamento conta coa colaboración dun auxiliar técnico educativo.