OBRADOIRO DE CESTERÍA NO PATIO DO COLE- ALUMNADO DE 2º EP
Enviado por deli o Mér, 2022-05-25 22:04
25/05/2022 22:03
Europe/Madrid
Hoxe os/as nenos/as de 2º de EP tiveron un día moi especial, recibiron a tres expertos cesteiros: Andrés, Mario e Juan. Neste obradoiro os /as nenos/as coñeceron de primeira man este oficio tan importante no pasado, e que agora está en perigo de desaparecer. Como podedes ver cada un /unha fixo o seu cestiño e sentíronse súper orgullosos do seu traballo. Dámoslle INMENSAS GRAZAS á Andrés, Mario e Juan por achegarse ao noso cole e pola súa paciencia. Estamos moi agradecidos/as.