Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Curso 2017-2018

MANDADOS DO ESQUELETO

24/02/2019 00:00
Europe/Madrid

Un ano máis, as ordes do esqueleto imos seguir,

para celebrar que o Entroido... xa está aquííííííííí!

 

O LUNS UN BÓ ARTISTA SERÁS

E ALGO NA CABEZA TRAERÁS.

 

O MARTES, SE A DALÍ QUERES IMITAR,

UN BIGOTE HAS DE PINTAR.

 

O MÉRCORES, SE A BAILAR QUERES APRENDER,

UN TUTÚ QUÉROCHE VER.

 

O XOVES, A OBRA DE ARTE ESTÁ COMPLETA,

SE TRAES UNHA PAÑOLETA.

 

VENRES, POR FIN CHEGOU O ENTROIDO.

A GOZAAAR!!!

 

SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS

16/05/2018 00:00
Europe/Madrid

Para rematar a celebración da Semana das Letras Galegas, que este ano homenaxea a Mª Victoria Moreno Márquez, o mércores 16 de maio, celebraremos o noso tradicional festival con diferentes actuacións:

  • Telediario sobre a vida e obra da autora homenaxeada. (5º A)
  • Proxección de vídeos:  "Eu son científica". (4º A)
  • Actuación musical. (Asociación Aspromor)
  • Canción: "Métete baixo o mar” (Educación Infantil)
  • Canción: "Rap das Letras Galegas”. (2º A)
  • Proxección: "Xogo de nenos". (Alumnado de E.P)
  • Teatro: "Ratiños en apuros".  (3ºA)
  • Canción: “Rock do pentagrama” (3º B)

 Desexamos que pasedes un intre agradable!!!

 

ENTROIDO 2018

00/00/
Array

Estes días previos á celebración do Entroido ímonos poñer ás ordes do Meco e obedecer aos seus mandados. Cada día mandaranos traer un complemento para disfrazarnos, lembrade que son acumulativos!!!

O luns se ao cole queres entrar... algo no pescozo has de colgar.

O martes tócanos analizar... con guantes de fregar.

O mércores para parecer unha monada... a cara deberás traer adornada.

O xoves de tanto inventar... o pelo debes alborotar.

 

Feliz 2018

00/00/
Array

imaxe dun neno ou nena de costas observando a lúa

Distribuir contido