Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Normas de utilización.

00/00/
Array

NORMAS PARA A UTILIZACIÓN DA BIBLIOTECA NO RECREO.

1.- Se collemos un libro para ler ou para botarlle unha ollada deixarémolo sempre no seu sitio ao rematar ou no caixón de "libros para colocar",  se é que nos esquecimos do seu sitio e temos presa por marchar.

2.- Antes de coller un libro debemos colocar no seu sitio un marcador de multileo, que se atopan na mesa do ordenador.

  • O marcador colocarase xusto no lugar que ocupaba o libro no andel.
  • O número irá cara fóra para así lembrar cal é o noso.
  • Cando colocamos o libro debemos retirar o marcador e deixalo na mesa. 

3.- Se os libros ou revistas que colledes están nos andeis expositores ou na zona de "lectura informal", so tedes que dixalos nesa zona pero sen importar o lugar.

4.- Podes ler ou consultar os libros en calquera zona: "Consultas", "Lectura informal" ou "Infantil" , pero sempre cumprindo as normas.

5.- Non se poden coller os libros que están amontoados sobre os andeis, porque están sen catalogar. Por contra podedes coller os que están no caixón de "libros para colocar"

6.- Podedes devolver un libro cando queirades, pero sen pasar dos 15 días de préstamo, só tedes que dixalos no caixón de "Libros para devolver".