Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Blog da Biblioteca

Os tres osos

00/00/
Array

Libro interactivo sobre o conto de "Os tres osos"

Preme na imaxe.

A flor máis grande do mundo

00/00/
Array

"As historias para nenos deben escribirse con palabras moi sinxelas...."

Co gallo da celebración no noso cole da semana do cine galego, deixamos aquí esta animación feita en Galicia por  Juan Pablo Etcheverry , sobre un conto de José Saramago, que tamén pon a voz. 

Preme aqui para velo máis grande

Máis datos:

 

 

Bigote blanco-Bigote negro.

00/00/
Array

Actividades sobre o libro "Bigote blanco-Bigote negro"

Preme na imaxe para empezar a xogar...... pero non esquezar ler o libro!!!!

Acceso á actividade

Resumo do trimestre

00/00/
Array

Este trimestre a biblioteca do noso colexio estivo un pouco “revolucionada” pois no mes de abril celebramos a SEMANA DA PRENSA e tamén a SEMANA DO LIBRO.
Para a primeira tivemos o privilexio de contar cunha xornalista da RTVG, Isabel Vázquez, que nos veu falar do seu traballo. Tanto no nivel de E.I. coma no de E.P. estivo moi acertada a súa charla pois adaptouse ás distintas idades. Como remate da súa visita agasallou aos rapaces cun balón de baloncesto asinado por Pau Gasol.
Ademais para esta semana está a saír un xornal feito por nós con papel orixinal, é dicir , do tamaño dun xornal de verdade.Chamarase LA VOZ DE CARIÑO.

Para a SEMANA DO LIBRO estivemos xogando ás adiviñas durante a semana anterior e os/as que participaron tódolos días e acertaronnas todas levaron como agasallo un libro.Á semana seguinte (na que se celebrou o Día do Libro) fixemos lecturas dramatizadas na biblioteca durante os recreos, para E.P., e nunha sesión lectiva para E.I. Para estas lecturas contamos coa colaboración de rapazas de 5º e 6º(Uxía, Noelia Quiza, Elsa, Sara) e as profesoras de E.I.

Estas lecturas tiveron bastante público para ser no recreo e a primeira vez que as faciamos.Grazas a todos/as por asistir e colaborar. E como non, tamén aos profes por “prestarnos”a estas alumnas durante a dramatización feita para E.I.

O libro dos 25 anos.

00/00/
Array

O Colexio en colaboración co concello de Cariño acaba de publicar o libro "Vinte e cinco anos de xornal escolar" , onde facemos unha lembranza da historia que acompaña á elaboración da revista escolar.

25anos de espigonciño

Animación á lectura

00/00/
Array

Dramatización do conto "A cebra Camila" para o alumnado de E. Infantil na semana do libro.

 

 

Distribuir contido