Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

VISITA DOS PROFESORES E PROFESORAS DE GALES E POLONIA Á NOSA ESCOLA, PROGRAMA ERAMUS +

 

Onte, luns 25 de Abril, recibimos a última visita dos profesores e profesoras de diversos colexios de Cardiff, en Gales e de Varsovia, en Polonia. Viñeron visitar varios colexios de Ferrol, entre eles o noso. Dende hai dous anos a nosa escola participa no programa ERASMUS + no que somos os mestres os que viaxamos a outros países a coñecer e intercambiar experiencias educativas en distintos centros europeos con características similares. O noso proxecto en concreto trataba de coñecer e mellorar a implicación das familias dentro da vida dos centros escolares. A realidade social dos centros participantes neste programa consiste en familias procedentes de xeito moi significativo de diferentes grupos culturais e estratos sociais. Grazas a este programa todas as escolas participantes aprendimos como se traballa nestes colexios tan distantes entre si, descubrindo con gusto que en todos os lugares utilizamos metodoxías moi semellantes, aínda que en todos os casos recollimos interesantes ideas que cada centro aplicou en cada caso segundo as súas necesidades específicas e preferenzas para mellorar esa implicación e participación das familias na vida escolar.

Para recibir esta última visita organizamos na escola unha xincana semellante á que soemos facer na xornada de conviveza familia- escola de fin de curso. Por iso varias familias do centro colaboraron organizando diversas probas e xogos polas que foron pasando todos os alumos e alumnas da escola. A xornada foi especialmente lúdica e divertida para toda a escola, pero tamén apra os nosos visitantes que participaron con gusto nas moitas actividades programadas. Moitas grazas ás familias participantes nesta xornada, xa sabedes que a vosa colaboración e participación fainos sempre mellor escola.

 

 

 

 

 

 

SERGIO, ALUMNO DE 2º DE PRIMARIA, GAÑADOR DUN PREMIO DE POESÍA E IMAXE

Noraboa a el e a tod@s @s demais

participantes do cole!

  

DÍA DO POBO XITANO, 8 DE ABRIL 2016

 

        Este ano, para celebrar o día Internacional do Pobo Xitano no CEIP Manuel Masdías fixemos varias actividades. A ultima foi este lúns 11 de abril, no que veu á nosa escola Alejandra Barrul Fuentes, unha rapaza xitana e estudiante de Dereito da Universidade da Coruña que ten o soño de converterse en xuíza e que deu unha charla aos nenos e nenas de 4º,5º e 6º de Primaria contándonos as súas experiencias educativas e expectativas laborais.Falounos, sobre todo, da importancia de poder escoller o que queremos para nós. Durante máis de dúas horas respondeu ao montón de preguntas que os alumnos e alumnas tiñan preparadas para ela.Segunda as palabras do noso propio director, Oscar González Montañes: "Magnifica experiencia para o noso alumnado poder falar con Alejandra, unha rapaza xitana coas ideas claras, chea de ilusións, cunha gran capacidade de esforzo que aportou a idea de que si queren, poden. 

Grazas Alejandra" 

Premendo nas seguintes imaxes tendes as ligazóns ás noticias que apareceron na prensa sobre esta rapaza e esta interesante charla: primeiro a noticia do seu paso polos colexios Masdías e San Xoán de Filgueiras a as dúas seguintes son as noticias previas (distintas aínda que leven case a mesma foto) todas no xornal La Voz de Galicia.A .

 

 

 

Pero xa o venres 8 comezamos a celebrar na escola o DÍA DO POBO XITANO:

En primeiro lugar, xa dende hai varias semanas, temos no RECUNCHO DE LECTURA DA BIBLIOTECA unha nova exposición na que podemos ver as fotos de varios compañeiros e compañeiras da escola celebrando a nosa convivencia xunt@s, porque na nosa escola entre pai@s e xitan@s xorden o tipo de cousas que poderedes ver premendo na imaxe:

Ademais, xa dende o venres, e durante toda a semana seguinte, temos unha pequena EXPOSICIÓN DE OBXECTOS DA CULTURA XITANA que varias familias do centro cederon  amábelmente á escola para esta conmemoración. Nela os nenos e nenas xitanas da escola explican aos demais as características e utilidades destes prezados obxectos. Premendo na primeira imaxe podedes acceder á noticia que sobre este acontecemento publicou o xornal Diario de Ferrol:

Por outro lado a mestra de 2º Lupe Ces leulles aos nenos e nena  de infantil e de 1º, 2º e 3º de primaria un precioso conto: A HISTORIA DO NENO XITANO ANTONIO que goza acompañando á súa familia aos mercados e tomando o chocolate con churros co seu avó e que un día ten unha idea para axudar a frear a contaminación do mar e preservar as especies mariñas.

AQUÍ TENDES O CONTO DE ANTONIO: 

 

 

MATRICÚLATE NO MASDÍAS

ESTÁS BUSCANDO UNHA ESCOLA PÚBLICA DE CALIDADE EN FERROL? PREME NA IMAXE

EXPOSICIÓN DA BIBLIOTECA: MULLERES ILUSTRES DA HISTORIA POLO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Premede na imaxe para acceder a esta nova dende a Biblioteca do centro

REUNIÓN COAS VOLUNTARIAS E VOLUNTARIOS DAS FAMILIAS DA ESCOLA SOBRE OS GRUPOS INTERACTIVOS DESTE CURSO

O pasado martes 23 de febreiro fixemos unha reunión con os voluntarios e voluntarias que participan nos grupos interactivos deste curso (premendo aquí saberedes o que son estes grupos) para iintercambiar titores e voluntarios/as ideas, experiencias e impresións sobre o funcionamento da actividade neste curso. Falamos dos puntos fortes da actividade e tamén se fixeron achegas para mellorar determinados aspectos desta metodoloxía na que incluímos ás familias nas actividades de todas as aulas periódicamente. 

 

IAGO ALDREY FÁLANOS DA RECICLAXE NA RADIO

IAGO ALDREY do CEIP MANUEL MASDÍAS foi escollido durante a charla de Urbaser(premendo aquí tendes a ligazón á noticia) na escola sobre a RECICLAXE para facer unha cuña publicitaria na radio, xunto con alumnos/as doutras escolar, para fomentar a RECICLAXE.

PRESENTACIÓN NO XOFRE DO LIBRO "O RAPOSO E A MESTRA" DE MANUEL RIVAS

O alumnado de terceiro asistiu hoxe, 24 de febreiro, no Jofre a unha lectura dramatizada da obra 

O RAPOSO E A MESTRA de Manuel Rivas.

 

Ao final o propio autor asinoulles os exemplares do seu ibro.

 

FALAMOS DO FUNCIONAMENTO DOS NOSOS GRUPOS INTERACTIVOS NO CEIP VIÑAGRANDE DE VILANOVA DE AROUSA

O pasado luns 1 de febreiro o noso compañeiro Óscar, titor de 5º e director da escola, acudiu ao CEIP Viñagrande- Deiro de Vilanova de Arousa para falarlles aos mestres desta escola do funcionamento desta experiencia dos Grupos Interactivos coa que xa botamos a andar o curso pasado no Masdías e coa que continuamos este ano dado os bos resultados que nos aporta en numerosos aspectos. Neste proxecto as familias dos nenos e nenas da escola participan como voluntari@s dinamizando grupos de traballo en todas as clases dende infantil a 6º de primaria. Tanto o curso pasado como este usamos esta actividade quincenal para mellorar a competencia matemática do noso alumnado e integrar máis e mellor as nosas familias no traballo da aula. 

Familias, alumn@s e mestres estamos tan content@s con esta experiencia que estamos plantexándonos ampliala ao traballo da lingua, tendo así Grupos Interactivos todas as semanas. 

Distribuir contido


by Dr. Radut