Concursos

Concurso fotografía: Emociónate co meu libro

Leo e máis o equipo de biblioteca organizan un concurso de fotografía para celebrar o Día do Libro, titulado: Emociónate co meu libro”.

Os participantes tiñan que realizar unha fotografía da portada dun libro que os emocionara e outra na que se caracterizaran como a personaxe do libro nesa portada.

O folleto de publicidade do concurso informou das bases do mesmo.

Traballos presentados

Na seguinte galería podedes observar as imaxes da entrega dos premios aos traballos máis votados polo alumnado.

Xogo: De que libro falamos

Animámosvos a participar, en compañia das vosas familias, na seguinte pescuda que realizaremos ao longo de toda a semana do día do libro, cada día un reto...

Xa podedes comezar o do luns!!!

Animación á lectura: "Alas de mosca para Ángel"

O 4 de Febreiro  realizamos  na hora de ler, ca colaboración do titor, o xa tradicional  concurso de animación á lectura co alumnado de 6º. Nesta ocasión  sobre o libro  Alas de Mosca para Ángel de Fina Casalderrey.

Estrela, unha nova alumna de sexto de primaria, produce certas incomodidades os compañeiros polo as súas actitudes e o coidado especial que require. Pero  a súa reacción ante a noticia dun secuestro conmoverá os seus compañeiros de clase, a súa familia e a a opinión pública demostrando que, por encima das diferenzas de ideas ou capacidades, o máis importante é ter un gran corazón.

A novela é a crónica da vida dunha aula cos problemas, acordos e acitudes dun grupo onde todos se coñecen, e a nova alumna ven a desbaratar a súa comodidade. Unha historia tenra, con toques de atención a conciencia e secuestros, onde inocencia, aceptación e ver mais alá das diferenzas, os leva o que creían imposible.

O equipo gañador levou como premio , un exemplar do libro O brazalete Máxico de Rocío Rueda, e o resto do alumnado un pequeno presente pola súa participación e implicación no desenrolo do concurso.

No corazón do bosque

O 14 de novembro realizamos o primeiro concurso de animación á lectura deste curso. Nesta ocasión o libro escolleido foi No corazón do bosque de Agustín  Fernández Paz.

Raquel ten nove anos e vive na cidade. Un día vai coa súa clase de excursión ao bosque das Fragas do Eume. De regreso na casa, descobre abraiada que se lle coou na mochila un ser vello e diminuto. É Derdrín, un trasno de máis de trescentos anos, que habitaba na fraga e non quería pasar o inverno só. Dille á nena que unicamente precisa conversación e algo de comida. Raquel acepta que se converta no seu hóspede secreto e ofrécelle para durmir a caravana das barbies.

A novela é a crónica dos meses que pasan xuntos, durante os cales Derdrín exercerá unha influencia moi grande na vida da nena, tanto no ámbito familiar como na escola. Unha historia tenra e cargada de humor, que reivindica a necesidade da fantasía e, tamén, a importante función que cumpren os antigos mitos en calquera sociedade.

O equipo gañador levou como premio o libro que traballaremos ao longo do próximo mes: A balada dos unicornios de Ledicia Costas.

Exposición magosto 2019

Durante o mes de novembro pódese visitar a exposición que realizamos na entrada do colexio cos traballos feitos polo alumnado e as súas familias con produtos do outono.

Traballos premiados polo alumnado

 

Kahoot! sobre Antón Fraguas

Una vez rematado o mes das Letras Galegas e as actividades sobre o autor homenaxeado este ano, Antón Fraguas,  O EDL do centro realizou un cuestionario de avaliación das aprendizaxes adquiridas a través dunha proba elaborada con Kahoot!.

O carácter gamificador, desta proba, axuda a realizar esta actividade final dun xeito máis lúdico e motivador para o alumnado.

Pasárono xenial!!

Erik y Harald, guerreros vikingos

No mes de xuño, o alumnado de 5º curso de Ed. Primaria participou no derradeiro concurso, deste ano, de animación á lectura que realizan sobre os libros traballados durante a Hora de ler. Nesta ocasión, traballaron sobre o libro de Brigitte Évano titulado: “Erik e Harald, guerreros viquingos” que nos serviu para reforzar as aprendizaxes adquiridas sobre os viquingos no proxecto documental deste curso.

Erik e Harald son dous guerreiros viquingos, primos entre si, que saen nos seus barcos en direccións opostas para ver quen traerá o maior tesouro. A historia ten lugar ao redor do ano 1000. No camiño loitan con piratas, lobos e outras culturas, o que fai que o camiño dos tesouros sexa difícil.

É un libro moi divertido co que podemos descubrir aspectos da cultura e da vida desta temida xente: o seu comercio, os seus rituais funerarios, a súa comida que nos mostra que era unha xente ruda, pero civilizada e gran coñecedora do mar.

A historia está acompañada de xogos e datos sobre a súa cultura, que completan a visión dos viquingos.

O equipo gañador do concurso levouse como premio o libro de Ledicia Costas: "As peripecias de Extravaganza Pérez", que será co que comecemos no Club de lectura do próximo curso.

La jirafa, el pelícano y el mono.

O alumnado de segundo participou nunha nova edición do concurso de lectura. Nesta ocasión, as preguntas estaban elacionadas co libro "La jirafa, el pelícano y el mono" de Roald Dahl.

Como en ocasións anteriores, os gañadores do concurso recibiron comopremio un exemplar do libro que traballaremos nas próximas semanas na Hora de ler.

Chefs saudables de quinto

O alumnado de 5º de Ed. Primaria, este curso, participou no concurso de Chefs saudables que convocou a Consellería de Sanidade.

Entre todos e todas elaboraron, coa axuda dos mestres, unhas receitas que eles mesmos buscaron nos fondos da nosa biblioteca.

Para mercar os produtos fixemos unha saída a un supermercado que hai no barrio do cole.

Para elaborar o menú utilizamos as instalacións, aparellos e utensilios que hai na cociña escolar.

O resultado das nosas creacións podédelos ver nos seguintes vídeos:

Ensalada de fabas con emulsión de módena

GALERÍA DE IMAXES

 

O lapis de Rosalía

O 1 de marzo, alumnado de 2º de Ed. Primaria realizou unha nova edición do concurso de animación á lectura como actividade final á lectura que realizaron ao longo destes meses do libro Antón Cortizas "O lapis de Rosalía":

"Rosalía ten seis anos. Cando fala, da súa boca saen bolboretas que pairan no ar moi alegres, dicindo palabras moi bonitas. E as súas mans tocan as cousas con seis caricias, e seis suspiros salaian á vez. Rosalía vai á escola, onde aprende a ler e a escribir.Un día acabóuselle o lapis, chegou á casa e díxolle ao pai: —Papá, tesme que mercar outro lapis. O novo lapis resultou ser moi distinto ao anterior.Ao longo del ten escrita unha frase que di: Lapis especial para nenas de seis anos. Que ten de especial ese lapis?"

Como en edicións anteriores, o equipo gañador do concurso recibiu como premio un exemplar do libro que traballaremos no próximo mes.

Distribuir contido