Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Lobo Ramón |
O Club de lectura do 1º ciclo mergúllase nas aventuras de "Lobo Ramón"! Os lectores e as lectoras do Club de lectura do 1º ciclo están inmersas nunha emocionante viaxe polas páxinas de "Lobo Ramón", obra da recoñecida autora María Canosa. Nesta ocasión, os pequenos lectores non só están a gozar da historia, senón que tamén están a aproveitar a oportunidade para perfeccionar as súas habilidades lectoras. Para mellorar a súa fluidez lectora, os estudantes están a gravarse lendo utilizando a aplicación Audacity. Desta forma, poden identificar os seus erros de pronunciación e entoación e traballar na súa corrección. Ademais, están a empregar o caderno de lectura proporcionado pola editorial Loqueleo para avaliar a súa comprensión do texto. Unha vez rematada a lectura do libro, o Club de lectura dedicará unha sesión a compartir as súas impresións sobre a historia e a participar no tradicional concurso de animación á lectura, unha actividade que sempre esperta gran entusiasmo entre os nenos e nenas participantes. Sen dúbida, esta experiencia lectora está a ser enriquecedora para as persoas participantes do Club de lectura, permitíndolles non só gozar da literatura infantil, senón tamén desenvolver importantes habilidades para a súa aprendizaxe. RECURSOS PARA TRABALLAR O LIBRO
|
Letras Galegas 2016 |
Este ano as Letras Galegas rendiron homenaxe ao lugués Manuel María Fernández Teixeiro. Ao longo do mes de maio o alumnado do noso centro traballou cos recursos recopilados polo EDL. Asemade, ao longo da semana das Letras galegas realizamos unha Caza do Tesouro cos cartaces do CEIP de ... no que gran cntidade de alumnos e alumnos foron quen de atopar as rspostas a todas as preguntas prantexadas. O 18 de maio realizamos un recital de poesia na biblioteca do centro no que participaron todos os cursos coas seguintes poesías: (se premedes na ligazón veredes o vídeo da actuación).
Para rematar o alumnado de segundo e cuarto presentaron os seguintes vídeos con poemas rapeados de Manuel María: O ARCO DA VELLA GALICIA GALERÍA DE IMAXES |
Premio á excelencia do Proxecto meteoescolas |
O traballo realizado ao longo do curso 2015/2016 en torno á nosa estación meteorolóxica foi premiado cun Diploma á excelencia polos reponsables da súa valoración na Consellería de Educación.
Parabéns para todo o equipo de meteorólogos do Sueiro!!!
O traballo que realiza o equipo de meteoroloxía do colexio pódese seguir no seu blog.
|
Apadriñamento lector. Día do libro 2023 |
O 25 de abril, como actividade do Día do libro, e dentro do tempo dedicado á Hora de ler, o alumnado do cursos de 4º, 5º e 6º de Ed.Primaria apadriñou ao alumnado máis cartivo do centro coa lectura de contos adaptados á idade destes últimos. A actividade desenvolveuse nos espazos exteriores do centro: polideportivo, zona de xogos, patio infantil e entrada do centro. O resultado da experiencia volveu a ser moi positivo xa que os lectores conseguiron que os seus afillados non deixaran de estar atentos ás historias que lles ían contando. Xa estamos desexando realizar o próximo apadriñamento lector!!
|
Libros que van e veñen curso 2021/2022 |
Os nenos e nenas de educación infantil, comezamos a levar os contiños da biblioteca á casa, para gozar da lectura coa familia, seguindo a iniciativa encadrada dentro do programa "Hora de Ler" para o fomento da lectura: "Libros que van e veñen", co que buscamos a implicación das familias nas actividades da biblioteca, e no empeño por conseguir que as nenas e os nenos do CEIP Manuel Sueiro desenvolvan hábitos de lectura. As cariñas de felicidade que lucían neste primeiro día son indicativo do éxito desta iniciativa. |
HORA DE LER. 5º EDUCACIÓN PRIMARIA. |
HORA DE LEER: • LIBRO 1º: “Mi nombre es Skywalker” de Agustín Fernández Paz da editorial SM. • LIBRO 4º: “Segredos Soterrados” de Alba de Evan e Xabier Domínguez da editorial Xerias. 3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
|
Lecturas de Nadal |
Durante o mes de decembro, no tempo destinado á Hora de ler, en 1º curso traballamos coas Lendas de Nadal que elaborou o Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro. Unha das lecturas que máis lles gustou ao alumnado foi a "Lenda da árbore de Nadal". Con ela elaboramos un libro con imaxes e a letra da historia que coloreamos nos mesmos para lerllo aos nosos familiares nas vacacións de Nadal. Asemade, coñecemos outras historias como a Lenda de Papá Noel e a Lenda do Apalpador. |
Herbas e plantas medicinais |
Neste curso no PDI do centro adicámonos a explorar sobre Galicia. Para acadar os obxectivos propostos: buscar e coñecer herbas e plantas medicinais da contorna; recompilar distintas clases de herbas e plantas máis comúns que se usan como remedio de enfermedades; coñecer que tipo de enfermedades curan as distintas plantas medicinais: respiratorias, dixestivas, da pel …e coñecer como se usan as distintas plantas medicinais: infusións, uso tópico … desenvolvéronse as seguintes actividades:
Caderno de "Herbas e plantas medicinais" |
Artigo na revista ourensá "Verbas" | |
Acábate la sopa |
O alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria asistiu ao Auditorio Municipal de Ourense á representación do conto musicado “Acábate la sopa”, que acerca aos nenos, dunha forma moi imaxinativa, á musica clásica e popular. É a historia dunha nena, Muriel, que ten que acabar de comer un plato de sopa ao que non lle ten moitas ganas. A través da súa imaxinación, converte a cociña nun lugar máxico no que aparecen músicos, unha bailarina, e instrumentos coma o violín, un piano, un clarinete e un violonchelo.. "nun recital de temas musicais de estilos moi diferentes, que van desde unha melodía medieval de Guillaume de Machaut ata a música minimalista de Steve Reich e Philip Glass, pasando por compositores do século pasado como Shostakóvich e Eisler ou a música de The Beatles. Todos estes compositores parten dos mesmos ingredientes, as sete notas da escala musical, pero cada compositor elabora as melodías e os ritmos o seu xeito, creando a súa propia receita para cociñar as súas melodías". (Sinopse extraída da páxina web de Educación do Concello de Ourense) A actividaderesultou ser ynha gran combinación de musica, teatro e danza que espertou o interese e a imaxinación do alumnado. |
Obradoiro de comadres e compadres |
Nas semanas previas ao entroido o alumnado de 2º e 4º de Ed. Primaria participou nun obradoiro realizado na biblioteca escolar, coa colaboración de monitores facilitados pola Concellería de Educación, co fin de elaborar os mecos que iamos empregar na celebración do Xoves de compadres. Os neos realizaron as comadres e as nenas os compadres cos que participaron no Xoves de Compadres que tivo lugar o penúltimo xoves anterior ao Entroido. |
ALPHABETICAL |
Así xogamos ao coñecido xogo da televisión PASAPALABRA, aínda que en English, o seu nome é ALPHABETICAL. A mestra en prácticas, Raquel Mosquera desenvolveu esta actividade na clase de 3º de E.P. co fin de repasar e afianzar o “alphabet” e o vocabulario das unidades previas. Creou o rosco e as fichas coas que cumprimentar o “Alphabetical” THANK YOU SO MUCH, teacher Raquel! |
PDI: "2020/2021" |
Durante este curso, 2020-2021, o Sueiriño X encheo o cole de valores exenciais nas nosas vidas, co proxecto titulado:"LABORATORIO SUEIRO: CAMPAÑA DE VACINACIÓN CONTRA A COVID... EMOCIÓNS” fundamentado na liña de traballo proposta desde Bibliotecas escolares “ XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR”, facilitando así a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que se programaron e dos recursos que puxemos a disposición da comunidade educativa A nosa proposta presentou un proxecto cooperativo de todo o centro, que partindo da biblioteca, implicou ao alumnado por áreas, cursos, etapas, a todos os membros do claustro, e involucrou a todos os membros da comunidade educativa. Os principais traballos realizados, ao longo deste curso, foron os seguintes:
|
Final de curso |
O 22 de xuño realizamos varias festas de fin de curso nas aulas para despedir este ano tan especial para todas e todos nós. Foi unha xornada chea de emocións e sentimentos encontrados, xa que por un lado remataba o curso coa ledicia que iso supón e por outro despedímonos dos nosos amigos e amigas e de varias mestras ás que botaremos moito de menos xa que deixaron unha profunda pegada no centro e nos nosos corazóns.
|
DesenlixARTE |
Ao longo do curso escolar 2021/2022, tendo como tema central o coidado do medio ambiente, a aula de 4º de Educación Primaria desenvolveu o proxecto “DesenlixARTE”. O proxecto realizouse ao longo de todo o curso, habitualmente na sesión de plástica (1 sesión semanal), malia que en certas ocasións, o tempo estendeuse a algunha outra sesión. Con este xogo de palabras pretendeuse que o alumnado fose quen de amosar actitudes de respecto a prol do medio ambiente sendo conscientes do lixo que xeramos e vendo, que na maior parte das ocasións, o que consideramos “lixo” pode ter moitas utilidades e pode ter unha segunda oportunidade para converterse en arte. Polo tanto, o obxectivo xeral deste proxecto foi elaborar traballos de investigación nos que o alumnado, ademais de indagar cuestións relacionadas co medio ambiente e co seu coidado, se familiarizara cos mecanismos de busca de información e traballo intelectual empregando diferentes recursos documentais, tanto da biblioteca escolar como da biblioteca de aula. Entre os obxectivos propostos ao inicio de curso, traballáronse os seguintes:
Polo que respecta aos contidos, desenvolvéronse:
En canto á metodoloxía empregada, pretendeuse que o alumnado fose protagonista das súas aprendizaxes, favorecendo os intercambios comunicativos, a escoita activa de distintos puntos de vista, potenciando a autonomía e poñendo en valor as virtudes individuais. Ademais, favoreceuse a posta en marcha de diferentes tipos de agrupacións para traballar: traballo individual, traballo en parella, traballo en pequeno grupo e traballo con todo o grupo clase; sempre fomentando os intercambios orais. Para iso, utilizouse unha gran variedade de materiais e en distintos soportes (escrito, dixital, audiovisual) e dando prioridade sempre á expresión oral co fin de desenvolver no alumnado actitudes adecuadas para enfrontarse ao acto comunicativo. Por último, cómpre destacar que sempre se pretendeu facer un traballo contextualizado – non só respecto á temática do P.D.I.- tendo en conta os intereses do alumnado e os contidos que foron traballando na aula ao longo de todo o curso. A través do proxecto contribuíuse á adquisición das competencias clave e, especialmente, ao desenvolvemento das competencias sociais e cívicas, posto que os coñecementos desenvoltos e a aplicación dos mesmos por parte do alumnado na súa vida diaria, proporcionóullelas estratexias necesarias para favorecer e potenciar actitudes relacionadas co consumo responsable e co coidado do medio ambiente; estratexias imprescindibles para o seu desenvolvemento e a súa participación social. Contribuíu ademais ao desenvolvemento e adquisición do resto das competencias:
Polo que respecta ás actividades realizadas, cómpre sinalar que todas as actividades estaban encamiñadas e relacionadas co fomento da expresión plástica. Ademais, todas as obras de arte realizadas, estaban relacionadas cos contidos de ciencias da natureza, o que nos permitiu facer versións de cadros famosos. Polo tanto, ademais dos contidos traballados na aula, o alumnado foi descubrindo e recoñecendo artistas de renome, valorando as súas creacións e axudándose de elementos reciclados ou de “lixo” para facer as súas versións. As actividades ou obras creadas foron as seguintes: 1º trimestre
2º trimestre
3º trimestre
|
Día da Poesía 2015 |
A celebración do Día da poesía no noso centro durou máis dunha semana. Ao longo deste tempo realizamos múltiples actividades co fin último de fomentar o gusto e a lectura de poesía. Unha das principais actividades foi a realización dun obradoiro/concurso de poesía onde todo o alumnado do centro que traía unha poesía (inventada, copiada, con axuda dos pais,...) recibiu un agasallo. Colgamos na entrada do centro un cartaz "Se un agasallo queres ter, poema has de traer" para motivar aos nenos/as. No tempo destinado á Hora de ler traballamos lecturas de poemas e fixemos actividades variadas. Realizamos unha exposición no centro das poesías feitas polo alumnado. O propio día da poesía, que o celebramos o venres 27 de marzo, todo o alumnado e profesorado asistiu na biblioteca a un fantástico recital de poemas, onde os alumnos e alumnas de Educación Infantil recitaron unha poesía "Chegoua primavera" e adiviñas de contidos matemáticos relacionadas co PDI. Unha vez finalizado o recital,os alumnos e alumnas foron ás aulas, onde os seus titores lle deron o agasallo a todos os que fixeran a poesía. Para rematar, formamos grupos de dúas clases para ir ver a exposición das poesías. Cada grupo amosoulle ao outro grupo as súas poesías, recitando os que quixeron en voz alta os seus poemas. |
La rana mudita |
O poeta Carlos Ruvalcaba, na visita que nos fixo no mes de outubro, deixounos unha poesía inacabada titulada "La ranita mudita". Durante a semana previa ao Día da poesía todo o alumnado do centro participou na elaboración de estrofas para completar dito poema. De forma encadenada, cada curso foi engadindo estrofas ao poema, comezado por Carlos Ruvalcaba. Con todas as estrofas do poema, elaboramos un libro que achegaremos ao poeta mexicano. O Día da poesía, cada curso recitou as súas estrofas diante da fantástica exposición de traballos relacionados coas rás que realizaron os alumnos coa axuda das súas familias. Galería de imaxes Vídeo do poema Para rematar esta festa da poesía, toda a comunidade educativa participou na interpretación da canción popular infantil "La rana cantaba debajo del agua". |
IV Concurso escolar Xornal La Región |
O alumnado de 6º curso participou no IV Concurso Xornal escolar de La Región, do cal foron gañadores o cursos pasado. Ao longo do primeiro e segundo trimestre, o equipo de redacción foi recollendo novas relativas ás diversas actividades que tiveron como protagonista ao noso centro e que ilustraron con imaxes e debuxos que realizou todo o alumnado de sexto. Nas próximas semanas, as mellores edicións serán publicadas os mércores no Xornal escolar de "La Región"... Esperamos que o noso sexa un deles!!! |
Pinocchio en inglés |
O 26 de maio os máis cativos do cole asistiron á representación de "Pinocchio", unha obra de teatro íntegramente en inglés, que tivo lugar no Auditorio Municipal de Ourense. Ao longo do mes de maio o alumnado, xunto coa mestre de inglés, prepararon o vocabulario e as cancións da obra para poder gorzar máis da actividade. Geppeto, un humilde carpinteiro que sempre desexara ter un fillo, talla unha marioneta de madeira con la forma dun neno. Unha noite a Fada Azul da vida á marioneta á que Geppeto chamará Pinocchio. Na vida de Pinocchio aparecerá Stromboli, un pícaro rufián e a boca enorme dunha balea. Os nenos e nenas disfrutaron desta historia chea de travesuras, humor e moita tenrura. Por medio desta obra traballamos valores como a sinceridade e a responsabilidade. Pasámolo xenial!! |
Irma Ruth del Ángel |
|
VI concurso de Poesía do Círculo poético ourensásn |
A finais de abril, dúas alumnas do noso centro resultaron finalistas no VI concurso de poesía Círculo poético ourensán convocado para todo o alumnado da provincia de Ourense. Nesta edición o lema escollido foi “Sentimentos na escola”. Os 20 mellores poemas serán publicados na Antoloxía: “Sentementos na escola” que será entregada aos gañadores na próxima edición do concurso. Moitos parabéns para Sandra e Nicole de 5º de Ed. Primaria!! |
Kamishibai by Yayoi Kusama |
Yayoi Kusama achegouse ao noso cole a contarnos uns contos. E, como non?, contunos historias ao xeito tradicional xaponés, o KAMISHIBAI. Aprendemos por que as stones están no fondo dos rivers. Grazas a algúns animais: elephants, frogs, hens, …, coñecemos porque as stones están alí. Noutro conto, Yayoi Kusama saudou a Hans Christian Andersen e deleitou aos nen@s co conto The Tin Soldier. Dinamarca e Xapón non están tan alonxadas!
|
Mercedes quere ser bombeira |
O alumnado de 2º de Ed. Primaria traballou ao longo do primeiro trimestre o libro titulado "Mercedes quere ser bombeira", como actividade central do PDI da biblioteca, xa que este é un conto para nenos e nenas que deberían ler as persoas adultas. Ensinamos e aprendemos a ser homes e a ser mulleres, a ser iguais e a ser diferentes á vez que transmitimos e configuramos as nosas filias e as nosas fobias. A igualdade entre os xéneros non é só unha postura ética e cívica, senón unha imperiosa necesidade nas nosas vidas e as nosas sociedades, é unha esixencia humana. Hoxe a clase estará dedicada a que cada un conte que quere ser de maior: veterinaria, arquitecto, taxista, xardineiro… bombeira. Mercedes quere ser bombeira. Algúns dos seus compañeiros non ven problema na vocación de Mercedes, pero outros non cren que sexa unha profesión de mulleres. A partir deste intre abrirase un debate na clase no que se apreciará o importante que é a educación recibida polos mozos tanto na escola como na casa. Para trabalar esta temática coeducativa realizamos as seguintes actividades, unha vez rematada a lectura e debate do conto:
|
Ricardo Carvalho Calero (2020) |
Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol (A Coruña), o 30 de outubro de 1910. Era o fillo maior de M.ª Dolores e Gabriel Ricardo. Os seus primeiros estudos foron nun colexio da rúa Magdalena e despois no Colexio Sagrado Corazón de Xesús, dirixido polo escritor Manuel Comellas. Fixo o bacharelato por libre e trasladouse a Compostela a estudar na súa universidade. Foi un gran defensor do idioma galego e membro do Seminario de Estudos Galegos onde coñeceu a Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Cuevillas... Traballou en moitas revistas galegas: A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color... En 1965 incorporouse ao Instituto Rosalía de Castro de Santiago e, como profesor contratado, á universidade compostelá da que se converteu no seu primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega. É autor de "Gramática elemental del gallego común" e de obras de teatro, poesía, novela e moitos estudos sobre a lingua e a literatura galega. Defendeu a postura de que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa. Faleceu en Compostela no ano 1990. Polo seu labor en defensa do idioma e cultura galega a Real Academia Galegas dedícalle o Día das Letras. (Recuperado de Seminario Galán) |
Protocolo COVID para o uso da biblioteca |
Na seguinte presentación podedes observar o protocolo que Leo vos explica, para o uso da nosa biblioteca ao longo do curso 2021/2022: |