Contido popular
Título | Resumo | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Contrución de gráficas | |||||||
Meteoroloxía na aula de inglés |
Nesta área desenvolvemos distitas actividades co apoio da auxiliar de conversa que tiñan por obxecto a realización final dunha clase en inglés onde o alumnado fixese de "Home/muller do tempo" dun telexornal:
Presentación dos iconos meteorolóxicos básicos
Presentación do tempo en Denver |
||||||
Semana da Prensa |
A semana da Prensa na escola axuda aos alumnos a comprender o universo da prensa. Favorece o exercicio da lectura comparada das informacións e desenvolve o espírito crítico. Tamén se contribúe ao reforzo da lectura e da escritura. O mesmo tempo, ao largo da semana, trátase de mostrar a gran variedade dos medios de información: prensa escrita, cotiá ou revistas, estacións de radio públicas ou privadas, canles de televisión nacionais ou rexionais, novas redes de información e a prensa realizada polos mozos.
|
||||||
Lendas | |||||||
La mariposa bailarina |
O día 2 de outubro contaremos coa presenza de Carlos Ruvalcaba para a apertura da biblioteca neste novo curso.
El é o autor deste fermoso conto "La mariposa bailarina".
|
||||||
VI concurso internacional de poesía |
Os días 2, 3 e 4 de outubro celebrouse en Ourense a VI edición do prestixioso encontro internacional de poesía que organiza o Círculo poético ourensán. Na gala do día 3 de outubro estiveron presentes os gañadores do IV Concurso escolar de poesía, entre os que se encontra a ex-alumna do noso cole CAMINO ALONSO FUENTE, alumna de 6º de Primaria o curso pasado, que acadou nada menos que o segundo lugar co poema titulado “Ourense Terra amiga”. |
||||||
Encontros con autores |
O próximo 2 de outubro contaremos coa presenza de Carlos Ruvalcaba e Belén Aramís Ceja, autores mexicanos, na nosa biblioteca. Con eles realizaremos un obradoiro de poesía. Durante esta semana pescudaremos información sobre a súa vida e obra e traballaremos o conto de "La mariposa bailarina" de Carlos Ruvalcaba e o poema "Un sentido diferente" de Belén Aramís Ceja. Premendo nas súas imaxes accederedes a súa ficha bibliográfica
|
||||||
Biblioteca escolar, base de exploracións |
"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, enviará en breve a todos os centros públicos como reforzo das actuacións da biblioteca escolar e para apoiar a visibilidade dos seus recursos e das súas oportunidades de aprendizaxe. A imaxe do cartel responde á interpretación que deste lema fixo o ilustrador e autor de cómic FRAN BUENO, e ten suficiente carga simbólica e información como para espertar o interese do alumnado. Desde o Fogar de Leo, este curso traballaremos, no noso proxecto documental, seguindo estas directrices, e facendo de exploradores do noso entorno próximo… en breve darémosvos máis iformación sobre o PDI. |
||||||
PLAMBE 2015/2016 |
Un ano máis o proxecto de biblioteca do noso centro foi moi ben valorado na convocatoria para o curso 2015/2016, cunha dotación económica de 900 € (seica hai crise), motivo que nos enche de gran satisfacción e que pon de manifesto a valía de todo o traballo realizado ao longo destes últimos anos desde a biblioteca do centro. Moitos parabéns para toda a comunidade educativa, xa que a maioría de vós tendes que ver, unha vez máis, con este recoñecemento. Para este curso o lema escollido pola Consellería de Cultura e Educación é o seguinte "Biblioteca escolar, base de exploracións". Leo xa está deseñando o traballo que realizaremos ao longo do curso i en breve teremos noticias do mesmo.
|
||||||
As bolboretas inundan o Sueiro |
Con motivo da visita dos poetas mexicanos Carlos Ruvalcaba e Belén Aramis Ceja a nosa biblioteca, ambos oriúndos do estado de Michoacan, famoso polos seus fabulosos santuarios dedicados á bolboreta monarca, o noso cole foi inundado por fermosas bolboretas que construíu o alumnado coa colaboración das súas familias para homenaxealos. A piques estiveron de soltar algunha bágoa...
|
||||||
Carlos Ruvalcaba e Belén Aramis Ceja no Sueiro |
O 2 de outubro contamos coa presenza, na biblioteca do noso centro, dos poetas mexicanos Carlos Ruvalcaba e Belén Aramis Ceja, chegados desde o estado de Miochacan para participar no "VI encontro internacional de poesía" que tan ben organiza o Círculo de poesía Ourensán. Ao longo de toda a semana estivemos pescudando información sobre a vida e obra destes poetas e todo o alumnado do centro traballou na "Hora de ler" o conto de Carlos Ruvalcaba titulado "A mariposa bailarina" que nos describe a viaxe que todos os anos realiza a bolboreta monarca desde os bosques de Miochacan ata Canadá en busca de alimento e bo clima. Para recibilos, o alumnado de 5º curso, representou, con monicreques, a obra titulada "Una hambrienta oruga" sobre o ciclo de vida das bolboretas. Ao remate da obra, dúas alumnas déronlle a benvida aos poetas coa recitaxe dun poema creado por nós. Posteriormente o alumnado de 5º e 6º curso participou nun obradoiro de poesía que maxistralmente dirixiron os poetas mexicanos coa recitaxe de fermosos poemas e contos orixinais deles mesmos, entre os que destacamos o poema mi “Mi angel” que Belén lle dedicou a súa nai e o conto do “León e a súa sombra” co que Carlos nos ensinou que non lle hai que ter medo ás cousas que non lle hai que ter medo. Durante o encontro, o alumnado someteunos a unha gran batería de preguntas que eles responderon amablemente ao longo de máis dúas horas que se nos pasaron rapidísimamente.
Descubrimos moitas cousas deles: Que a súa comida favorita son os tacos e que de Galicia gústalle moito o marisco, que raro!!. Belén é a primeira vez que ven a España e Carlos traballou fai anos de corresponsal de prensa en Madrid para un xornal mexicano, e desde aquela fíxose un siareiro do Atlético de Madrid. Chamoulles moito a atención a limpeza das nosas rúas e a pouca contaminación que se observa nas cidades. Respecto ao clima, están encantados co clima de Miochacan xa que non é tan estremo coma o noso. Alí tamén chove moito, o que fai que teñan un clima moi húmido. Ámbolos dous son poetas porque, para eles, a poesía é unha forma de expresar os seus sentimentos e o que pasa na vida ao seu redor. Carlos díxonos que el sinte necesidade de escribir poesía. Os dous nos confesaron que levan sempre un caderno para anotar todas aqueles sucesos que lles ocorren ao longo do día e lle producen inspiración. Se non o anotan, din que o esquecen. O libro favorito de Belén é “Lámpara de sueño” de Leticia Cortés, e Carlos díxonos que lle gusta moito a poesía do escritor portugués Fernando Pessoa. Para rematar Carlos deixounos uns contos seus para que os traballásemos no cole: “La ranita muda” e un inconcluso que nos dedicou e que nós mesmos teremos que rematar. Antes de despedirse, fixéronnos dedicacións personalizadas, a todos e todas os/as presentes, en marcapáxinas dos "VI encontros de poetas"
Desde estas páxinas, dámoslle as grazas aos dous poetas polo seu tempo, e ao Círculo poético ourensán, xa que sen a súa colaboración estes encontros non serían posibles.
|
||||||
Día das bibliotecas escolares 2015 |
O 23 de outubro celebramos no CEIP Manuel Sueiro o Día das bibliotecas escolares (un día antes, por ser sábado) coa presenza de varias personalidades da cultura ourensá, entre as que destacamos a Xosé Lois Foxo, fundador da escola de Gaitas da Deputación, e Baldomero Moreiras, artista plástico ourensán. Ambos atenderon amablemente as nosas peticións para darlle vida e publicidade ao proxecto documental integrado (PDI), baixo o título de “Galiza arrecende a aventura” e que este ano estamos a desenvolver no centro e co que pretendemos explorar diversas temáticas onde Galiza é o referente: o camiño, as lendas, as meigas, os castros, a xeografía, a gaita, as herbas medicinais... O alumnado de 6º curso fixo unha representación teatral no que puxeron en liza o traballo feito en anos pretéritos e o que cada clase vai traballar este curso. Ao remate, todo o público presente foi animado a participar nun karaoke moi aventureiro nos que as nosas mestres de práticas e de conversa en inglés fixeron de animadoras.Asemade, ao remate fixeron entrega dun manual do explorador que nos axudará no noso camiño como investigadores. Baldomero Moreiras falounos do seu traballo como profesional das artes plásticas e animounos a ser creativos e amosar os nosos sentimentos por medio da arte. Xosé Lois Foxo falounos do instrumento musical máis importante de Galiza, e dos galegos, ensinounos cales son as diferentes partes dunha gaita e xunto coa súa compañeira de traballo Marta fixéronnos un recital de tres pezas moi representativas da nosa música: A muiñeira de Chantada,…. A continuación o alumnado de 2º, 3º e 4º compartiron con todos nós o traballo que estiveron a facer na “Hora de ler” durante o mes de outubro e que consistiu na ilustración do conto “O claro do bosque” de Mónica Hughes e a presentación, en exclusiva, da curta que realizaron cos seus debuxos sobre este conto. GALERÍA DE IMAXES
|
||||||
O claro do bosque |
O alumnado de 2º. 3º e 4º de Ed. Primaria realzou un libro ilustrado sobre a lenda "O claro do bosque" de Mónica Hughes que entregou á responsable da biblioteca do noso cole para que pasase a formar parte dos fondos documentais da mesma. Como todo bo libro, i este o é, ten unha película que reflicte o seu contido cunha calidade excepcional segundo os críticos do sétimo arte... |
||||||
Hora de ler 2015/2016 |
O alumnado das aulas de apoio no curso 2015/2016 está a traballar sobre lendas populares dentro do proxecto documental integrado "Galicia arredende a aventura". No seguinte mural iremos reflectindo o traballo realizado ao longo do curso: |
||||||
No corazón do bosque |
O alumnado de 6º curso traballou ao longo do mes de outubro o libro de Agustín Fernández Paz titulado "No corazón do bosque". Sinopse do libro: Raquel ten nove anos e vive na cidade. Un día vai coa súa clase de excursión ao bosque das Fragas do Eume. De regreso na casa, descobre abraiada que se lle coou na mochila un ser vello e diminuto. É Derdrín, un trasno de máis de trescentos anos, que habitaba na fraga e non quería pasar o inverno só. Dille á nena que unicamente precisa conversación e algo de comida. Raquel acepta que se converta no seu hóspede secreto e ofrécelle para durmir a caravana das barbies. A novela é a crónica dos meses que pasan xuntos, durante os cales Derdrín exercerá unha influencia moi grande na vida da nena, tanto no ámbito familiar como na escola. Unha historia tenra e cargada de humor, que reivindica a necesidade da fantasía e, tamén, a importante función que cumpren os antigos mitos en calquera sociedade. Como actividade final de Animación á lectura, realizaron un concurso literario no que era preciso ter lido o libro para ter posibilidades de éxito e pasalo ben. O premio para os gañadores foi o libro de Fina Casalderrey "Ás de mosca para Anxo" que será o que se traballará nas próximas semanas na Hora de ler en 6º curso. Esta actividade gústalle moito ao alumnado e os engancha á lectura en tempo de lecer. Xa están desexando que chegue axiña o próximo concurso!! |
||||||
Exposición de traballos con castañas 2015 |
Ao longo do mes de novembro realizamos na entrada do colexio unha exposición con manualidades feitas con castañas na que participaron todos os membros da comunidade educativa que o desexaron. Os traballos presentados este curso foron dunha gran calidade. Na seguinte galería de imaxes podedes observalos. GALERÍA DE IMAXES
GAÑADORES DO CONCURSO
O 20 de novembro tivo lugar a entrega de agasallos aos mellores traballos de cada grupo. Neste concurso, todos e todas os/as participantes recibiron un fantástico agasallo destinado a fomentar a súa creatividade plástica. Asemade os gañadores de cada categoría recibiron sendos cadernos cos que comezar a plasmar dita creatividade. Todo o alumnado do centro participou como xurado na elección dos mellores traballos. Os resultados da votación pódense ver nas seguintes ligazóns:
|
||||||
Celebración do magosto 2015 |
Ao longo das dúas primeiras semanas do mes de novembro realizamos en clase diversas actividades relacionadas co magosto. O martes, 10 de novembro, celebramos a festa do magosto coa realización do asado de castañas nunha gran fogueira realizada polo profe Alfonso. Unha vez comidas as castañas pintámonos as caras e mans coa cinsa do lume. Para rematar, todo o alumnado participou nun circuíto de xogos con castañas. Pasámolo xenial!! |
||||||
Alicia no país das marabillas |
O 26 de novembro celebramos no centro o 150 cumpleanos da primeira edición do libro de Lewis Carrol, Alicia no país das marabillas. Ao longo de todo o mes, realizamos múltiples actividades arredor desta obra e do seu autor:
PASÁMOLO XENIAL!!!
|
||||||
Premiados no XXXII Concurso da Constitución |
Un ano máis, unha alumna do noso centro resultou premiada no XXXII Concurso sobre a Constitución Española que organiza a Subdelegación do Goberno de España. Nesta ocasión foi o fantástico traballo plástico realizado por Lara de Ed. Infantil, e dirixido pola súa mestra Ana, o que non pasou desapercibido para os membros do xurado. Ligazón á nova en La Voz de Galicia. Moitos parabéns para Lara!!! |
||||||
Premiados no programa de Meteoescolas |
O proxecto de meteoroloxía desenvolvido no noso centro, o pasado curso escolar, resultou premiado no programa de Meteoescolas do Plan Proxecta sendo un dos mellor valorados de Galiza. O xurado fundamentou este recoñecemento en virtude da "súa orixinalidade, do seu carácter multidisciplinar, e sobre todo o seu gran impacto tanto na propia Comunidade Educativa, como na contorna do seu centro". Felicitamos aos verdadeiros artífices deste premio, xunto coa súa titora:
Este curso tamén participamos no programa de Meteoescolas. Esperamos seguir na mesma liña... |
||||||
Alas de mosca para Angel |
No mes de decembro, o alumnado de 6º curso participou no concurso de animación á lectura sobre o libro de Fina Casalderrey, traballado na Hora de ler, titulado "Alas de mosca para Ángel". Unha fermosa historia que nos fai pensar sobre o difícil que pode resultar a integración pero cunha lenguaxe sinxela e emotiva. Sinopse do libro: Chegará algún día no que poida existir unha convivencia feliz entre os seres humanos máis alá das diferencias de ideas ou capacidades? Estrela, unha nova alumna do derradeiro curso de primaria -que recibe clases de apoio-, demostrará ós seus compañeiros de colexio, a súa familia e... a todo o mundo que o máis importante é ter un gran corazón. Pasámolo xenial demostrando o noso coñecemento sobre o contido do libro. Esta vez as puntuacións acadadas polos diferentes grupos estivo moi igualada ata a última pregunta.
|
||||||
Tres grans de sal |
Poema de Concha Lagos recitado polo alumnado de 1º de Ed. Primaria na Hora de Ler.
|
||||||
Concurso postais de Nadal |
Dous alumnos do noso centro resultaron premiados no Concurso de postais de Nadal que organizou o Colexio de Economistas de Ourense no que participou alumnado que cursan estudos en infantil e primeiro e segundo ciclo de educación primaria en distintos colexios da provincia de Ourense. O traballo de Iván González resultou gañador do concurso e a súa postal foi empregada para felicitar o ano polo Colexio de Economistas. Moitos parabéns!! Para ver a resolución dos premiados mirade na páxina do Colexio de Economistas. |
||||||
Nadal 2015 |
O último día de clase deste primeiro trimestre fixemos entrega dos seguintes premios e diplomas na biblioteca do colexio.
Asemade, realizamos unha sesión fotográfica de todo o alumnado ante ostraballos de Nadal que elaboramos ao longo do mes de decembro. Dito reportaxe foi publicado no Especial de Nadal do Xornal Escolar de La Región. Na seguinte galería podedes atopar todas as imaxes desta actividade. |
||||||
Mellores lectores do 1º trimestre |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »