Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Día da Paz e Non Violencia 2015 |
Durante a última semana do mes de xaneiro celebramos no centro o Día Internacional da Paz e Non Violencia coa realización de diversas actividades que prestenden inculcar no alumnado valores que deben de estar presentes ao longo do ano, e non só na data da conmemoración do aniversario da morte de Gandhi. Entre as actividades realizadas destacamos as seguintes:
Asemade, elaboramos un karaoke, personalizado con imaxes do noso cole, da canción de José Luis Perales "Que canten los niños". Na seguinte galería podedes observar parte das actividades realizadas. |
San Valentín | |
As mandas do meco | |
Festa do Entroido 2015 |
Como colofón final ás mandas do meco que tan ben nos dirixiron ao longo desta semana, celebramos a Festa do Entroido no cole coa participación de toda a comunidade educativa. A ANPA do cole participou activamente nesta actividade co reparto dunhas "orellas de Entroido" exquisitas, de filloas riquísimas feitas por eles e bebidas variadas entre todos os participantes. Posteriormente á degustación destes produtos típicos destas datas, realizamos o desfile de disfraces no patio cuberto, xa que o tempo non nos axudou moito. Como en anos anteriores, a temática do desfile tiña relación co proxecto documental que estamos a desenvolver este curso, "Mergúllate nun mar de números". Cada aula disfrazouse dun tema:
Ao rematar o desfile suamos un pouco movendo o esqueleto ao ritmo que nos marcaba o noso DJ particular. Preme na imaxe para ver a Galería
|
Mes da meteoroloxía |
O día 23 de marzo celébrase o Día Mundial da Meteoroloxía. Como estamos inmersos no programa de Meteoescolas da Consellería de Medio Ambiente, acordamos dedicar o "Mes da Meteoroloxía" a marzo. Ao longo destas semanas realizaremos diversas actividades no centro, entre as que destacamos as seguintes:
|
Día Internacional da Muller |
O nacemento do Día Internacional da Muller, ao contrario do que se pensaba, non radica nun acontecemento illado, senón que debemos situalo nun contexto histórico e ideolóxico moito máis amplo. CARMÉ LÓPEZ (Mujer actual) Esta é unha celebración que as Nacións Unidas declararon no ano 1978, pero que ten a súa orixe no ano 1908 en Nova York. |
OBRADOIRO DO DÍA DA PAZ "A PRINCESA LIWAYWAY" |
Os alumnos de 2º de Primaria fixemos un obradoiro do conto "A PRINCESA LIWAYWAY", no que traballamos valores coma aamizade, a colaboración, o respecto, axuda aos demais, o esforzo,... Contamos a historia na clase e entre todos fomos dicindo o que máis nos chamou a atención da mesma; a continuación plasmamos nun mural o final da historia, froito do esforzo e a colaboración dos personaxes do conto e no que se reflicten os valores presentes no mesmo. |
Día da Muller Traballadora |
Durante a semana do Día da Muller Traballadora realizamos diferentes actividades encamiñadas a fomentar a coeducación. O alumnado traballou sobre o seguinte tema: "Que quero ser de maior?” imaxinando se fosen homes ou mulleres. Parte do alumnado considera que a profesión escollida sería a mesma, independientemente de se fose home ou muller. Non se atopan diferenzas numéricas entre nenos e nenas. Pola contra, unha porcentaxe considerable do alumnado segue cos estereotipos de profesións exclusivas para home ou muller: por exemplo homes deportistas, policías … e mulleres perruqueiras e enfermeiras. Temos que seguir traballando moito para cambiar esta situación non só no colexio, senón que tamén nas familias e nos medios de comunicación. Asemade, o alumnado de 6º pescudou información sobre varias mulleres matemáticas e elaborou a súa biografía.
|
Concurso "Xornal escolar" de "La Región" |
O alumnado de 5º curso participou no concurso de elaboración dun "Xornal escolar" de catro páxinas que convocou o xornal "La Región". Ao longo do primeiro e segundo trimestre o equipo de redacción foi recollendo novas relativas ás diversas actividades que tiveron como protagonista ao noso centro e que ilustraron con imaxes e debuxos que realizou todo o alumnado do cole. Nas próximas semanas, as mellores edicións serán publicadas os mércores no Xornal escolar de "La Región"... Esperamos que o noso sexa un deles!!!
|
Día da meteoroloxía |
O 23 de marzo celebramos no cole O Día Meteorolóxico Mundial. Esta data conmemora a entrada vigor, el 23 de marzo de 1950, do Convenio da Organización Meteorolóxica Mundial (OMM). Cada ano, os máis de 180 Estados Membros que a integran, celebran este día, centrándose nun tema de interese para a humanidade. Por medio destas actividades intentamos sensibilizar á comunidade educativa para conseguir alcanzar algúns obxectivos fixados pola OMM, de tal modo, que percibamos mellor a importancia que revisten as achegas da meteoroloxía e da hidroloxía ás diversas actividades de todos os países da terra. Hoxe foi un día de festa para o alumnado que está a traballar no proxecto de Meteoescolas. Estre todos elaboramos un gran doce na aula de sexto. Unha vez rematado o doce, en forma de moneco de neve, demos boa conta del sen deixar ningunha sobra. No tempo dedicado á Hora de ler, ao longo deste mes, continuamos recollendo e analizando información referente a meteoroloxía que aparece diariamente nos xornais que chegan á biblioteca do centro. Hai que repetir máis a miúdo este tipo de actividades lúdicas. No seguinte índice podedes ver outras actividades que realizamos ao longo do mes: |
Construcción dun pluviómetro |
Ao longo deste mes o alumnado de 5º e 6º participou nun obradoiro para a construción dun pluviómetro. O primeiro que fixemos foi documentarnos nos pasos a seguir para poder construír un pluviómetro caseiro que nos permita medir a cantidade de precipitacións en forma de chuvia que caen por m2. Unha vez que tivemos claro o deseño do aparello de medida da pluviosidade puxémonos mans a obra e fabricamos uns espectaculares pluviómetros que están expostos no noso centro. |
Elaboración de "Paus de choiva" |
Outra das actividades que tivo moito éxito de participación no alumnado foi a creación de “Paus de chuvia”. Estes instrumentos meteorolóxicos teñen a súa orixe nas culturas indíxenas de Norteamérica. Créese que eran utilizadas para atraer á chuvia en celebracións con rituais relixiosos dos indios norteamericanos. Os paus de choiva auténticos están feitos cos troncos secos de varias especies de cactus. O tronco baleirase, as espiñas arráncanse e logo crávanse cara o interior de tronco ao largo de toda a súa lonxitude. Despois introdúcese grava e péchanse os extremos. Ao inclinalo, a grava vai caendo dun extremo ao outro, golpeándose coas espiñas no seu camiño. Nós fixemos uns modelos destes paus a partir de tubos de cartón recheos de grava. O resultado foi espectacular!! |
Exposición de viraventos |
Unha das actividades que tiveron un gran éxito de participación foi a Exposición de viraventos que realizamos ao longo do mes da meteoroloxía. Moitos dos traballos realizalos polo alumnado coa axuda das súas familias presentan unha de gran calidade e orixinalidade. Parabéns para todos os participantes nesta actividade!!!. |
Contacontos Iago de Ed. Xerais |
O día 18 de marzo estivo co alumnado de Ed. Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria o contacontos Iago de edicións Xerais. Relatounos a historia de "Augusta e os seus medos", unha nena que tiña medo a todo, as persoas, aos paxaros, a ir ao parque, as caixas... No transcurso do conto, os alumnos e alumnas foron partícipes do relato resultando a actividade moi motivadora para eles. Pasáronno "pipa"!!. |
Día da Poesía 2015 |
A celebración do Día da poesía no noso centro durou máis dunha semana. Ao longo deste tempo realizamos múltiples actividades co fin último de fomentar o gusto e a lectura de poesía. Unha das principais actividades foi a realización dun obradoiro/concurso de poesía onde todo o alumnado do centro que traía unha poesía (inventada, copiada, con axuda dos pais,...) recibiu un agasallo. Colgamos na entrada do centro un cartaz "Se un agasallo queres ter, poema has de traer" para motivar aos nenos/as. No tempo destinado á Hora de ler traballamos lecturas de poemas e fixemos actividades variadas. Realizamos unha exposición no centro das poesías feitas polo alumnado. O propio día da poesía, que o celebramos o venres 27 de marzo, todo o alumnado e profesorado asistiu na biblioteca a un fantástico recital de poemas, onde os alumnos e alumnas de Educación Infantil recitaron unha poesía "Chegoua primavera" e adiviñas de contidos matemáticos relacionadas co PDI. Unha vez finalizado o recital,os alumnos e alumnas foron ás aulas, onde os seus titores lle deron o agasallo a todos os que fixeran a poesía. Para rematar, formamos grupos de dúas clases para ir ver a exposición das poesías. Cada grupo amosoulle ao outro grupo as súas poesías, recitando os que quixeron en voz alta os seus poemas. |
Concurso de poesía do Círculo Poético Ourensano |
O xoves 23 de abril contamos coa presenza do Presidente do Círculo Poético Ourensano xa que, viñeron expresamente a entregar a CAMINO ALONSO FUENTE, alumna de 6º de Primaria, o premio que lle foi otorgado por participar no concurso de poesía que organizara o Círculo poético. Acadou nada menos que o segundo lugar co poema titulado “Ourense Terra amiga”. O presidente do círculo poético entregoulle a Camino un trofeo, cunha placa co seu nome e o premio otorgado, así coma un lote de libros e un diploma. Tamén lle deron un diploma a todo o alumnado participante no concurso. A continuación Camino leu o seu poema para todos os nenos e Mestres que estábamos na biblioteca escolar, contando tamén coa presenza da súa nai. Para amosar a nosa gratitude ao Círculo Poético Orensano, por vir ao centro a entregarle a Camino o premio, regalámoslle un libro elaborado no colexio para festexar o día do libro, con poemas e contos inventados polos alumnos e alumnas do CEIP Manuel Sueiro, que tamén foron gañadores noutros concursos ao longo deste curso. O presidente do Círculo Poético pediulle aos nenos que llo asinasen como recordó.
Este foi o poema premiado: OURENSE TIERRA AMIGA |
Obradoiro de apicultura |
O 24 de abril tivemos na biblioteca una actividade moi interesante para todo o alumnado do centro: Contamos cun mestre apicultor que lles ensinou aos rapaces a diferenciar distintos tipos de abellas, como fan os panais, a mel,… a través dunha presentación e un vídeo de Disney para os mais cativos. Trouxo unhas vitrinas, con cristais, nas que dentro estaban as abellas e os panais feitos por elas. Tiveron que buscar a abella raíña. Tamén puideron comprobar a temperatura tocando os cristais, xa que a de enriba estaba mais quente ca de abaixo. Asemade, observaron como a presenza de fume e auga producían cambios no seu hábitat e como as abellas reaccionaban antes estes cambios. Por último, manipulamos co traxe de apicultor que é preciso poñer para a recolecta da mel e explicounos como o tiñamos que poñer correctamente para non sufrir ningún percance. Foi unha experiencia que nunca olvidaremos!!
|
Rebumbio matemático |
O 24 de abril participamos na XV edición do Rebumbio matemático que organiza a Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) na súa intención de establecer e manter vivo o contacto permanente cos Centros de Educación Primaria e co seu profesorado, especialmente co de matemáticas, coa finalidade de contribuír á mellora da educación en xeral, e do proceso de ensinanza-aprendizaxe das matemáticas en particular. Trátase dunha actividade que tenta fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo. As actividades matemáticas a desenvolver foron variadas alternándose as de tipo manipulativo coas de dedución e razoamento, o que motivou aos participantes. O equipo do noso centro estivo formado por 3 alumnos de 6º curso: Diego, Nuria e Christian. Fixérono fenomenal, e están expectantes á espera da resolución final dos gañadores desta fase zonal. |
Un selo para Ourense |
O 21 de abril a alumna do noso centro, Yadira Gabarri Vázquez, acudiu ao Auditorio Provincial de Ourense para recoller o premio recibido no concurso de debuxo “Un Selo para Ourense”, que organizou a Concellería de Educación en colaboración con Correos. Hai que destacar o traballo presentado por Yadira, xa que segundo os membros do xurado da Organización o nivel amosado nesta edición, por todos os participantes ,foi moi alto, tanto en número como en calidade. Moitos parabéns para Yadira!! |
Xosé Fernando Filgueira Valverde (2015) |
Xosé Fernando Filgueira Valverde, controvertido intelectual galego, foi co-fundador do Seminario de Estudos Galegos e director do Instituto Padre Sarmiento e o Museo de Pontevedra. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega. É autor dunha moi numerosa obra, nomeadamente nos campos da historia, literatura, arqueoloxía e antropoloxía de Galicia. Adícaselle o Día das Letras de 2015 polo seu traballo a prol da cultura galega. Texto do Seminario Galán de Arteixo |
Celebrando as Letras Galegas 2015 |
Este curso, traballamos durante toda a semana o autor ao que se lle adica dito día : Xosé Fernando Filgueira Valverde con recursos que recopilamos no EDL. Fixemos unha "Pescuda do Tesouro". Que consistiu en darlle cada día unha pregunta aos alumnos/as de Ed. Primaria sobre a vida e obra de Xosé Filgueira Valverde para que pescuden e atopen a resposta nos cartaces feitos para dito autor pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e que se colocaron no corredor de primaria do centro. Repartironse as preguntas durante tres días e os alumnos que as contestaron ben, entraron a formar parte nun sorteo que se fixo en cada grupo/ curso e o alumno/a que saíu gañador en dito sorteo recibirá un agasallo na celebración de fin de curso. Asemade, tamén estamos a facer, un libro de palabras en galego. Cada alumno elixe unha palabra e a representa cun debuxo facendo unha breve descripción da mesma, ben sexa cun poema, dicindo que significado ten para él/ela, cunha estrofa dunha canción, comentando algo que lle resulta divertido ou chamativo sobre dita palabra, ca definición do diccionario,... O resultado está a ser espectacular. Cando teñamos o libro montado pasará a formar parte dos fondos da biblioteca. |
Concurso "Falando de solidaridade" |
O venres 15 de maio, asistimos á entrega de premios do II Concurso de debuxo, conto e relato “Falando de Solidariedade” convocado polo CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía no que resultou finalista na Categoría de Infantil unha alumna do noso colexio: Emma De Lorenzo Viljanen. Nesta edición do concurso o tema eran historias solidarias en tempos de crise, no que o alumnado como protagonista fundamental do noso sistema educativo debía falar de valores como axuda, apoio, amizade, respecto, integración e compañeirismo entre outros. Durante o acto puidemos desfrutar do Contacontos “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa” da compañía TEATRO CALAVERA, do concerto na Colexiata de Najla Shami con Héctor Lorenzo acompañandoa ca guitarra e a actuación de “As Maimiñas” que amenizaban a merenda popular no patio das escolas vellas. Moitos parabéns para Emma e para o CEIP Padre Crespo pola excelente organización do evento. |
Exposición de imaxes meteorolóxicas |
Unha das actividades que realizamos ao longo do curso foi a recolleita de imaxes de fenómenos meteorolóxicos que os membros da comunidade educativa nos ían achegando. No mes de marzo, coincidindo co Día da meteoroloxía fixemos unha exposición nos corredores do colexio con todas as imaxes recibidas. A verdade é que son espectaculares!! |
Construíndo un anemómetro |
En marzo celebramos o mes da Meteoroloxía no centro. Unha das actividades que organizamos consistiu en fabricar aparellos meteorolóxicos con materiais caseiros para realizar unha exposición dos mesmos na entrada do colexio. Foron moitos os aparellos que realizou o alumnado, coa axuda dos seus familiares, sendo o predominante os viraventos, aínda que tamén nos achegaron pluviómetros e anemómetros. No seguinte vídeo podemos ver as explicacións que nos da o pai dun alumno de Ed. Infantil sobre os pasos que hai que seguir para elaborar un anemómetro. Este anemómetro foi colocado na caseta meteoróloxica que temos no patio do colexio, e que o alumnado de 6º curso de Ed. Primaria emprega para recoller diariamente os datos meteorolóxicos do Barrio das Lagoas. Ditos datos son actualizados, tamén diariamente, no blog "Estación meteorolóxica de Leo". |
Exposición de viraventos no patio |
No mes de maio, saímos ao patio con todos os traballos presentados ao concurso de aparellos meteorolóxicos para probalos co vento, e ver como se movían os viraventos e anemómetros. Asemade, comprobamos se funcionaban ben os molinillos de vento dando voltas con eles polo patio. Ao remate da actividade fixemos unha exposición na zona destinada á caseta meteorolóxica con todos eles para que os puidesen observar todos os membros do barrio onde se atopa o cole. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »