Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Día da Paz e non violencia 2020 |
Celebrámola PAZ Ao longo da historia e ao redor do mundo, os seres humanos eliximos diferentes imaxes e xestos para representar a paz. Estes símbolos mostran o valor que ten a paz para nós e teñen diferentes historias e orixes que merece a pena coñecer, e así o fixemos. Os alumnos de infantil traballaron a pomba da paz. É un símbolo moi antigo. Aparece na biblia e representa a paz e a reconciliación tras o diluvio universal. Despois da Segunda Guerra Mundial a pomba da paz volveu ser unha imaxe moi recoñecida, debido a uns debuxos que realizou Picasso. Os de primeiro fixeron a rama de oliveira. É outro símbolo de paz que a humanidade utiliza desde hai moito tempo. Era un dos atributos da deusa grega da paz, Irene, e simbolizaba a abundancia e a vitoria sobre os malos espíritos. Os de segundo traballaron o “Sinal da "V" coa man” Este xesto, coa man virada cara a fóra, ten diferentes significados pero popularizouse como signo de paz durante os movementos pacifistas posteriores á II Guerra Mundial e, especialmente, na década dos 60, durante a Guerra de Vietnam. A papoula é o símbolo dos de terceiro. Cóntase que, durante a Primeira Guerra Mundial en Europa, creceron moitas papoulas no que foran os campos de batalla, polo que esta flor foi adoptada como recordo dos caídos na guerra. Máis adiante, promoveuse a papoula como símbolo do pacifismo, a non violencia e contra os desastres da guerra. Os de cuarto decoramos os logos da paz Este logo foi creado en 1958 por Gerald Holtom, un deseñador gráfico inglés, para unha campaña en apoio do desarmamento nuclear, este símbolo fíxose mundialmente coñecido nos anos 60 a través do movemento hippie. As liñas dentro do círculo representan as letras D e N (desarmamento nuclear) no alfabeto semáforo, que é o que se utiliza os brazos e bandeiras para enviar mensaxes visuais a longa distancia. Os de quinto representamos as nosas mans e queremos que representen a tódolos nenos do mundo. As mans estendidas mostrando a palma son un xesto de paz e de rexeitamento á violencia, en particular o terrorismo. Están abertas e estendidas cara á fronte, é un xesto de autoafirmación, de conciliación e que comunica que a persoa non oculta nada, ao contrario que un puño, que pode pegar e esconder. Os maiores do cole somos uns expertos en origami xaponés e creamos estas estupendas grúas. A lenda conta que quen logre unir 1.000 grúas de papel con fíos verá cumprido un desexo. Fixéronse populares como símbolo de paz tras a Segunda Guerra Mundial pola historia de Sadako Sasaki, unha nena xaponesa que enfermou de leucemia tras a bomba atómica de Hiroshima e á que a súa familia e amigos axudaron a encartar máis de 1.000 grúas durante a súa estancia no hospital No CEIP Manuel Sueiro entre todos creamos este arco da vella. Queremos que sexa un símbolo de paz. Nós neste momento queremos deixar o noso gran de area para rexeitar a violencia. |
Animación á lectura: "Alas de mosca para Ángel" |
O 4 de Febreiro realizamos na hora de ler, ca colaboración do titor, o xa tradicional concurso de animación á lectura co alumnado de 6º. Nesta ocasión sobre o libro Alas de Mosca para Ángel de Fina Casalderrey. Estrela, unha nova alumna de sexto de primaria, produce certas incomodidades os compañeiros polo as súas actitudes e o coidado especial que require. Pero a súa reacción ante a noticia dun secuestro conmoverá os seus compañeiros de clase, a súa familia e a a opinión pública demostrando que, por encima das diferenzas de ideas ou capacidades, o máis importante é ter un gran corazón. A novela é a crónica da vida dunha aula cos problemas, acordos e acitudes dun grupo onde todos se coñecen, e a nova alumna ven a desbaratar a súa comodidade. Unha historia tenra, con toques de atención a conciencia e secuestros, onde inocencia, aceptación e ver mais alá das diferenzas, os leva o que creían imposible. O equipo gañador levou como premio , un exemplar do libro O brazalete Máxico de Rocío Rueda, e o resto do alumnado un pequeno presente pola súa participación e implicación no desenrolo do concurso. |
Xoves de Comadres |
O Xoves de Comadres o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Ed, Primaria participou na celebración desta festa coas manualidades realizadas no obradoiro de Entroido que realizamos na semana anterior na bibloteca do cole coa colaboración de varios monitores da concellería de educación de Ourense. Segundo manda a tradición, os nenos escapan coa súa comadre e as nenas tratan de arrebatarllas e destruirllas. Ao final da carreira só un par de nenos foron quen de defender a súa comadre. |
Desfile Entroido 2020 |
O venres de Entroido realizamos desfile de disfraces no polideportivo do noso centro ante unha gran afluencia de familiares do noso alumnado. Este ano participamos con catro comparsas relacionadas co PDI que cada unha delas está a desenvolver nas súas aulas:
Na galería de imaxes podedes revisar o resultado do gran traballo desenvolvido nas aulas polo alumnado en colaboración seu profesorado. |
Xogo: De que libro falamos |
Animámosvos a participar, en compañia das vosas familias, na seguinte pescuda que realizaremos ao longo de toda a semana do día do libro, cada día un reto... Xa podedes comezar o do luns!!! |
Reivindicando un libro, un escritor/a e unha libraría |
As circustancias especiais destas datas obrigou á celebración un pouco peculiar do Día do libro. Desde a Asesoría de bibliotecas organizouse unha actividade reivindicativa dun libro, dun autor/a e dunha libraría de proximidade. Aí vai unha das propostas do noso centro. Se premedes na imaxe teredes acceso a todas las achegas das diferentes bibliotecas do PLAMBE. |
Novos lectores na biblioteca |
Un ano máis, no Día das bibliotecas escolares o alumnado colaborador da bilioteca fixo entrega dos carnés de biblioteca ao novo alumnado no centro para que teñan acceso a todos os servizos que se ofertan desde a biblioteca, sendo o máis solicitado o servizo de préstamo para levar fondos da biblioteca para as súas casas. Xunto co carné, continuamos facendo entrega dunha carpeta na que lles vai un Pase de grandes lectores que deben cubrir das lecturas que fagan e que lle será validada co selo da biblioteca unha vez que devolva o libro. Cando a completan faiselle entrega dun pequeno agasallo en nome de Leo, a nosa mascota. |
Hora de ler en 4º de Ed. Primaria |
A hora de ler realizouse todos os días de 12:00 a 12:20 sendo os mestres encargados son: Mª del Carmen Aldemira e Noberto Dorrío. E tomáronse como obxectivos os seguintes:
E como actividades:
TEXTOS TRABALLADOS
Actividades realizadas
Debido ao sucedido neste curso, no mes de marzo, quedaron actividades sen facer e textos sen ler. Pero, así a todo, durante parte do confinamento o alumnado continuou realizando a hora de ler.
A HORA DE LER é un tempo que gusta a todo o alumnado, independentemente da velocidade lectora, a maior ou menor capacidade de comprensión lectora, e polo xeral as actividades que se propoñen teñen moi boa aceptación na aula. |
Igualdad, integración... valores son. |
De acuerdo con el P.D.I de este curso 2019/20 que se centra en los valores de igualdad e integración, el área de religión trabajo específicamente las parábolas del Buen Samaritano y la del Hijo Pródigo de Jesús, que están estrechamente relacionadas con los valores humanos. En cuanto al desarrollo de esta actividad primeramente se contó con los conocimientos previos que tenían los alumnos sobre los conceptos Parábola, pródigo y prójimo. Posteriormente se realizó la lectura de las parábolas directamente de la Biblia, para luego reflexionar sobre lo leído y extrapolar el relato bíblico a sus propias vidas, para que el alumnado entienda que lo que está aprendiendo en dicha narración bíblica es importante y útil para la vida cotidiana de toda persona. No solo se trabajó la parte verbal, sino que también con experiencias sensoriales a través de materiales visuales y auditivos para ayudar la comprensión del mensaje que transmiten las parábolas. Para finalizar, se hizo una exposición de los conocimientos aprendidos, de forma oral y a través de fichas que tuvieron que realizar todos los niños. Durante el desarrollo de esta unidad se observó que tanto la lectura Bíblica como las tareas a realizar, fueron una buena fuente de motivación, que los llevo a realizar las actividades con mucho interés, dialogando y reflexionando sobre las mismas. Desarrollándose todo ello en un ambiente de armonía y gratificación. |
Samaín 2020 |
O 30 de outubro celebramos no centro a Festa do Samaín dun xeito distinto ao de anos anteriores. A posta en escena das actividades realizadas logrou que o alumnado voltase a disfrutar de momentos de felicidade no tempo de lecer, demostrando, así, que é posible compaxinar actividades colaborativas e participativas co protocolo COVID. A xornada comezou coa representación dun contacontos polos dos nenos e nenas de sexto curso titulado "Violeta quere ser vampiro", para todo o alumnado do centro. Para que esta actividade resultase segura, fixéronse tres pases ao longo da mañán, na sala de psicomotricidade. Despois do teatro, realizamos unha merenda terrorífica a base de doces coa forma dos protagonistas desta festa: pantasmas, morcegos, casas do terror... Aproveitamos o recreo para realizar un desfile de moda fantasmagórica amenizada por unha parella moi especial de speakers. Como colofón ao desfile, toda a comunidade educativa participou en varias coreografías de cancións propias desta celebración. Pasámolo xenial!!
|
A castaña que rebentou de risa |
O alumnado de 6º de primaria representou na sala de psicomotricidade o coñecido conto "A castaña que rebentou de risa" que figura recollida na nosa web e cunha adaptación teatral realizada polas mestras e alumnado da aula de apoio. Debido ás medidas implantadas polo protocolo COVID tiveron que realizar tres pases da función: un para educación infantil, outra para primeiro e segundo e unha terceira para o resto do alumnado.
|
O tempo atmosférico |
O alumnado de treceiro de Ed. Primaria nos explica o tempo atmosférico a través dos lapbook que realizaron nas clases de ciencias. Esperamos que vos gusten:
|
Superheroes Say No!! |
O 25 de novembro os Superheroes da escola usaron os seus superpoderes para intentar frear a violencia sobre as mulleres e as nenas que desgraciadamente afecta á nosa sociedade. Prepararon as súas purple cloaks e unha representación na que deixaban ás claras o seu compromiso a favor do respecto e da non violencia. Así atravesaron unhas purple doors que nos deixen acceder a un mundo máis igualitario, participando da actividade xeral da escola. https://www.unwomen.org/en/about-us/about-un-women/un-women-song |
INTERNATIONAL DAY OF PEACE, Jan. 30th |
Os/as SUPERHEROES do cole empregan todos os seus poderes para eliminar a violencia na nosa sociedade, empezando polo noso colexio. Seguindo a campaña de UNICEF, “Vacina do bo trato e da paz”, comezamos a nosa tarefa. Inscribímonos na campaña e recibimos as nosas cartillas de vacinación nas que escribimos os nosos propósitos para rematar coa violencia que nos rodea. Puxemos as tiritas co lema #EndViolence, como remedio a esa ferida. Creamos un mural no que os/as Superheroes do coidado son quen de eliminar o Sueiro Virus coa Sueiro’s Vaccine. Os componentes desa vaccine son: kindness, friendship, equality, be happy, respect, smile, good listener, love. Na nosa cartilla de vacinación quedaron reflectidos todos estes compoñentes para que non os esquezaos. Non hai virus que poda coa nosa vaccine. Os/as compañeiros/as de 4 E.P. uníronse a esta campaña de vacinación. Vacinas do bo trato e da paz para todos/as! http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/1613 JOIN US IN THIS AMAZING ADVENTURE |
Día do amor e amizade |
Os alumnos e alumnas de 4° de Educación Primaria sabemos da importancia que teñen tanto o amor como a amizade no noso día a día. Por iso, durante estes días, estivemos traballando na aula en dúas actividades relacionadas con estes sentimentos:
|
Se fora fácil, lerían outros |
O noso cole sempre se implica en proxectos medioambientais que contribúan ao coidado do noso planeta. Este curso unímonos á campaña “Apadrina un pingüino”. Recibimos o diploma que nos acredita como padriños do pingüín Sueiriño. Comprometémonos a coidar o medio ambiente para que o noso afillado medre nun planeta limpo e sostible e o quecemento global non o deixe sen fogar na Antártida. Queremos agradecer aos homes e mulleres da Base Gabriel de Castilla que forman parte da Campaña Antártica, o seu esforzo por coidar ese recuncho no que vive o noso pingüino Sueiriño. Sabías que a Illa Decepción non é unha illa? Que ten forma de ferradura? Que o traxe que protexe ás persoas do frío ten un nome especial? Lemos sobre pingüinos, sobre a Antártida; escribimos un diario coas tarefas que desenvolvemos cada día durante o proxecto, recitamos poesía, fixemos pingüinos, construímos a nosa propia Base no cole, visionamos vídeos dos que tivemos información sobre ese lugar tan remoto do planeta e as actividades científicas que alí se desenvolven. O título global do proxecto é "SI FUERA FÁCIL, LEERÍAN OTROS". Co espirito de esforzo polo traballo ben feito, asociado ás tarefas de lectura e escritura levamos adiante este proxecto que tan bos momentos nos fixo pasar. Como di a nosa poesía: “DEL COLE A DECEPCIÓN”, saludamos a todos/as os que coidamos o noso planeta. MEMORIA GRÁFICA |
Día da poesía 2021 |
Na semana do 21 de marzo realizamos as seguintes actividades nas aulas para celebrar o Día da poesía:
|
Supersaudables |
O 2021 é o Ano Internacional das Froitas e das Verduras e, aproveitando o tema da saúde na materia de Ciencias Naturais, o alumnado de 4º de Educación Primaria indagou sobre estes alimentos así como sobre os hábitos saudables da man das persoas amigas nosas chamadas Supersaudables. Durante dúas sesións acudimos á biblioteca do cole para buscar información sobre a froita ou hortaliza coa que traballou cada alumno. Posteriormente, agrupamos esa información con fotos e debuxos e elaboramos un menú equilibrado. Por último, expuxemos o traballo realizado ao resto da clase, e establecendo un debate sobre o tema. |
Se fose sinxelo, lerían outros. |
O mércores, 28 de abril recibimos no noso centro a visita do General Jefe de la Brilat, Excmo. Sr. General de División don Luís Cortés Delgado, acompañado polo Coronel Jefe de la Delegación de Defensa de la provincia de Ourense, Ilmo. Sr. don Gustavo Doncel Paredes, o Suboficial Mayor del Cuartel General de la Brilat don Manuel Fariña Martínez e a Cabo Primera dona Ana Alonso Solla. Uníronselles o Sr. Inspector Xefe da Consellería de Educación de Ourense, don José Fisteos Suengas e a secretaria territorial de la Delegación de la Xunta en Ourense, dona Silvia Dorado Morales. A visita tivo lugar como recoñecemento ao proxecto escolar desenvolvido polos alumnos/as de 2º E. Primaria, titulado “SI FUERA FÁCIL, LEERÍAN OTROS”. As novas sobre a proxecto e o premio xa foron publicadas nesta web do centro. Queremos dar as máis efusivas grazas aos membros do Exército de Terra que se desplazaron ata o centro por considerar que somos merecedores do premio e a interese que amosaron polo noso proxecto. Así mesmo, a consideración e axuda, vía telefónica, na organización do acto, do Comandante Ponce de León e o Subteniente García. Unha vez máis, sentimos un profundo orgullo polo traballo, interese, e bo comportamento dos nosos alumnos e alumnas. Espertar a curiosidade nos nenos/as, fomentar o coidado medioambiental e respecto polos demais, é o que nos motiva, cada día, como mestres/as. O Sr. Director don José Manuel Rego, recibiu de mans do Excmo. Sr. General de división don Luís Cortés, o diploma acreditativo do premio e a metopa da Brilat. Por parte do centro, o Sr. Director fixo entrega ao Exmo. Sr. General de división dun cadro co logo representativo do noso centro, que foi resultado do concurso gañador de logos do centro xa hai algúns cursos. A autora é María Villarino López, nai dun alumno deste grupo de 2º E.P. A cabo primero, dona Ana Alonso, membro da Campaña Antártica tempo atrás, contoulles aos nenos/as como é a vida na Base Gabriel de Castilla e contestou as preguntas que os nosos/as alumnos/as lle formularon. Amosounos dúas imaxes que nos encheron de ledicia: o poste onde se indica a distancia que hai do noso cole ata a Antártida e un segredo que compartimos con vós: na Antártida hai unha nova especie de pingüinos, os SUEIRIÑOS. Os/as peques entregaron á Cabo unha camiseta co logo do cole e coa impresión da foto do seu proxecto. Ademais dos agasallos para o centro, os alumnos/as recibiron unha mochila cunha gorra e cores para continuar viaxe no mundo do coñecemento e aprendizaxe. Unha vez máis, GRAZAS aos nosos invitados e NORABOA, grupo de 2º E.P. A prensa fíxose eco desta nova: |
A Strawberry Garden |
No noso cole non temos STRAWBERRY FIELDS, nen somos THE BEATLES. Nós somos así de especiais e temos A STRAWBERRY GARDEN e somos os máis peques da escola, os SUPERPEQUES. Unímonos aos SUPERHEROES de 2º E.P. na súa teima pola FRUIT e coidamos e recolectamos as strawberries que medraron no noso GARDEN. E ben boas que están! Ata os paxaros deron conta delas! Doces e RED!
|
Final de curso |
O 22 de xuño realizamos varias festas de fin de curso nas aulas para despedir este ano tan especial para todas e todos nós. Foi unha xornada chea de emocións e sentimentos encontrados, xa que por un lado remataba o curso coa ledicia que iso supón e por outro despedímonos dos nosos amigos e amigas e de varias mestras ás que botaremos moito de menos xa que deixaron unha profunda pegada no centro e nos nosos corazóns.
|
Formación de usuarios |
|
Exposición do Samaín 2021 | |
Auga, cada pinga un tesouro |
Comezamos a nosa colaboración con UNICEF o curso pasado, cando grazas á súa campaña de vacinas para a paz, convertémonos en axudantes dunha vacinación tan necesaria. Este curso, de novo, desenvolvemos algunhas actividades a prol do medio ambiente, con materiais facilitados por UNICEF. Do 25 de outubro ao 5 de novembro, temos no cole a disposición da comunidade educativa unha exposición de 10 paneis que axuden a tomar conciencia da necesidade de non malgastar auga, e entender que a mesma é fonte de vida. Cada curso debateu sobre o que a exposición lles facía sentir e reflexionou sobre a mensaxe. Ao longo da semana, cada un dos nenos e nenas escribirá nunha pinga de auga as súas reflexións sobre a exposición, co fin de elaborar un libro colaborativo sobre o tema. Enviaremos a actividade ao comité de UNICEF en Galicia ao remate da mesma, agradecéndolles que nos faciliten os materiais dos que dispoñen, no nome de Marta Andrade Blanco. |
A pinga Sueiriña |
A nosa pinga pirata xa viaxa no seu barco cara a aqueles lugares nos que a falla de auga potable non deixa espazo para unha vida digna. Todos aqueles que quixeron, nenos e nenas, mestres e mestras, mestras en prácticas, auxiliar de conversa, coidadoras, conserxe, ..., todos nós demos forma ao libro “A PINGA SUEIRIÑA”, plasmando os nosos pensamentos e mellores desexos para acadar un mundo máis xusto e sostible. En galego, castelán, inglés e francés, A Pinga Sueriña transporta ese valioso tesouro que é a AUGA. O libro físico, elaborado por todos e todas nós, xa vai cara ao Comité UNICEF en Galicia. Este non é o fin do proxecto que iniciamos coa exposición “AGUA, CADA GOTA UN TESORO”, facilitada por UNICEF, e seguemos coa conmemoración do día internacional contra o cambio climático. É o rumbo que leva o noso barco pirata coa Pinga Sueiriña ao seu timón. QUE OS VENTOS NOS SEXAN PROPICIOS!
PREME PARA VER O LIBRO A TODA PÁXINA |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »