Contido popular
Título | Resumo | ||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Obradoiro de formación no proxecto de Meteoescolas |
Na última semana do mes de novembro puxemos en funcionamento a web de meteoroloxía do noso centro para recoller todas aquelas novas relacionadas co proxecto Meteoescolas. Todo o alumnado e profesorado implicado participou activamente na biblioteca do cole nun obradoiro de formación para ser quen de rexistrar e introducir os datos meteorolóxicos observados na web. Neste obradoiro traballamos cos datos meteorolóxicos reflectidos en Meteogalicia dos meses de setembro, outubro e novembro de 2014. Asemade, tamén realizamos prácticas de medida co pluviómetro e o termómetro de máximas e mínimas, que de momentos son os aparellos de que dispomos na nosa estación.
|
||||||||||||||||||||
Estación meteorolóxica de Leo |
A finais de novembro, e grazas a colaboración de varios membros da comunidade educativa do cole, foi instalada a nova estación meteorolóxica do CEIP Manuel Sueiro. Dita estación está situada na zona norte do colexio nunha parte despexada do recinto para recoller coa mallor precisión posible os datos meteorolóxicos do noso barrio. Os rexistros que cada día indiquen os aparellos da estación, serán reflectidos na nosa web e na web oficial que Meteogalicia pon a disposición dos centros que participan no programa de Meteoescolas. De momento, a estación conta cun termómetro de máximas e mínimas e un pluviómetro. |
||||||||||||||||||||
Inauguración da estación meteorolóxica |
O día 1 de decembro foi a inauguración oficial da nosa estación meteorolóxica. Ese día, todo o alumnado implicado na recollida de datos baixou ata as instalacións da estación para ver en situ o procedemento a seguir para recoller os datos meteorolóxicos nas fichas de rexistro elaboradas para tal actividade. O alumnado de 6º curso, en grupos de 2 alumnos/as, será o encargado de recoller diariamente os datos, para o cal os mestres responsables do programa estableceron as oportunas quendas. De momento, a estación conta cun termómetro de máximas e mínimas e un pluviómetro. |
||||||||||||||||||||
Tres grans de sal |
O alumnado de primeiro curso durante o mes de novembro traballou o poema de Gloria Sánchez "Tres grans de sal" durante a Hora de ler. Unha vez memorizado realizamos unha gravación en vídeo coa técnica do croma cun recitaxe compartido en grupo do poema... ...esperamos que sexa do voso agrado!!!
|
||||||||||||||||||||
Lecturas meteorolóxicas |
O alumnado de 6º curso todos os mércores na Hora de ler analiza a información meteorolóxica que aparece nos xornais que temos na biblioteca do centro: "La Voz de Galicia" e "La Región". Todos os traballos que van realizando nestas sesións quedan reflectidos no taboleiro de novas da clase destinado a Meteoroloxía. |
||||||||||||||||||||
Presentación do programa Meteoescolas |
O alumnado de 6º curso distribuíuse en dous grupos para realizar unhas sesións informativas, dirixidas a todo o alumnado do centro, e dar a coñecer o traballo que están a desenvolver no proxecto de Meteoescolas en colaboración con outros centros de Galicia. Un grupo traballou co alumnado de Ed. Infantil e Primeiro Ciclo de Ed. Primaria e o outro co resto do alumnado do centro. A primeira sesión formativa foi dirixida aos máis cativos do centro. Os encargados deste traballo empregaron como medio de exposición a representación dunha obra teatral que tivo como fío condutor o libro de "Bos días árbore! As estacións", publicada por edicións Sálvora. Os espectadores gozaron enormemente coa fabulosa interpretación dos artistas de 6º curso e coas súas recitaxes dos diferentes poemas relacionados coa meteoroloxía. A segunda sesión informativa tivo un carácter moito máis académico. Informouse ao alumnado do centro do proceso que se está a seguir para a recollida de datos meteorolóxicos e de como interpretar un mapa do tempo dos que aparecen na web de Meteogalicia. A exposición de contidos tamén estivo acompañada coa lectura de varios poemas relacionados con diferentes meteoros. Como remate destas dúas sesións informouse en que ían consistir as dúas actividades/concurso destinadas a toda a comunidade educativa:
Vídeo da clase informativa:
|
||||||||||||||||||||
Finalistas no concurso "Ciencia que conta" |
A alumna do noso centro, Camino Alonso Fuente, foi finalista no concurso "Ciencia que conta" co seu traballo titulado "Néfele, a raiña das nubes" conto realizado como actividade de investigación creativa e orixinal, no proxecto de Meteoescolas. Se premedes no título podedes ler o conto orixinal, así como os do resto dos compañeiros. Na sesión de información que realizaron os alumnos de 6º curso, sobre o programa que están a desenvolver en Meteoescolas, a finalista, fíxonos unha lectura da súa obra.
Moitos parabéns!!! |
||||||||||||||||||||
Torneo de "Tres en raia" |
No mes de decembro, a mestra de música organizou o "III torneo de tres en raia", entre o alumnado maior do centro, como unha actividade inmersa dentro do proxecto documental integrado deste curso: "Mergullámonos nun mar de números". Este sinxelo xogo pon en marcha a maquinaria intelectual do alumnado, en todo o referente á lóxica matemática e a intelixencia artificial, dun xeito lúdico e creativo e que tanto agradecen todos os participantes no mesmo. Non hai máis que fixerse na faciana dos xogadores para comprobar canto gozaron durante o desenvolvemento do torneo. O Cadro de Honra quedou como sigue:
Moitos parabéns para todos eles!! Os participantes nesta edición xa están ansiosos porque comece a seguinte torneo... Preme na imaxen superior para ver a galería de imaxes do torneo |
||||||||||||||||||||
A bruxa Catuxa visita o CEIP de Vistahermosa |
O 10 de decembro, a nosa querida Bruxa Catuxa visitou a fantástica biblioteca dos nosos amigos e veciños do CEIP Vistahermosa para contarlle as terroríficas historias de medo e suspense coas que nos asustou a nós na pasada festa do Samaín & Halloween. A Catuxa pasouno fenomenal, na impresionante gruta que lle prepararon en Vistahermosa, aínda que como xa vai un pouco entrada en anos, ao rematar a sesión, acabou un pouco esgotada, iso si, saíu encantada co trato e atención que lle dispensaron os nenos e nenas no decurso das súas historias. A malvada bruxa representou tres divertidos contacontos na "Cova da Catuxa" para todo o alumnado do centro que se animou a entrar nela. As lecturas feitas pola Catuxa foron as seguintes: Precísase pantasma de Conan Doyle, Room on the Broom Julia Donaldson e A bruxa Brunilda de Valerie Thomas. Preguntas, baile, viaxes en vasoira... fixeron as delicias dos cativos ao lonxo de toda a actividade. Esta actividade de colaboración entre estas dúas bibliotecas Plambeiras resultou ser todo un éxito... ...esperamos que se repita nun futuro! Para ver a galería de imaxes premede na imaxe superior.
|
||||||||||||||||||||
Recomendacións lectoras para o Nadal | |||||||||||||||||||||
Chegou o Nadal ao Sueiro |
No noso cole xa se nota que as Festas do Nadal están próximas. A decoración navideña das aulas, e de moitos recantos do edificio, así o poñen de manifesto. Este ano, hai que destacar o Belén xigante, que recrea o nacemento do neno Xesús, situado na entrada do colexio para ser observado por todas aquelas persoas que nos visiten. Na seguinte galería de imaxes podedes observar esta ambientación: |
||||||||||||||||||||
Concurso de postais 2014 |
Un ano máis, o EDL do colexio, en colaboración co Equipo de biblioteca, convocaron unha nova edición do concurso de postais con mCotivos navideños. Hai que destacar a elevada participación do alumnado, así como a excelente calidade da maioría dos traballos presentados que lle puxeron moi difícil ao xurado a elección das postais gañadoras. Algunhas desa postais foron as que o colexio empregou para elaborar as felicitacións de Nadal. As mellores postais, segundo o xurado, foron as seguintes:
Na seguinte galería de imaxes podedes observar todas as postais presentadas: |
||||||||||||||||||||
Premiados no concurso de postais do Colexio de Economistas |
Dous alumnos de Ed. Infantil do noso centro resultaron premiados no concurso de postais que organizou o Colexio de Economistas de Ourense. Os premiados son:
Todos os premiados recibirán un diploma e un regalo acorde á súa idade que será entregado no centro. Asemade, o traballo de Eva Seoane resultou gañador do concurso a nivel de todas as categorías, motivo polo que a súa postal será a escollida para felicitar as festas de Nadal 2014 do Colexio de Economistas de Ourense.
|
||||||||||||||||||||
II Concurso "CEIP Manuel Sueiro" |
Este premio, para centros de EI, EP e CEE, naceu co fin de que os nosos nenos e nenas se interesen pola lectura e se mergullen no placer de leren e escribiren, ofrecendo a oportunidade de facer visible as capacidades artísticas dos nosos pequenos unindo a literatura e as artes plásticas. Ao mesmo tempo, tratamos de fomentar en grupo, tanto na aula, no ciclo ou no centro, mesturando diferentes niveis educativos e buscando a implicación do maior número posible de alumnado e profesorado. Consiste en elaborar unha ADAPTACIÓN CON TEXTO E ILUSTRACIÓNS DUNHA OBRA DA LITERATURA UNIVERSAL que elixirá o Departamento de Biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística do CEIP Manuel Sueiro de Ourense. BASES PARA PARTICIPAR
INSCRIPCIÓNS Enviando un correo electrónico, indicando o desexo de participar a: Vídeo da entrega de premios da edición do ano pasado a cargo do Conselleiro de Educación e Cultura
|
||||||||||||||||||||
Visita do Reis Magos de Oriente |
O último día de clase tivemos unha visita moi esperada na biblioteca do noso centro: a chegada dos Reis Magos de Oriente para recoller as cartas que elaboramos coas nosas peticións de agasallos para este Nadal. É de agradecer a paciencia que tiveron connosco xa que foron atendendo amablemente, unha a unha, as nosas peticións. Como adianto, ao noso bo comportamento, agasalláronnos cuns petos de aforro preciosos que a ANPA do centro lles pediu para nós e que esperamos encher coas moedas que recibamos nestas festas. Ao rematar a visita das súas maxestades, a ANPA organizou no comedor do centro a tradicional chocolatada de Nadal para entrar en calor e na que degustamos un exquisito chocolate acompañado de churros e doces variados. Que bo estaba todo!! Hai que repetilo!!
|
||||||||||||||||||||
Mellores lectores 1º trimestre 2014/15 |
Como actividade final da biblioteca, neste primeiro trimestre, Leo estivo pescudando información, nos arquivos e nas fichas de lectura, sobre os nosos hábitos lectores. Como o nivel lector neste trimestre foi, en xeral, de moita calidade, resultou moi custoso deliberar quen era merecedor dun dos máis prestixiosos recoñecementos que outorgamos desde a biblioteca. Despois deste arduo traballo, Leo estableceu como mellores lectores de cada curso aos seguintes nenos e nenas:
Espero verte no seguinte trimestre nesta relación!! |
||||||||||||||||||||
Ourense sabe acoller |
O alumnado de 5º e 6º curso volveu participar, este curso, no programa "Ourense sabe acoller" que organiza o Concello. Na primeira semana de decembro tivemos no centro un obradoiro de formación, a cargo de membros do programa "Ourense sabe acoller", sobre a problemática migratoria do noso país. Como traballo final do obradoiro cada un de nós plasmou as súas achegas nas tres modalidades de participación convocadas: textos curtos; poemas ou traballos artísticos/plásticos. Os traballos de dúas alumnas do noso centro resultaron premiados no concurso:
O 18 de decembro, Día Mundial da Migración, participamos nas actividades que organizou o Concello nas instalacións de Abanca da Alameda. Primeiro visionamos un vídeo sobre a migración en España, despois participamos nunha mesa redonda con dous emigrantes afincados en Ourense, Tamara e Djibril, que nos relataron as súas respectivas experiencias. Como broche final, tivo lugar a entrega de premios aos 3 mellores traballos de cada unha das tres modalidades establecidas. Na prensa local, La Región, recolle esta nova no xornal onde aparecen as gañadoras do noso cole baixo o titular de "Experiencias de otro mundo".
|
||||||||||||||||||||
Lecturas de Nadal |
Durante o mes de decembro, no tempo destinado á Hora de ler, en 1º curso traballamos coas Lendas de Nadal que elaborou o Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro. Unha das lecturas que máis lles gustou ao alumnado foi a "Lenda da árbore de Nadal". Con ela elaboramos un libro con imaxes e a letra da historia que coloreamos nos mesmos para lerllo aos nosos familiares nas vacacións de Nadal. Asemade, coñecemos outras historias como a Lenda de Papá Noel e a Lenda do Apalpador. |
||||||||||||||||||||
Lecturas na biblioteca na "Hora de ler" |
O alumnado de 4º curso de Educación Primaria, ao igual que a maioría do alumnado do centro utilizou os recantos da biblioteca de lectura informal nalgunhas das sesións destinadas á "Hora de ler" que todos os días teñen lugar de 12:00 a 12:20 horas en todos os cursos e niveis do centro. O cómic e as revistas son os fondos da biblioteca máis utilizados neste recanto de lectura informal polo alumnado de 4º curso. |
||||||||||||||||||||
Festival de Nadal 2014 |
O 18 de decembro, ás 18 horas, celebramos o Festival de Nadal no Salón de actos do IES As Lagoas de Ourense ante un público entusiasta formado fundamentalmente pola nosa comunidade educativa e familiares achegados do alumnado. Antes de nada, resaltar que é de agradecer o bo comportamento de todos os espectadores, mantido ao longo da duración de todo o espectáculo, e sobre todo pola comprensión mostrada ante aqueles pequenos erros, achacados ao directo case todos eles, que puidemos ter. Non debemos esquecernos de dar as grazas a todos os membros do Equipo directivo, e ao persoal laboral, do IES As Lagoas pola súa colaboración connosco para poder levar a bo término este Festival. Se premedes nas seguintes ligazóns accederedes aos vídeos das diferentes representacións que tiveron lugar no Festival:
|
||||||||||||||||||||
Obradoiro de lectura sobre o oficio da castañeira |
Durante o mes de novembro, no tempo dedicado á Hora de ler, o alumnado de 2º curso participou nun obradoiro de lectura sobre o oficio da castañeira. Ademais de traballar a lectura do conto da castañeira, realizamos un cartaz entre todo o grupo de clase sobre a castañeira que nos serviu para decorar a exposición de traballos do magosto. |
||||||||||||||||||||
Poesía matemática | |||||||||||||||||||||
Recomendacións lectoras matemáticas |
No seguinte taboleiro de Pinterest ofrecémosche unha seria de recomendacións lectoras para traballar no proxecto documental deste curso que atoparás na biblioteca do centro. Sigue el tablero Mergúllate nun mar de números de Ceip en Pinterest. |
||||||||||||||||||||
Formación en Educación infantil |
O alumnado de Educación Infantil recibiu formación no rincón de lectura informal de onde se atopan os fondos que eles poden utilizar na biblioteca. Visitaron a biblioteca unha vez por semana, para isto puxemos unha serie de normas:
Observamos os andeis comprobando a diferencia entre os que estaban coa letra vermella e coa amarela. |
||||||||||||||||||||
Formación no Primeiro Ciclo de EP |
O alumnado de primeiro ciclo traballou os seguintes temas ao longo do primeiro trimestre:
|
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »