Contido popular
Título | Resumo | ||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xela, a superheroína de aldea |
Éxito rotundo do encontro con Inma Soto no noso colexio! O pasado 13 de abril, o noso colexio tivo o pracer de recibir á escritora Inma Soto, autora do libro "Xela, a superheroína de aldea", que estivemos traballando ao longo deste mes no club de lectura de 1º ciclo e 3º de Educación Primaria. Na súa visita, Inma Soto deleitounos cunha narración amena e chea de vida do seu conto, na que o alumnado participou de forma activa grazas ao profundo coñecemento que xa tiñan da historia. A autora soubo captar a atención dos máis pequenos e transmitirlles a valiosa lección que se agocha tras as aventuras de Xela: a sorte que temos nas aldeas por contar con todos os recursos que necesitamos ao noso alcance. Tras a narración, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de formular as súas preguntas a Inma, demostrando unha gran curiosidade e interese pola obra e a súa autora. Inma respondeu con entusiasmo a todas as preguntas, creando un ambiente distendido e enriquecedor para todos os presentes. Como broche de ouro á visita, Inma asinou con dedicatoria persoal os libros e traballos realizados polo alumnado en clase, non sen antes darlles unha emocionante primicia: as aventuras de Xela terán continuación! Desde o colexio, queremos agradecer a Inma Soto a súa amabilidade e proximidade, por nos ter regalado unha mañá máxica e por transmitir aos nosos alumnos e alumnas valores tan importantes como o amor pola lectura, a imaxinación e o respecto polo medio natural e rural. Estamos desexando ler a continuación das aventuras de Xela! RECURSOS PARA TRABALLAR NA AULA
|
||||||||||||||||||||||||||||
LUISA VILLALTA.KAHOOT. |
O día remato bailando e cantando todos xuntos a súa biografía musical elaborada polo CEIP Chans de Bembrive |
||||||||||||||||||||||||||||
VII certame "Deseña unha xoia para a túa nai" |
Tres alumnos de Ed. Infantil de 3 e 4 anos do noso centro resultaron seleccionados como finalistas do VII certame "Deseña unha xoia para a túa nai", que organiza o Colexio Oficial de Xoiarías, entre os case 8.600 deseños presentados ao concurso de toda Galiza. Entrega de diplomas en Santiago aos finalistas. |
||||||||||||||||||||||||||||
Mochilas viaxeiras |
No curso 2019/2020 estiveron en funcionamento 7 mochilas viaxeiras, e dicir, unha por cada classe do cole. Como en anos anteriores, as mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período dunha semana, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido pola persoa titora, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos, tanto en galego como castelán, para que o alumando poida elixir. Todas as mochilas inclúen “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, suxerencias, …, sobre o contido da mochila o dos libros lidos. Achegamos unha mostra do traballo realizado polo alumnado nas súas casas. Para a maioría das familias resulta ser unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre pais e fillos e enriquécenos a todos. Foi unha mágoa que a partir de mediados do mes de marzo non puideron funcionar. |
||||||||||||||||||||||||||||
Superheroes Say No!! |
O 25 de novembro os Superheroes da escola usaron os seus superpoderes para intentar frear a violencia sobre as mulleres e as nenas que desgraciadamente afecta á nosa sociedade. Prepararon as súas purple cloaks e unha representación na que deixaban ás claras o seu compromiso a favor do respecto e da non violencia. Así atravesaron unhas purple doors que nos deixen acceder a un mundo máis igualitario, participando da actividade xeral da escola. https://www.unwomen.org/en/about-us/about-un-women/un-women-song |
||||||||||||||||||||||||||||
Se fose sinxelo, lerían outros. |
O mércores, 28 de abril recibimos no noso centro a visita do General Jefe de la Brilat, Excmo. Sr. General de División don Luís Cortés Delgado, acompañado polo Coronel Jefe de la Delegación de Defensa de la provincia de Ourense, Ilmo. Sr. don Gustavo Doncel Paredes, o Suboficial Mayor del Cuartel General de la Brilat don Manuel Fariña Martínez e a Cabo Primera dona Ana Alonso Solla. Uníronselles o Sr. Inspector Xefe da Consellería de Educación de Ourense, don José Fisteos Suengas e a secretaria territorial de la Delegación de la Xunta en Ourense, dona Silvia Dorado Morales. A visita tivo lugar como recoñecemento ao proxecto escolar desenvolvido polos alumnos/as de 2º E. Primaria, titulado “SI FUERA FÁCIL, LEERÍAN OTROS”. As novas sobre a proxecto e o premio xa foron publicadas nesta web do centro. Queremos dar as máis efusivas grazas aos membros do Exército de Terra que se desplazaron ata o centro por considerar que somos merecedores do premio e a interese que amosaron polo noso proxecto. Así mesmo, a consideración e axuda, vía telefónica, na organización do acto, do Comandante Ponce de León e o Subteniente García. Unha vez máis, sentimos un profundo orgullo polo traballo, interese, e bo comportamento dos nosos alumnos e alumnas. Espertar a curiosidade nos nenos/as, fomentar o coidado medioambiental e respecto polos demais, é o que nos motiva, cada día, como mestres/as. O Sr. Director don José Manuel Rego, recibiu de mans do Excmo. Sr. General de división don Luís Cortés, o diploma acreditativo do premio e a metopa da Brilat. Por parte do centro, o Sr. Director fixo entrega ao Exmo. Sr. General de división dun cadro co logo representativo do noso centro, que foi resultado do concurso gañador de logos do centro xa hai algúns cursos. A autora é María Villarino López, nai dun alumno deste grupo de 2º E.P. A cabo primero, dona Ana Alonso, membro da Campaña Antártica tempo atrás, contoulles aos nenos/as como é a vida na Base Gabriel de Castilla e contestou as preguntas que os nosos/as alumnos/as lle formularon. Amosounos dúas imaxes que nos encheron de ledicia: o poste onde se indica a distancia que hai do noso cole ata a Antártida e un segredo que compartimos con vós: na Antártida hai unha nova especie de pingüinos, os SUEIRIÑOS. Os/as peques entregaron á Cabo unha camiseta co logo do cole e coa impresión da foto do seu proxecto. Ademais dos agasallos para o centro, os alumnos/as recibiron unha mochila cunha gorra e cores para continuar viaxe no mundo do coñecemento e aprendizaxe. Unha vez máis, GRAZAS aos nosos invitados e NORABOA, grupo de 2º E.P. A prensa fíxose eco desta nova: |
||||||||||||||||||||||||||||
PDI de centro 2021/2022 |
Durante este curso, 2021-2022, o Sueiriño XI concienciou e fomentou na nosa comunidade educativa valores esenciais para a defensa do medio ambiente, co proxecto titulado:"O SUEIRIÑO A DIVERSIDADE RESPECTA, TRABALLEMOS XUNTOS A PROL DO PLANETA!", fundamentado na liña de traballo proposta desde Bibliotecas escolares “A biblioteca escolar ten a palabra”, facilitando así a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que se programaron e dos recursos que puxemos a disposición da comunidade educativa A nosa proposta presentou un proxecto cooperativo de todo o centro, que partindo da biblioteca, implicou ao alumnado por áreas, cursos, etapas, a todos os membros do claustro, e involucrou a todos os membros da comunidade educativa. Os principais traballos realizados, ao longo deste curso, iranse plasmando nas diferentes píldoras desta entrada:
|
||||||||||||||||||||||||||||
Festa do Samaín 2022 |
O último día do mes de outubro voltamos a celebrar a Festa do Samaín no noso cole coa realización das seguintes actividades:
A celebración na prensa local ENTREGA DE PREMIOS
Traballos premiados polo alumnado |
||||||||||||||||||||||||||||
Horta escolar de Ed. Infantil | |||||||||||||||||||||||||||||
Unha maleta mariñeira |
Foi polo mes de febreiro cando recibimos no centro a exposición itinerante “Coidando o noso mar” prestada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) na Coruña, así como as redes e as nasas que os/as nosos mariñeiros/as usan a cotío no seu labor nas Rías Baixas. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2078 RÍAS ALTAS e RÍAS BAIXAS XUNTAS NO CEIP MANUEL SUEIRO! As/os peques de Infantil achegáronse á beira do noso mar para descubrir eses libros con historias que nos achegan á inmensidade e tamén á fraxilidade dos nosos mares. As/os alumnas/os de 4o E.P., como parte do proxecto documental sobre os mares, mergulláronse nese océano de libros achegándose aos seres vivos que os habitan. DESFRUTEMOS E COIDEMOS OS NOSOS MARES! |
||||||||||||||||||||||||||||
Memória gráfica do curso 2022/2023 | |||||||||||||||||||||||||||||
Verbateca, un laboratorio de palabras |
Os nenos e nenas de infantil divírtense e aprenden con Verbateca! O pasado 15 de abril, o alumnado de educación infantil participou nunha emocionante actividade de “Verbateca, laboratorio de palabras” que tivo lugar na aula de psicomotricidade do colexio. A xornada estivo repleta de xogos deseñados para traballar aspectos fundamentais como a memoria, a observación, a expresión oral e corporal, a coordinación e o coñecemento de palabras en lingua galega sobre unha ampla variedade de temas, desde animais ata profesións, pasando por partes do corpo, cores e a natureza. Os nenos e nenas mergulláronse nun mundo de diversión mentres repasaban vocabulario e conceptos en galego, todo iso nun ambiente de traballo en equipo que promoveu a identidade cultural e lingüística. Desde palabras relacionadas cos animais ata termos asociados coa natureza, os nenos e nenas mergulláronse nunha experiencia lúdica e educativa. Os obxectivos desta actividade son múltiples e ambiciosos, buscando potenciar o traballo en equipo, ampliar o vocabulario en galego, fomentar a comunicación afectiva e directa entre os alumnos, manter unha actitude receptiva e de escoita, motivar a lectura a través da oralidade e estimular a imaxinación e a creatividade. En resumo, a Verbateca, laboratorio de palabras revelouse como unha boa ferramenta para a aprendizaxe integral dos nenos e nenas, brindándolles a oportunidade de divertirse mentres fortalecen as súas habilidades lingüísticas e sociais. ¡Unha experiencia enriquecedora que seguramente recordarán con agarimo! |
||||||||||||||||||||||||||||
Poesía matemática | |||||||||||||||||||||||||||||
Cancodrilo na horta |
O 26 de xaneiro, na sala de usos múltiples do noso cole, tivemos o privilexio de contar coa presenza da contacontos ourensá Sabela que encandilou ao alumnado coa posta en escena de dous contos da colección "Cancodrilo" de Xabier López e ilustrados por Javier Rey e Silvia González. Coas aventuras de "Cancodrilo", metade home e metade crocodilo, na horta e pintando, traballamos valores, coma o respecto e a amizade, engatusados polos poderes máxicos de Sabela. Sobra dicir que o pasamos xenial, como ben reflicten as imaxes da Galería.
|
||||||||||||||||||||||||||||
Decoración do recanto de meteoroloxía | |||||||||||||||||||||||||||||
Construímos robots |
O alumnado de 6º de Ed. Infantil dedicou o seu PDI a traballar o pensamento computacional. Para elo, os seus traballos xiraron en torno ao estudo e creación de robots. Os obxectivos que se perseguiron foron os seguintes:
Entre outras, relizamos as seguintes actividades:
GALERÍA DE IMAXES DO TRABALLO DESENVOLVIDO |
||||||||||||||||||||||||||||
Atravesamos a Torii |
ATRAVESAMOS A TORII Na nosa peregrinaxe polo Kumano Kodo, atravesamos a última torii do noso camiño. E como bos dual pilgrims, ao remate do St. James way e Kumano Kodo, tanguemos a bell coa que damos fin ao noso camiñar. Non son tan grandes como a orixinal pero puxemos toda a nosa ilusión e traballo na súa elaboración. |
||||||||||||||||||||||||||||
Hora de ler en Ed. Infantil |
Estas son algunhas das actividades realizadas na Hora de ler polo alumnado de Ed. Infantil:
|
||||||||||||||||||||||||||||
Se eu tivera una púa |
O alumnado de 2º de Educación Primaria seguimos desfrutando das nosas historias favoritas e, nesta ocasión, foi a quenda de Carlota quen escolleu o libro “Se eu tivera unha púa” de Eva Clemente para contarllo ao resto da clase. O seu protagonista, Pepincho Repúa, quere atopar amigos cos que xogar. Pero canto estás disposto a pagar para tentalos conseguir? Un raposo con peculiares afeccións, un can moi presumido, unha aguia que non merenda, un sapo que soña con coroas... Estes son algúns dos personaxes que atopará este entrañable ourizo no seu camiño polo bosque. Unha viaxe cargada de aprendizaxe que che levará a descubrir o que é a autoestima e o importante que é aprender a coidarse e dicir que non de cando en vez. |
||||||||||||||||||||||||||||
Encontros con Andrea Maceiras |
O venres, 4 de febreiro, realizamos a actividade encadrada dentro da XXXII CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA, promovida pola Concellería de Educación do concello de Ourense, que leva por título Encontros co autor/a. Este ano a elixida foi a autora Andrea Maceiras que nos veu a falar do seu libro “A folla azul” que previamente traballamos no noso Club de lectura nos meses de decembro e xaneiro. O libro A folla azul relata a historia dun mundo verde así como o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Relata a historia de Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde. Andrea Maceiras presentounos o seu libro a través dunha presentación que nos fixo reflexionar sobre a natureza. Logo tivemos a oportunidade de facerlle preguntas sobre o seu libro. E para rematar as sinaturas adicadas dos nosos libros. Foi un enorme pracer ter connosco a Andrea Maceiras e xa estamos agardando a que escriba o seu próximo libro. |
||||||||||||||||||||||||||||
Charlie y la fábrica de chocolate |
O Clube de lectura de 5º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como primeiro libro “Chalie y la fábrica de chocolate” de Roal Dahl da editorial Alfaguara Juvenil. LIBRO 1º: Charlie y la fábrica de chocolate de Roald Dahl da editorial Alfaguara Juvenil. O libro foi traballado ao longo do 1º trimestre do curso escolar 2021/2022 e conta a historia de Charlie Bucket un neno que vive cos seus pais e os seus avós maternos e paternos nunha casa. Son pobres e pasan fame e frío, sobre todo cando o seu pai é despedido do seu traballo. Charlie e o seu avó Joe soñan con visitar a Fábrica de chocolate de Willy Wonka, que leva anos pechada ao público para evitar espionaxe industrial, e o soño farase realidade. Willy Wonka, o dono da fábrica, pon en circulación dentro das súas barras de chocolate, cinco billetes dourados, que poden estar en calquera barra de chocolate, en calquera tenda, e en calquera país. Estes permitirán, aos cinco nenos ou nenas que os atopen, visitar esta fábrica, levar un cargamento de chocolates e lambetadas para sempre e, ademais, o gañador recibirá un premio moi especial. Augustus Gloop, Veruca Salt, Violet Beauregarde, Mike Tevé e Charlie Bucket son os afortunados gañadores. Todos entran cos seus pais, menos Charlie, que vai acompañado polo avó paterno Joe. Unha vez dentro descobren da man de Willy Wonka un marabilloso mundo de chocolate e lambetadas. Cada un dos nenos e nenas vai saíndo da fábrica por mor das súas teimas, defectos e mala educación. Augustus Gloop non pode coa gula, cae a un río de chocolate, e é absorbido por un tubo que o leva fóra do recinto. Violet Beauregarde, a obsesiva mascadora de chicle e competidora incansable, convértese nun arando por probar un chicle experimental con gusto a unha comida completa de dous pratos e sobremesa que aínda seguía en proba. Veruca Salt, nena mequeira e consentida que non para de pedir e esixir, é lanzada ao buraco dos desperdicios por uns esquíos ao tentar levar unha e Mike, agresivo e adicto á televisión, convértese nun pequeno personaxe de televisión ao que han de alongar como a un chicle para que volva ter un aspecto minimamente normal. E por fin só queda na fábrica Charlie, o gañador. O premio é a fábrica: o señor Wonka faise maior e quere un herdeiro. Charlie pensa que non poderá facelo, porque a súa nai estrañaría aos avós e non entrarían todos no ascensor de cristal. Pero Wonka di que si é posible, así que recollen a toda a familia, métena no ascensor de cristal e vanse todos a vivir á fábrica. Despois da lectura do libro o alumnado traballou a súa comprensión a través de diferentes actividades:
|
||||||||||||||||||||||||||||
A folla azul |
O Clube de lectura de 5º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como segundo libro “A folla azul” de Andrea Maceiras da editorial Xerais. LIBRO 2º: A folla azul de Andrea Maceiras da editorial Xerais. O libro foi traballado nos meses decembro, xaneiro e febreiro do curso escolar 2021/2022 e conta a historia da Amazonia que é un mundo verde e único. Tamén é o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Algunhas delas manteñen relación coa civilización, mentres que outras decidiron permanecer voluntariamente ocultas no corazón da selva contando a historia de de Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde. Na selva amazónica do Brasil vive a nena da tribo Tacaré, Husu Aké. A avoa de Husu Aké ten poderes adiviñatorios. Intúe que o home branco chegará ás terras dos Tacaré causando grandes problemas, por iso decide compartir coa neta todos os seus coñece- mentos, incluídos aqueles que adquiriu de nena cando viviu entre os brancos como a lingua portuguesa. O día que os brancos chegan á aldea, a avoa de Husu Aké pídelle á nena que abandone o poboado. Os brancos, portadores de virus descoñecidos para os Tacaré, contaxian a poboación. Todos menos a avoa caen enfermos. Cando Husu Aké regresa á aldea, o xefe noméaa guerreira para que parta en busca de axuda aos habitantes do poboado. A nena, tras ter a enigmática visión dunha folla azul, percorre os confíns da selva ata dar co home branco. O que alí atopa espántaa. O home branco está a destruír a natureza para conseguir ouro. Por sorte, tamén hai brancos bos. Husu Aké coñece unha familia que a axuda. O pai é médico e canda a nai, que é avoga- da, forman parte dunha ONG cuxo símbolo é unha folla azul. A familia viaxa coa nena á aldea e, grazas aos coñecementos médicos do pai, consegue curar a enfermidade que decimaba a poboación. Husu Aké salvou a súa xente, pero algo nela cambiou para sempre. A nena acabará deixando a aldea para vivir coa familia branca. Alí converterase en avogada e nunha activista polos dereitos dos pobos indíxenas. Despois da lectura do libro o alumnado traballou a súa comprensión a través de diferentes preguntas e temática:
Actividades Antes da lectura
Despois da lectura
As actividades realizadas durante o 11 de decembro de 2021 e o 3 de febreiro de 2022 concluíron coa realización dos debuxos sobre o conto así como a visita da autora, Andrea Maceiras. No mes de febreiro tivemos un encontro con Andrea Maceiras, autora deste libro.Na seguinte ligazón recollemos esta actividade: |
||||||||||||||||||||||||||||
Hora de ler en 6º de EP. en inglés |
Tomando como punto de partida o libro “Caring for our planet”, desenvolvemos as actividades previas, durante e posteriores á lectura, tal e como se recollía na programación de inicio de curso. Como todos os proxectos teñen vida propia, este evolucionou cara á celebración dun cumio polo clima como remate da actividade. O desenvolvemento completo das accións levadas a cabo na Hora de Ler pódense seguir no enlace: |
||||||||||||||||||||||||||||
Día do punto | |||||||||||||||||||||||||||||
Elaborando o libro de receitas para o Día da alimentación |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »