Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Día da biblioteca 2014 |
O 24 de outubro, como non podía ser doutro modo, celebramos no noso centro o Día da Biblioteca dun xeito moi especial. O alumnado de 5º e 6º curso de Primaria representou na biblioteca unha obra teatral que nos recordou os PDIs (Proxecto Documental Integrado) que realizamos en anos anteriores i en que vai consistir o que imos realizar este curso: "Mergúllate nun mar de números". Para a presentación do proxecto contamos coa actuación estelar da galiña Turuleta, que será unha das protagonistas deste PDI. A continuación o alumnado de 1º curso de Ed. Primaria fixo entrega á Biblioteca dun libro de poemas realizado por eles durante o tempo destinado á Hora de ler. O título do libro é "O fafarrún" i esta baseado no poema orixinal de Gloria Sánchez. Asemade, presentaron á toda a comunidade educativa o estreno da curta que fixeron sobre o libro "O fafarrun". Moitos parabéns para estes "pequenos" grandes artistas!! A mestra responsable do EDL (Equipo de Dinamización Lingüística) presentounos a exposición sobre tradición oral galega, na que participou libremente a comunidade educativa, e que está nos corredores do centro para ser visitada. Fixemos entrega das mochilas viaxeiras aos respectivos titores para que o alumnado as leve as súas casas para compartir lectura, en tempo de lecer, coas súas familias. Outra das actividades realizadas foi a entrega do carné de biblioteca aos novos lectores do centro. Tamén agasallamos con carnés de Honra aos mestres en prácticas, á auxiliar de conversa de inglés e aos donantes de agasallos para a biblioteca. Para rematar, un dos alumnos de 5º curso de Ed. Primaria fixo unha doazón altruísta de libros para a biblioteca. Desde aquí animamos a toda a comunidade educativa a seguir o mesmo exemplo con aqueles libros que sexan adecuados ás idades do noso alumnado e que quizás, por diversos motivos, non lles sexan de utilidade nas súas casas.
Galería de imaxes das actividades realizadas
|
Mergúllate nun mar de números |
Este curso, a Asesoria de Bibliotecas Escolares propuxo como tema de traballo o mundo das matemáticas. Desde a biblioteca do noso centro, animámonos a volver realizar un proxecto documental que estea en sintonía coa temática suxerida pola Asesoría. Despois de reflexionar e deliberar sobre os contidos a traballar, ao longo do curso, no PDI, o Equipo de Biblioteca elixiu o seguinte título: "Mergúllate nun mar de números". O PDI foi presentado, a toda a comunidade educativa, o Día da Biblioteca e utilizamos para a ocasión unha representación teatral moi orixinal, que foi interpretada espectacularmente polo alumnado de 5º e 6º curso.
Galería de imaxes coa ambientación que realizamos nas aulas e corredores en relación ao PDI "Mengúllate nun mar de números".
|
Lendas de Nadal |
Son moitas as lendas e crenzas que fan referencia á celebración do Nadal nas distintas partes do mundo. Nesta sección pretendemos facer unha recopilación de moitas destas lendas sobre o Nadal.
|
Finalistas no concurso "Ciencia que conta" |
A alumna do noso centro, Camino Alonso Fuente, foi finalista no concurso "Ciencia que conta" co seu traballo titulado "Néfele, a raiña das nubes" conto realizado como actividade de investigación creativa e orixinal, no proxecto de Meteoescolas. Se premedes no título podedes ler o conto orixinal, así como os do resto dos compañeiros. Na sesión de información que realizaron os alumnos de 6º curso, sobre o programa que están a desenvolver en Meteoescolas, a finalista, fíxonos unha lectura da súa obra.
Moitos parabéns!!! |
Recomendacións lectoras para o Nadal | |
Formación no Terceiro Ciclo de EP | |
O Super de Leo |
O alumado de 4º curso creou un supermercado na súa aula que lles servirá para realizar diversas actividades das programadas no proxecto documental integrado "Mergúllate nun mar de números". Unha das actividades que máis lles gustou foi a de ir de compras ao super a mercar diferentes produtos alimenticos segundo o orzamento que se lles facilitou. Galería de imaxes |
San Valentín | |
Día da Poesía 2015 |
A celebración do Día da poesía no noso centro durou máis dunha semana. Ao longo deste tempo realizamos múltiples actividades co fin último de fomentar o gusto e a lectura de poesía. Unha das principais actividades foi a realización dun obradoiro/concurso de poesía onde todo o alumnado do centro que traía unha poesía (inventada, copiada, con axuda dos pais,...) recibiu un agasallo. Colgamos na entrada do centro un cartaz "Se un agasallo queres ter, poema has de traer" para motivar aos nenos/as. No tempo destinado á Hora de ler traballamos lecturas de poemas e fixemos actividades variadas. Realizamos unha exposición no centro das poesías feitas polo alumnado. O propio día da poesía, que o celebramos o venres 27 de marzo, todo o alumnado e profesorado asistiu na biblioteca a un fantástico recital de poemas, onde os alumnos e alumnas de Educación Infantil recitaron unha poesía "Chegoua primavera" e adiviñas de contidos matemáticos relacionadas co PDI. Unha vez finalizado o recital,os alumnos e alumnas foron ás aulas, onde os seus titores lle deron o agasallo a todos os que fixeran a poesía. Para rematar, formamos grupos de dúas clases para ir ver a exposición das poesías. Cada grupo amosoulle ao outro grupo as súas poesías, recitando os que quixeron en voz alta os seus poemas. |
Un selo para Ourense |
O 21 de abril a alumna do noso centro, Yadira Gabarri Vázquez, acudiu ao Auditorio Provincial de Ourense para recoller o premio recibido no concurso de debuxo “Un Selo para Ourense”, que organizou a Concellería de Educación en colaboración con Correos. Hai que destacar o traballo presentado por Yadira, xa que segundo os membros do xurado da Organización o nivel amosado nesta edición, por todos os participantes ,foi moi alto, tanto en número como en calidade. Moitos parabéns para Yadira!! |
Concurso "Falando de solidaridade" |
O venres 15 de maio, asistimos á entrega de premios do II Concurso de debuxo, conto e relato “Falando de Solidariedade” convocado polo CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía no que resultou finalista na Categoría de Infantil unha alumna do noso colexio: Emma De Lorenzo Viljanen. Nesta edición do concurso o tema eran historias solidarias en tempos de crise, no que o alumnado como protagonista fundamental do noso sistema educativo debía falar de valores como axuda, apoio, amizade, respecto, integración e compañeirismo entre outros. Durante o acto puidemos desfrutar do Contacontos “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa” da compañía TEATRO CALAVERA, do concerto na Colexiata de Najla Shami con Héctor Lorenzo acompañandoa ca guitarra e a actuación de “As Maimiñas” que amenizaban a merenda popular no patio das escolas vellas. Moitos parabéns para Emma e para o CEIP Padre Crespo pola excelente organización do evento. |
Weather in Denver |
Ao longo do curso, na área de inglés estivemos recollendo información do tempo metereolóxico que facía en Denver, USA. Como actividade final a esta experiencia, fixemos de "homes e mulleres do tempo", meteorologos, cunha presentación en inglés ante os nosos compañeiros do cole. No seguinte vídeo podedes observar que temos futuro nos telexornais para explicar o tempo. Tal cual familiares do Pemán!! |
Proxecto documental integrado |
Neste libro recollemos parte do traballo desenvolvido ao longo do curso 2014/2015 no PDI "Mergullándonos nun mar de números". Asemade indicamos que a recopilación das actividades está organizada segundo indica a II Convocatoria de concurso de proxectos que convocou a Consellería de Educación. A ver se hai sorte!!
|
Traballando con climogramas |
Ademais de construír o climograma do no cole cos datos recollidos na estación meteorolóxica ao longo de todo o curso 2014/2015, o alumnado na Hora de ler consultou distintas páxinas web para observar e comparar climogramas de lugares con climas distintos: Reikiavic. Dubai, Helsinki, Dakar, bos aires. Asemade construiron climogramas das catro capitales de provincia galegas cos datos que recolleron ao longo do curso no xornal La Voz de Galicia. |
Refraneiro popular |
Ao longo de todo o cuso recopilamos refráns relacionados co tempo ou meses do ano.
Os alumnos e alumnas de 6º curso ilustraron os mesmos con explicacións sobre o seu significado. Salientamos que os refráns relacionados co mar foron proporcionados polo alumno de practicas, natural de A Guarda.
Con todos os refráns creamos un álbum ilustrado que pasou a formar parte dos fondos da bibliotea:
Galería de imaxes
|
Lendas | |
Lenda do corvo e o gavilán |
Ao longo do mes de novembro o alumnado de terciro e cuarto traballou esta fermosa lenda sobre o corvo e o gavilán
Fai moito tempo, todas as aves que vivían na terra eran de cor branca. Parecíanse tanto unhas ás outras que, a veces, as nais non podían recoñecer as súas cativas. Un día, un listo gavilán pensou que o mellor era colorear as súas plumas con tintas feitas con herbas. El pintou a súa plumaxe de marrón. Tamén pintou ás demais aves coas cores que elas quixeron, vermello, verde, cores variadas... Pola noite o gavilán estaba esgotado e foise a durmir. De súpeto, alguén chamou a súa porta. Era un corvo que quería que lle pintasen tamén as plumas. O gavilán non quería facelo, porque estaba moi canso, e díxolle que volvese mañá, pero o corvo enfadouse moito e tivo que pintarlle as plumas, e como estaba tan canso, logo de acabar, envorcou un vaso de tinta negra, sen querer, enriba do corvo. Desde entón, o corvo é de cor carbón e persegue ao gavilán sen descanso. RECURSOS EDUCATIVOS
|
Xoves de comadres 2016 |
O xoves, 4 de febreiro, o alumnado de 1º curso de Ed. Primaria participou na celebración do xoves de comadres que organizou a Concellería de Educación e animou a fabulosa "Sabela". Nas semanas previas, realizamos un obradoiro de elaboración de comadres e compadres que se desenvolveu na biblioteca do centro. Foi unha mañá moi especial xa que a maioría dos asistentes do noso centro era a 1ª vez que participaban nesta festa que abre o Entroido en Ourense. Pasámolo xenial, a pesar de que ningún de nós conseguiu salvar a súa comadre... todas acabaron escachizadas nas no solo da Praza Maior de Ourense. A prensa recolleu a nova nas súas edicións: Para o próximo ano volveremos!!! |
Tonecho de Rebordechao |
Na primeira semana do mes de febreiro o alumnado de 6º curso de Ed. Primaria realizou un novo concurso de animación á lectura sobre a obra de Breogán Riveiro titulada "Tonecho de Rebordechao". Esta obra recibiu o Premio Raíña Lupa 2004 da Deputación da Coruña. O libro conta as aventuras dun neno: Tonecho, o único pequeno da súa aldea. Rebordechao é unha aldea que queda alá por...chegando á... O certo é que non é doado atopar Rebordechao, nen sequera aínda que a busques. Neste lugar perdido vive Tonecho, o neno máis bo e máis guapo, o mellor de to
|
Só por hoxe |
No día de San Valentín, despois de traballar a Lenda de San Valentín recitamos o poema titulado "Só por hoxe". |
24 de febreiro, Día de Rosalía |
O pasado 24 de febreiro conmemoramos o aniversario de Rosalía coa realización de diversas actividades:
|
VII certame "Deseña unha xoia para a túa nai" |
Tres alumnos de Ed. Infantil de 3 e 4 anos do noso centro resultaron seleccionados como finalistas do VII certame "Deseña unha xoia para a túa nai", que organiza o Colexio Oficial de Xoiarías, entre os case 8.600 deseños presentados ao concurso de toda Galiza. Entrega de diplomas en Santiago aos finalistas. |
A miña avoa é total |
Dispostas, xoguetonas, divertidas, cheas de paciencia e de sabedoría? As avoas son unha continuación das mamás e dos papás, son un gran apoio en todo e para todo e adórannos sempre!!! Avoa é un nome redondo, grande e fermoso, como a persoa que o leva. Avoa son xogos e risas e comidas ricas. Avoa é sentir calorciño e amor. E tardes contando historias interminables, lendo contos, cantando panxoliñas ou facendo biscoitos. Avoa é durmir xuntiños e facer manualidades e pintar debuxos expresionistas a papá e mamá. Porque elas son capaces de sacar a forza dun león cando quererían botar unha cabezadiña, de darvos a comida cando aos demais acabóuselles a paciencia, de atopar o xoguete que máis vos gusta aínda que haxa que percorrer unha cidade enteira. Por amor a ese ser pequeniño, que a converte a ela tamén nun pouco nena, son capaces de todo. A familia pode ser marabillosa na miña AVOA É TOTAL. Na seguinte galería de imaxes observaredes como o alumnado de 4º e 5º de Ed. Infantil percibe ás súas avoas |
Dedicatoria de Fran Alonso |
O polifacético escritor Fran Alonso adicounos nas VII Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia que se desenvolveron no mes de novembro en Santiago de Compostela, o último dos seus traballos destinado ao público infantil: "Poemas birollos para ler cos ollos". O alumnado de 6º curso, como mostra de agradecemento pola súa atención, dedícalle un poema recitado desde o recanto de lecer da nosa biblioteca... esperamos que lle guste.
Nova na páxina de Edicións xerais
A editorial Xerais publicou na súa web unha nova sobre a interpretación que fixemos do poema de Fran Alonso. |
Concerto de Nadal: "Estación Nadal" |
A Concellería de Educación celebrou o Nadal cos alumnos e alumnas máis cativos e que mellor forma que levando a cabo un concerto que ten por nome "Estación Nadal" a cargo do recoñecido grupo "Mamá Cabra". As profes dixéronnos que só hai 4 estacións: primavera, verán, outono e inverno. Pero é mentira. Hai una máis e chámase Estación Nadal. É a máis divertida do ano, porque é tempo de agasallos pero tamén de cancións e de vacacións e de galdrumadas e de... en fin, de todas as cousas boas que ten a vida. Mamá Cabra quixo cantarlle á Estación Nadal. Escribíronlle unha carta aos Reis Magos e eles contestaron. Pediron unha morea de cousas, entre outras, que o recreo dure máis tempo. E todo iso, cantando. A que presta a Estación Nadal? Foi espectáculo cheo de diversión no que houbo moitas sorpresas… Pasámolo xenial!!! |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »