Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Auga Máxica |
O alumnado de 3º de Ed. Pprimaria traballou o poema Auga Máxica de Carlos Fontes do poemario Versos con flor.
> |
Supersaudables |
O 2021 é o Ano Internacional das Froitas e das Verduras e, aproveitando o tema da saúde na materia de Ciencias Naturais, o alumnado de 4º de Educación Primaria indagou sobre estes alimentos así como sobre os hábitos saudables da man das persoas amigas nosas chamadas Supersaudables. Durante dúas sesións acudimos á biblioteca do cole para buscar información sobre a froita ou hortaliza coa que traballou cada alumno. Posteriormente, agrupamos esa información con fotos e debuxos e elaboramos un menú equilibrado. Por último, expuxemos o traballo realizado ao resto da clase, e establecendo un debate sobre o tema. |
Se fose sinxelo, lerían outros. |
O mércores, 28 de abril recibimos no noso centro a visita do General Jefe de la Brilat, Excmo. Sr. General de División don Luís Cortés Delgado, acompañado polo Coronel Jefe de la Delegación de Defensa de la provincia de Ourense, Ilmo. Sr. don Gustavo Doncel Paredes, o Suboficial Mayor del Cuartel General de la Brilat don Manuel Fariña Martínez e a Cabo Primera dona Ana Alonso Solla. Uníronselles o Sr. Inspector Xefe da Consellería de Educación de Ourense, don José Fisteos Suengas e a secretaria territorial de la Delegación de la Xunta en Ourense, dona Silvia Dorado Morales. A visita tivo lugar como recoñecemento ao proxecto escolar desenvolvido polos alumnos/as de 2º E. Primaria, titulado “SI FUERA FÁCIL, LEERÍAN OTROS”. As novas sobre a proxecto e o premio xa foron publicadas nesta web do centro. Queremos dar as máis efusivas grazas aos membros do Exército de Terra que se desplazaron ata o centro por considerar que somos merecedores do premio e a interese que amosaron polo noso proxecto. Así mesmo, a consideración e axuda, vía telefónica, na organización do acto, do Comandante Ponce de León e o Subteniente García. Unha vez máis, sentimos un profundo orgullo polo traballo, interese, e bo comportamento dos nosos alumnos e alumnas. Espertar a curiosidade nos nenos/as, fomentar o coidado medioambiental e respecto polos demais, é o que nos motiva, cada día, como mestres/as. O Sr. Director don José Manuel Rego, recibiu de mans do Excmo. Sr. General de división don Luís Cortés, o diploma acreditativo do premio e a metopa da Brilat. Por parte do centro, o Sr. Director fixo entrega ao Exmo. Sr. General de división dun cadro co logo representativo do noso centro, que foi resultado do concurso gañador de logos do centro xa hai algúns cursos. A autora é María Villarino López, nai dun alumno deste grupo de 2º E.P. A cabo primero, dona Ana Alonso, membro da Campaña Antártica tempo atrás, contoulles aos nenos/as como é a vida na Base Gabriel de Castilla e contestou as preguntas que os nosos/as alumnos/as lle formularon. Amosounos dúas imaxes que nos encheron de ledicia: o poste onde se indica a distancia que hai do noso cole ata a Antártida e un segredo que compartimos con vós: na Antártida hai unha nova especie de pingüinos, os SUEIRIÑOS. Os/as peques entregaron á Cabo unha camiseta co logo do cole e coa impresión da foto do seu proxecto. Ademais dos agasallos para o centro, os alumnos/as recibiron unha mochila cunha gorra e cores para continuar viaxe no mundo do coñecemento e aprendizaxe. Unha vez máis, GRAZAS aos nosos invitados e NORABOA, grupo de 2º E.P. A prensa fíxose eco desta nova: |
Formación de usuarios |
|
Auga, cada pinga un tesouro |
Comezamos a nosa colaboración con UNICEF o curso pasado, cando grazas á súa campaña de vacinas para a paz, convertémonos en axudantes dunha vacinación tan necesaria. Este curso, de novo, desenvolvemos algunhas actividades a prol do medio ambiente, con materiais facilitados por UNICEF. Do 25 de outubro ao 5 de novembro, temos no cole a disposición da comunidade educativa unha exposición de 10 paneis que axuden a tomar conciencia da necesidade de non malgastar auga, e entender que a mesma é fonte de vida. Cada curso debateu sobre o que a exposición lles facía sentir e reflexionou sobre a mensaxe. Ao longo da semana, cada un dos nenos e nenas escribirá nunha pinga de auga as súas reflexións sobre a exposición, co fin de elaborar un libro colaborativo sobre o tema. Enviaremos a actividade ao comité de UNICEF en Galicia ao remate da mesma, agradecéndolles que nos faciliten os materiais dos que dispoñen, no nome de Marta Andrade Blanco. |
A pinga Sueiriña |
A nosa pinga pirata xa viaxa no seu barco cara a aqueles lugares nos que a falla de auga potable non deixa espazo para unha vida digna. Todos aqueles que quixeron, nenos e nenas, mestres e mestras, mestras en prácticas, auxiliar de conversa, coidadoras, conserxe, ..., todos nós demos forma ao libro “A PINGA SUEIRIÑA”, plasmando os nosos pensamentos e mellores desexos para acadar un mundo máis xusto e sostible. En galego, castelán, inglés e francés, A Pinga Sueriña transporta ese valioso tesouro que é a AUGA. O libro físico, elaborado por todos e todas nós, xa vai cara ao Comité UNICEF en Galicia. Este non é o fin do proxecto que iniciamos coa exposición “AGUA, CADA GOTA UN TESORO”, facilitada por UNICEF, e seguemos coa conmemoración do día internacional contra o cambio climático. É o rumbo que leva o noso barco pirata coa Pinga Sueiriña ao seu timón. QUE OS VENTOS NOS SEXAN PROPICIOS!
PREME PARA VER O LIBRO A TODA PÁXINA |
Exposición 25N na biblioteca |
Ao longo do es de novembro na biblioteca estiveron expostos libros e contos sobre a violencia de xénero para levar para a casa. A lectura en familia é unha forma de educar sobre a violencia de xénero e a igualdade. Moitas veces cústanos falar cos nosos fillos e fillas sobre algúns temas, abordalos dende as lecturas pode axudarnos a reflexionar xuntos e favorecer a comprensión. Pensar no 25 de novembro implica coñecer a importancia de comezar a educar en valores de igualdade dende cedo. |
Buscamos nova mascota para a biblioteca | |
Se eu tivera una púa |
O alumnado de 2º de Educación Primaria seguimos desfrutando das nosas historias favoritas e, nesta ocasión, foi a quenda de Carlota quen escolleu o libro “Se eu tivera unha púa” de Eva Clemente para contarllo ao resto da clase. O seu protagonista, Pepincho Repúa, quere atopar amigos cos que xogar. Pero canto estás disposto a pagar para tentalos conseguir? Un raposo con peculiares afeccións, un can moi presumido, unha aguia que non merenda, un sapo que soña con coroas... Estes son algúns dos personaxes que atopará este entrañable ourizo no seu camiño polo bosque. Unha viaxe cargada de aprendizaxe que che levará a descubrir o que é a autoestima e o importante que é aprender a coidarse e dicir que non de cando en vez. |
O Segredo dos Franciscanos |
O martes 8 de febreiro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria acudiu ao Arquivo Provincial para realizar un obradoiro de escritura medieval. A saída do centro foi ás 9,25 horas e despois de camiñar 20 minutos chegamos ás portas do Arquivo histórico de San Francisco onde nos estaban agardando para a comenzar a realización de dous obradoiros: escritura medieval e visita ao Claustro de San Francisco. O obradoiro, consistiu en descubrir os diferentes materias que se utilizaban para a escritura, así, vimos os pergameos, papiros e papel e os útiles como as plumas, plumis,... Ao rematar, démonos conta da dificultade que tiñan os nosos antepasados á hora de escribir e o difícil que é non mancharse. O segundo dos obradoiros consistiu na visita ao Claustro de San Francisco e ao arquivo histórico onde nos ensinaron non so as marabillosas columnas senón a historia do Convento de San Francisco. Antes de rematar a visita estivemos vendo uns libros moi antigos. A visita foi impresionante... e a verdade... tal e como dicía Breogán... hoxe foi unha clase de historia ben distinta... A actividade rematou cun percorrido pola cidade de Ourense ata chegar ao colexio, visitando: Praza da Magdalena, Concello de Ourense, Oficina de Turismo, Parque de San Lázaro onde vimos por fóra onde trouxeron a igrexa de San Francisco e ás 13,45 chegamos ao colexio. |
Xogando ao atletismo. |
O 10 de febreiro participamos na proba comarcal de Xogando ao atletismo que organizou a agrupación deportiva As Brurgas dentro do programa Xogade. O alumnado de 2º e 3º de Ed. Primaria dun total de oito colexios da cidade de Ourense realizamos unha xornada de convivencia deportiva na pista cuberta de atletismo de Expourense. Unha forma lúdica de iniciarse no atletismo con equipos mixtos compostos por cinco deportistas que realizan probas de velocidade, lanzamento, triple salto, axilidade, relevos, … adaptados á súa idade. A maioría do alumnado era a primeira vez que participaba nunha proba deportiva destas características, polo que estiveron moi emocionados ao longo de toda a xornada. O mellor momento de alegría foi cando recibiron unha medalla de ouro polo esforzo e compañeirismo mostrado nas diferentes probas. Estamos desexando ser invitados para participar na xornada provincial que se celebrará nos próximos meses.
|
Xoves de Comadres |
Tan só unha semana despois da celebración do Xoves de Compadres, as mulleres preparáronse para tomar o mando do entroido no CEIPP Manuel Sueiro, todo isto no medio dun gran ambiente festivo no que participou todo o alumnado e persoal do centro. A celebración serviunos como ensaio para a preparación do desfile que terá lugar o venres de Entroido polas rúas do centro de Ourense. |
Pescudando sobre a reciclaxe |
Para realizar esta pescuda de información comezamos motivando ao alumnado coa lectura do lbro dos Bolechas: "Que se bota no contenedor amarelo". Para afondar na temática visionamos o vídeo relacionado realizado por SOGAMA que explica de forma animada como realizar unha correcta reciclaxe. O vídeo facilitouselle ao alumnado cun QR. Unha vez revisadas as formas de reciclar, formamos co alumnado da clase tres grupos, e a cada un repartiuselle un tipo de contenedor: verde, azul e amarelo. ...e aquí comezou o proxecto de investigación que desenvolveron na aula e nos ordenadores da nosa biblioteca. |
Contacontos "Luuume" pola mestra María |
A profe María, do equipo de biblioteca, realizou un contacontos na biblioteca sobre o libro "Luuume!" de Andrea Freire e que está publicado pola Editorial Antela. Misto sempre anda alporizado e, namentres, a vida vai sucedendo. A súa familia e amizades tentarán axudalo pero, serán quen de conseguilo?. Nesta fermosa historia, o protagonista é un pequeno misto que sempre está enfadado, e aprenderá a xestionar a frustración. No mes de maio teremos un encontro coa autora deste libro na nosa biblioteca. |
Pupas, sustos e outros disgustos |
O 27 de abril, os nosos amigos e amigas de "Pupas, sustos e outros desgustos", achegaron ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria, teoría e práctica sobre como actuar ante problemiñas comúns como unha ferida, picadura... e non tan comúns como traumatismos fortes, queimaduras graves ou persoas feridas sen resposta aparente. A TV de Telemiño estivo presente para facer unha reportaxe da actividade. |
Obradoiro de reciclaxe na aula de natureza de Oira |
O 28 de abril de 2022 o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participou no obradoiro que leva por título “Reciclaxe” dentro das actividades realizadas para o PDI. Nel nos ensinaron a importancia do aforro e do consumo responsable. A actividade comenzou cunha pequena exposición na que nos ensinaron a importancia de reducir o consumo, reutilizar e recicla, así como dos diversos contedores nos que depositar o lixo e así poder reciclar (amarelo, verde claro, verde escuro ou marrón, azul, gris, punto SIGRE, de pilas, de luces fluorescentes, de roupa, de aceite e os puntos limpos da cidade de Ourense. Despois dun merecido descanso no que xogamos no parque que se atopa ao carón da Aula da Natureza (Oira) rematamos as actividades de reutilización de materiais convertendo unha oveira nunha tartaruga, un tapón nun tropo e pintando nu lateral da Aula da Natureza a letra “R” que significa: reutilizar, reciclar, reducir, rexeitar e recoller. O regreso ao colexio o fixemos camiñando pola beira do río Miño. Foi unha actividade moi interesante que durou tres horas. |
A árbore das lecturas favoritas |
Os alumn@s de 2º de primaria para conmemorar o día do libro recordamos todos os contos favoritos que lemos durante este curso na hora de ler e no club de lectura e plasmámolos nas ramas da nosa árbore de lecturas. A árbore seguirá medrando e seguiremos gozando de cada unha das follas das maravillosas historias dos contos da nosa biblio. |
Emprego dos medios de transporte |
Durante o mes de xaneiro de 2022 o alumnado de 5º de Educación Primaria afondou no estudo da eficiencia enerxética centrándose na redución das emisións de dióxido de carbono para o cal se levaron a cabo diversas actuacións:
|
Hora de ler en 2º de Ed. Primaria |
O curso escolar 2021/2022, a hora de ler, realizouse todos os días despois do recreo co obxectivo prioritario: Contribuír ao fomento do gusto pola lectura. Obxectivos:
Actividades.
Temporalización. Na hora de ler, que se realizou todos os días despois do recreo, de 12:00 a 12:20 traballamos os seguintes contos: No 1º trimestre: O primeiro conto foi escollido por Marco e elexiu o conto de "Cocorico" e que podedes ver nesta ligazón: O segundo dos contos traballados foi: Grazas. Historia dun rueiro. Outro dos contos escollidos por eles foi a fermosa historia de “Si yo tuviera una púa” que tamén podedes ver no noso blog da biblioteca. Alegría, outra das nenas de 2º elexiu o conto “La paleta de los recuerdos”. A súa protagonista Lucía conta como cada un dos recordos ten unha cor diferente e como a través desas cores viaxa por distintos momentos da súa vida e transmitindolle sentimientos diferentes. Debuxamos a portada do conto e fixemos unha en A3 para facerlle un agasallo a alumna de prácticas que se vai e puxémoslle na paleta da protagonista os nomes dos nen@s de 2º que compartimos con ela moitos momentos. Agradecer a Nerea por traballar co alumnado de 2º o conto de Elmer e aproveitar esa oportunidade para dramatizar o conto con eles. O elefante de cores, de David Mckee, trata dous grandes temas: o respeto hacia o outro dende a aceptación das diferencias, e a importancia de ser auténtico, ser un mesmo, celebrando o ser diferente. Tamén aproveitamos a presentación do noso proxecto das plantas para traballar o conto “Unha árbore”. Alina decidiu plantar unha árbore e todo comenzou a mudar. Ás veces unha pequena decisión é abondo para transformar todo o que nos rodea. Cada neno despois de traballar a comprensión e facer o cálculo de todo o que vai crecendo a través da árbore pedimoslle aos nenos que fixeran a ilustración do conto que máis lle gustara e todos coincidiron con facer a portada (cando alina caba o burato para plantar a súa plantiña) No 3º trimestre: O luns despois do día do libro fixemos un contacontos do conto LUME na bibblioteca. Nesta fermosa historia, o protagonista é un pequeno misto que sempre está enfadado, pero con esforzo aprenderá a xestionar a súa frustración. Neste mes de maio teremos un encontro coa autora deste libro na nosa biblioteca por iso o traballamos antes. Os alumn@s de 2º de primaria para conmemorar o día do libro recordamos todos os contos favoritos que lemos durante este curso na hora de ler e plasmámolos nas ramas da nosa árbore de lecturas. A árbore seguirá medrando e seguiremos gozando de cada unha das follas das maravillosas historias dos contos da nosa biblio. Como conclusión, destacar o motivad@s que estiveron @s nen@s por traballar cos contos que eles elexiron, os seus intereses e o que lle gusta é o éxito da actividade. A valoración foi moi positiva sobre todo no referente ao traballo en equipo cando dramatizan os contos e cando despois van a interpretarllo @s nen@s máis pequenos. |
Luume! |
Durante a metade 2º trimestre, o alumnado de 4º de Educación Primaria traballou o libro Luuume! escrito por Andrea Freire e ilustrado por Laura Miranda Moreno para Antela Editorial. Este álbum ilustrado narra a historia de Misto, achegándonos á súa personalidade. O pequeno Misto está sempre enfadado. Cando sente rabia e malia que o intenta, non consegue controlarse. De feito, cada vez que o embarga a ira, acéndese e prende a chispa. Tanto a súa familia (mamá Pinza e papá Tapón) como as súas amizades (Mestra Nobelo, Resorte, Botón e Parafuso) tentan axudalo, pero mentres Misto non sexa quen de xestionar a súa ira, non poderá autocontrolarse e gozar. Este magnífico álbum presenta – de forma moi atractiva- valores tan necesarios como o autocoñecemento e o autoconcepto, imprescindibles para conseguir a aceptación da propia personalidade e un autocontrol das emocións. Non estamos ante un “típico” libro de emocións, pois tanto historia, como a selección de personaxes (obxectos da vida cotiá), a tipografía e as ilustracións, axudan a achegarse de forma sinxela e motivadora a temas difíciles de explicar e de comprender. Actividade 1: Lectura Lectura individual en voz baixa, lectura grupal en voz alta e lectura grupal dramatizada. Actividade 2: Emocións e autoconcepto Análise do contido da historia para traballar diferentes emocións e ideas como o autoconcepto e mecanismos de autocontrol. Actividade 3: Análise das personaxes Análise das personaxes para chegar ao concepto de autoaceptación das características propias de cada un. Elaboraron un libriño coas personaxes do conto. Actividade 4: Contacontos e taller coa escritora do conto Como actividade final, o alumnado de 4º asistiu a unha sesión na que a escritora do libro veu facer unhacontada. Despois, fixeron un taller sobre “autocontrol” no que traballaron a respiración e o autocontrol e elaboraron á personaxe principal da obra, Misto, con materiais de aproveitamento. |
Outra victoria do Cid: 1º Premio no concurso do exército |
A lenda do Cid Campeador medra con nós. O traballo “DE BASE A BASE E LEO PORQUE ME TOCA”, acadou o pase á Fase Nacional, tras quedar gañadores, por segundo ano consecutivo, na Fase Rexional dos premios do “Concurso de enseñanza Escolar Ejército de Tierra 2022”. Foi un duro traballo desenvolvido polo alumnado de 3º E.P., no que pasamos dos pingüinos da Antártida ao noso pasado mais remoto nas serras de Atapuerca, camiñando tras os pasos do Cid Campeador e poñendo un énfase especial no coidado do medio ambiente como envoltorio de todo elo. Damos as grazas ás mulleres e homes da Base Cid Campeador, así como a todas as persoas que de xeito desinteresado nos apoiaron no proxecto. NORABOA, MINI-CAMPEADORES! Comunicado do premio Diploma do 1º premio Recollida do diploma do 1º premio rexional
|
Reinterpretando a obra de artistas ourensáns |
Na semana na que se celebra o “día dos museos”, a arte chega ao noso colexio. Os alumnos e alumnas pescudaron información e estudaron a diferentes artistas de Ourense para poder versionar as súas obras. A maioría da información sacámola ligazón: Pintores galegos. Estamos feitos uns xenios, e como non!!! , PASÁMOLO XENIAL!!! |
Lendo a ritmo de Hula |
O proxecto hawaiano aínda non rematou, pero elaborar un lei con flores naturais e tecer saias para Nahele e Kailane para bailar a ritmo de hula foi unha das nosas tarefas máis minuciosas e requeriu de toda a nosa concentración. Coas lecturas seleccionadas aprendemos os nomes das illas máis importantes do arquipélago e a historia da súa flag. LE E DANZA CON NÓS! |
Aloha Sueiro, coidamos o Kaiapuni! |
Desde a área de lingua estranxeira, inglés, o noso proxecto inicial de aportación ao PDI de centro, era de inicio “ALOHA SUEIRO”. Como se pode comprobar lendo os apartados anteriores desta memoria, todos os proxectos de área así como a Hora de Ler, xiran arredor da diversidade medioambiental e os problemas e posibles solucións desde a humildade dun centro escolar. Por mor da inclusión das actividades citadas, o proxecto sobre Hawaii non quedou rematado, pero a continuidade o vindeiro curso está asegurada, ampliando os obxectivos. Desde a área de inglés, as actividades que xiraron arredor do proxecto do centro foron as seguintes:
|
Hora de ler en 6º de EP. en inglés |
Tomando como punto de partida o libro “Caring for our planet”, desenvolvemos as actividades previas, durante e posteriores á lectura, tal e como se recollía na programación de inicio de curso. Como todos os proxectos teñen vida propia, este evolucionou cara á celebración dun cumio polo clima como remate da actividade. O desenvolvemento completo das accións levadas a cabo na Hora de Ler pódense seguir no enlace: |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »