Skip to Content

6º Curso

Concerto de Daniel Minimalia

Celebramos a visita de Daniel Minimalia, primeiro galego en gañar un Grammy Latino

O pasado xoves 25 de abril, o CEIP Manuel Sueiro tivo o honor de recibir a Daniel Minimalia, quen fixo historia ao converterse no primeiro galego en gañar un Grammy Latino polo seu álbum instrumental. Durante a súa visita, Daniel cautivounos coa súa música, acompañado da súa inseparable "mellor amiga": ¡a súa guitarra!

Ademais de deleitarnos coa súa arte, Daniel compartiu cos nosos estudantes detalles fascinantes sobre a súa carreira e paixón pola música. Dende unha idade moi nova, a música foi a súa paixón, e todo o que logrou é o resultado dun traballo duro e dedicación. Daniel tamén nos ensinou a importancia de aprender dos fracasos para madurar e crecer como artistas e como persoas.

Unha das leccións máis poderosas que Daniel nos deixou foi a idea de que a música é un poderoso medio de comunicación que transcende as palabras, chegando directamente ao corazón de quen a escoita.

Como unha sorpresa emocionante, un dos nosos propios alumnos tivo a oportunidade de compartir o seu talento musical tocando a guitarra, inspirando a todos coa posibilidade de que entre nós poida estar o próximo gañador dun Grammy.

Esperamos que esta experiencia inspire ao noso alumnado a soñar en grande e a perseguir as súas paixóns con determinación e dedicación.

Grazas, Daniel, por compartir o teu arte e a túa historia con nós!

Colaboración Save the children e UNICEF

Solidariedade no cole!

Mans á obra pola desnutrición infantil e o saneamento da auga!

Durante a semana do 22 ao 26 de abril, o cole únese a Save the Children e UNICEF nunha iniciativa solidaria para recadar fondos para dúas causas cruciais: combater a desnutrición infantil e garantir o acceso á auga potable.

Como podes participar?

  • Decora marcadores de páxinas: Deixa voar a túa creatividade e decora  marcadores de páxinas con motivo do Día do Libro. Os teus deseños venderanse para recadar fondos!
  • Carreira solidaria: Prepárate para unha carreira chea de emoción e compromiso. O venres, corremos xuntos por un futuro mellor nas instalacións da Universidade de Ourense.

Cada xesto conta!

Non importa se es estudante, profesor, pai de familia ou simplemente alguén que quere facer a diferenza. Participa nestas actividades e axúdanos a construír un mundo máis xusto e sostible.

Segue as nosas redes sociais para estar ao día de todas as novidades e non perdas a oportunidade de ser parte desta gran iniciativa.

Xuntos podemos facer a diferenza!

#ColeSolidario #VaveDeChildren #UNICEF #DesnutriciónInfantil #SaneamentoDaAuga #DíaDoLibro #CarreiraSolidaria #Ourense


RECURSOS PARA TRABALLAR NA AULA


COÑECE AS TÚAS INSTITUCIÓNS

coñece

O 9 de abril de 2024, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou a actividade “Coñece as túas institucións” realizando a visita ao Parlamento de Galicia e as dependencias da Xunta de Galicia en San Caetano.

Na visita ao Parlamento de Galicia puidemos ver ao presidente da Xunta Alfonso Rueda na presentación do seu proxecto así como as obras de arte que están expostas ao longo dos corredores, a biblioteca e o salón de Plenos así como ver en directo o pleno de investidura.

Na visita á Xunta de Galicia ensináronnos o edificio no que se pode existe un xardín interior, sala de secretarios e a sala onde traballan os conselleiros e conselleiras.

Para rematar a visita fomos a xantar á Cidade da Cultura.

Foi un día interesante e moi proveitoso... pero sobre todo poder xogar nas instalacións da Cidade da Cultura.

coñece_fotos

 

XOGOS POPULARES

xogospopulares

O xoves 4 de abril de 2023, o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria participou nun obradoiro de xogos populares que desenvolveu “Lito”, da fundación Xaquín Lorenzo, no noso centro dende ás 12:00 ata ás 14:00 horas. Os xogos que realizaron o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria  foron xogos de chave e a rá así como xogos de mesa.

Coma sempre, pasámolo xenial!! Xa estamos agardando a que regrese para unha nova sesión de xogos.

xogospopulares_fotos

ECOPERCUSIÓN

ecopercusion

O xoves 4 de abril realizamos na aula de psicomotriciade do cole o obradoiro de percusión.

A actividade consistiu nunha clase práctica de ecopercusión no que so se empregaron materiais reciclados e outros elementos cotiáns como bidóns, cubos, etc.

Os nenos e nenas aprendemos a reutilizar estes materiais ao mesmo tempo que coñecemos técnicas de agarre e golpeo e patróns rítmicos relacionados a palabras como recurso de fixación.

Creamos poliritmias experimentando con distintos ritmos (afrocaribeños, conga, Batucada…. ).

O produto final do traballo realizado foi unha gran obra que tivo as seguintes partes: introducción, ritmo, cortes e final, que se poden contemplar no vídeo final de máis abaixo.

Foi unha experiencia sensacional onde todo o alumnado e profesorado participante saíu entusiasmado.

ecopercusion_fotos

CONCERTO ALUMNADO CMUS OURENSE.

cms

O mércores 3 de abril 2024 o alumnado do Conservatorio de Ourense (CMUS) ensinou ao nos alumnado diversos instrumentos de corda e vento amosando o ben que tocan.
Foi unha experiencia marabillosa que nunca esquecermos.

cmus_fotos

 

PEM.

PEM

Os centros educativos están sempre cambiando, de distintas formas e por distintas razóns. Só algúns destes cambios ocorren como resultado dun plan de mellora escolar explícito. Os cambios poden non ser consistentes entre si ou co desenvolvemento da inclusión. 

O cambio nos centros escolares transfórmase nunha mellora inclusiva cando está baseado en valores inclusivos. Facer o correcto implica relacionar as distintas prácticas e accións escolares cos valores. Relacionar as túas accións cos teus valores pode ser o paso máis práctico para a mellora do teu centro. A participación implica aprender, xogar ou traballar en colaboración con outros. Trátase de poder facer eleccións e de ter algo que dicir sobre o que facemos. Más profundamente ten que ver con ser recoñecido e aceptado por nós mesmos. 

Os cuestionarios poden ser utilizados para impulsar o traballo dos profesores, equipo educativo e estudantes nos aspectos que desexen mellorar no seu centro escolar. Tamén poden axudar a incorporar a un amplo grupo de persoas na análise do que está a pasar e de como melloralo. O máis adecuado sería integralos como parte dun diálogo permanente que afiance a participación de toda a comunidade escolar (equipo educativo docente e non docente, directivos, pais/titores, estudantes e novos e outras persoas involucradas no centro escolar). 

O cuestionario 1 poderá ser de maior utilidade para o equipo educativo e directivo. Os pais e os estudantes que presentan interese na forma en que están estruturados os indicadores e como se conectan coas preguntas, pódense incorporar ao proceso para xerar maior compromiso cos materiais do Index. 

O Cuestionario 2 é para os pais/titores. 

Os cuestionarios 3 e 4 son para os estudantes. 

A linguaxe no cuestionario 3 busca ser próximo para os estudantes maiores, de calquera xeito a linguaxe pódese cambiar para que sexa próximo aos nenos. 

O cuestionario 4 foi adaptado para o seu uso con estudantes máis pequenos.

Cuestionario I. Indicadores.

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/fpR7DZpys2YNrgEM

Cuestionario 2. Familias. 

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/yRwm6ExoSeGsRT72 

 Cuestionario 3. Mi centro escolar. Alumnado 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria.

 https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/CGRDrsxPekLgoLGa 

 Cuestionario 4. Mi colegio. Alumnado 1º y 2º Ed. Primaria. 

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/c3fHF86397bdf4yq 

 

DÍA DA POESÍA.

Un roteiro literario polo patio do cole

O pasado 22 de marzo, o noso colexio encheuse de versos e aromas primaverais coa celebración conxunta do Día da Poesía e da Árbore. Nesta ocasión, quixemos unir ambas efemérides nunha actividade orixinal que fusionou a creatividade poética coa apreciación pola natureza.

Ao longo da semana previa ao evento, cada curso do colexio embarcouse na emocionante tarefa de crear un poema dedicado a unha das árbores que adornan o noso patio. Desde o maxestosa senlleira sobreira, emblema do noso centro, até os coloridos rosais do espazo rosaliano, cada árbore converteuse en musa inspiradora para o noso alumnado.

Os poemas resultantes foron recopilados nun gran cartaz en forma de libro, titulado "As árbores do Sueiro", situado no corredor que conduce á biblioteca. Este mural converteuse nun espazo de encontro entre a literatura e a natureza, un lugar onde as palabras e as follas únense para celebrar a beleza da nosa contorna.

As árbores do Sueiro

O 22 de marzo, a maxia cobrou vida cun roteiro literario polo patio. Guiados polos seus mestres e mestras, o alumnado de cada clase percorreu as diferentes árbores, recitando con entusiasmo os poemas que tiñan creado e traballado na aula. Os versos resoaron entre as ramas, enchendo o aire de sensibilidade e emoción.

O roteiro tivo o seguinte itinerario:

O broche de ouro púxoo a chegada ao espazo rosaliano, onde toda a comunidade educativa se reuniu para escoitar a recitación do poema "Dicen que no hablan las plantas" de Rosalía de Castro. Rodeados de rosais a punto de florecer, as palabras da poetisa galega resoaron con especial forza, recordándonos o poder transformador da poesía e a beleza da natureza.

Esta iniciativa, que combinou aprendizaxe, creatividade e conexión co entorno natural, foi un éxito rotundo entre o alumnado e profesorado. Celebramos a unión da poesía e a árbore nun día memorable que nos brindou a oportunidade de explorar a beleza do linguaxe e a importancia de coidar o noso medio ambiente.

Parabéns a todas as persoas participantes pola súa creatividade e entusiasmo!

PLAN VIXIA. CONSUMO DE DROGAS.

plan_vixia

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou o martes 19 de marzo a terceira das sesións do Plan Vixía organizado pola concellería de Sanidade de Ourense sendo unha iniciativa que promove a prevención e a promoción da saúde entre a mocidade. 

A terceira das sesións centráronse no consumo de sustancias relacionadas coas drogas, tanto legais como ilegais e a problemática para a saúde sobre todo na dependencia das mesmas.

plan_vixia

Celebración do Día da alegría

 

O Día Internacional da Felicidade enche de cor o noso colexio!

O 15 de marzo, adiantamos a celebración no noso colexio do Día Internacional da Felicidade cunha iniciativa, organizada polo EDL en colaboración co equipo de biblioteca, chea de creatividade e cor: unha galería de arte con cartaces alegóricos realizados por cada un dos nosos alumnos e alumnas.

A actividade, enmarcada no proxecto de inclusión do centro, convidou aos estudantes a reflexionar sobre o que lles fai máis felices. Desde pequenos detalles cotiás ata grandes soños e aspiracións, os carteis plasmaron a diversidade de emocións e experiencias que conforman a felicidade para cada neno e nena.

Familias, profesores e persoal do centro poden desfrutar da exposición, que encheu de ledicia e positividade os corredores do colexio. Os nenos e nenas orgullosos e orgullosas das súas obras, explicaron con entusiasmo as súas creacións e compartiron cos seus compañeiros que lles fai sorrir.

Esta iniciativa non só fomentou a creatividade e a expresión artística do alumado, senón que tamén reforzou a importancia da felicidade como un valor fundamental na vida.

Parabéns a todos por unha celebración chea de cor e ledicia!

Distribuir contido


by Dr. Radut