Skip to Content

6º Curso

PATIOS INCLUSIVOS.

No curso escolar 2023/2024 o Comité de Participación Infantil do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro propuxo como aspecto de mellora realizar cambios nas horas de lecer do noso alumnado establecendo espazos inclusivos pensados para ser accesibles e acolledores para todo o alumnado, independentemente das súas capacidades ou necesidades especiais. Nun espazo coma este o obxectivo é que todo o alumnado poida participar e gozar das actividades en igualdade de condicións, para elo habilitamos as seguintes zonas cos seguintes xogos. 


1º) Zona de xogos na pavillón de Educación


patios_pavillon

Os xogos que se realizaron ao longo do cuso escolar estiveron dirixidos polo profesorado responsables dos patios de xogo buscando que o alumnado se relacionase e colaborasen entre eles. 

patios_pavillon

Os xogos que configuramos para o alumnado están centrados no traballo en equipo e na inclusión podendo xogar todos e todas usando os pictogramas como elemento de explicación. Estos son os xogos. 

ACTIVIDADE 1: AS XOANIÑAS

patios_1MATERIAIS NECESARIOS
Caixa coas pezas de madeira que forman as xoaniñas  (Cada xoaniña está formada por dúas partes simétricas).

DESENVOLVEMENTO
1.    Repartimos a todos os nenos e nenas que están no patio as pezas que forman a xoaniña.
2.    Teñen que buscar por todo o patio a outra mitade igual que forma a xoaniña.
3.    Os menos/as deben ir a mostrar aos mestres a xoaniña completa.

Actividade 2. AS CARAS.

act_2

MATERIAIS NECESARIOS
Caixa coas tarxetas que forman as caras.

DESENVOLVEMENTO
1.    Repartimos a todos os nenos e nenas que están no patio as tarxetas que forman una cara.
2.    Teñen que buscar por todo o patio a outra mitade igual que forma a cara.
3.    Os nenos/as deben ir a mostrar aos mestres a cara completa.

Actividade 3. OS ANIMAIS.

act_3

MATERIAIS NECESARIOS
Caixa coas tarxetas que forman os animais.
Bolsillo taboeiro colgante.

DESENVOLVEMENTO
1.    Repartimos a todos os nenos e nenas que están no patio as tarxetas que forman un animal.
2.    Teñen que buscar por todo o patio as outras partes que coincidan para formar un animal.
3.    Os nenos/as deben ir a mostrar aos mestres o animal completo e colocalo nos bolsillos taboeiros que están pendurados dunha das paredes do patio.

Actividade 4. Fatasílabas de animais.

act_4

MATERIAIS NECESARIOS
Caixa coas tarxetas que forman os animais e os seus nomes.
Bolsillo taboeiro colgante.

DESENVOLVEMENTO
1.    Repartimos a todos os nenos e nenas que están no patio as tarxetas que forman un animal e o seu nome.
2.    Teñen que buscar por todo o patio as outras partes que coincidan para formar un animal.
3.    Os nenos/as deben ir a mostrar aos mestres o animal completo e colocalo nos bolsillos taboeiros que están pendurados dunha das paredes do patio.

Actividade 5. AS SÍLABAS.

act_5

MATERIAIS NECESARIOS
Tarxetas co debuxo e ocos para colocar as sílabas.
Pezas coas sílabas soltas.
Bolsillo taboeiro colgante.

DESENVOLVEMENTO
1.    Repartimos a todos os nenos e nenas que están no patio as tarxetas tanto do debuxo coma das sílabas soltas.
2.    Teñen que buscar por todo o patio as outras partes que coincidan para formar una palabra.
3.    Os nenos/as deben ir a mostrar aos mestres a palabra completa e colocala nos bolsillos taboeiros que están pendurados dunha das paredes do patio.

Actividade 6. OS MOUNSTROS.

act_6

MATERIAIS NECESARIOS
Caixa coas tarxetas cos monstruos.
Definición relacionada con cada monstruo.
Bolsillo taboeiro colgante.

DESENVOLVEMENTO
1.   
Repartimos a uns as tarxetas cun monstruo e a outros a definición.
2.    Teñen que buscar por todo o patio o monstruo que coincida coa definición.
3.    Os nenos/as deben ir a mostrar aos mestres o monstruo completo e colocalo nos bolsillos taboeiros que están pendurados dunha das paredes do patio.

Actividade 7. OOBXECTO-DEFINICIÓN.

act_7

MATERIAIS NECESARIOS
Caixa coas tarxetas cos obxectos.
Definición relacionada con cada obxecto.
Bolsillo taboeiro colgante.

DESENVOLVEMENTO
1.    Repartimos a uns as tarxetas cun obxecto e a outros a definición.
2.    Teñen que buscar por todo o patio o monstruo que coincida coa definición.
3.    Os nenos/as deben ir a mostrar aos mestres o obxecto completo e colocalo nos bolsillos taboeiros que están pendurados dunha das paredes do patio.

ACTIVIDADE 8: LETRA-FOTO

patios_8

MATERIAIS NECESARIOS
Caixa coas tarxetas cos obxectos e coas letras.
Bolsillo taboeiro colgante.

DESENVOLVEMENTO
1.    Repartimos a uns as tarxetas cun obxecto e a outros as tarxetas coas letras inicial.
2.    Teñen que buscar por todo o patio as tarxetas que coincidan.
3.    Os nenos/as deben ir xuntos a mostrar aos mestres o obxecto coa súa inicial e colocalo nos bolsillos taboeiros que están pendurados dunha das paredes do patio.

ACTIVIDADE 9: OS CONTRARIOS

patios_9

MATERIAIS NECESARIOS
Caixa coas tarxetas cos conceptos e os seus contrarios.
Bolsillo taboeiro colgante.

DESENVOLVEMENTO
1.    Repartimos a uns as tarxetas cos conceptos e a os outros os seus contrarios.
2.    Teñen que buscar por todo o patio as tarxetas que correspondan os opostos.
3.    Os nenos/as deben ir xuntos a mostrar aos mestres o concepto co seu contrario e colocalos nos bolsillos taboeiros que están pendurados dunha das paredes do patio.

ACTIVIDADE 10: CARTAS ANTÓNIMOS

patios_10

MATERIAIS NECESARIOS
Caixa coas cartas cos conceptos antónimos.
Bolsillo taboeiro colgante.

DESENVOLVEMENTO
1.    Repartimos as cartas cos conceptos e os seus antónimos.
2.    Teñen que buscar por todo o patio as cartas e os seus opostos.
3.    Os nenos/as deben ir xuntos a mostrar aos mestres as cartas e colocalas nos bolsillos taboeiros que están pendurados dunha das paredes do patio.


 

2º) Biblioteca escolar.


Xogos de mesa

biblioteca_xogos

Días de lectura.

Despedida do profesorado de prácticas

Emotiva Despedida ao Profesorado de Prácticas de Educación Infantil e Primaria.

O pasado 23 de febreiro, o noso colexio encheuse de nostalxia e gratitude ao despedir ao profesorado de prácticas de Educación Infantil e Primaria que nos ten acompañado dende o inicio deste curso escolar. Nun emotivo acto, tanto estudantes como persoal docente quixeron expresar o seu aprecio e recoñecemento a; Xoel, Carlos, Lucía, Beatriz, Jaira e Zoe, xa que deixaron unha pegada imborrable na nosa comunidade educativa.

Dende o primeiro día, este equipo de futuros docentes integrouse plenamente na vida escolar, compartindo a súa experiencia, coñecementos e paixón pola ensinanza co alumnado e profesorado por igual. A súa dedicación e compromiso foron exemplares, inspirando a todos aqueles que tivemos o privilexio de traballar ao seu carón.

Durante a despedida, sucedéronse palabras de agradecemento e afecto por parte dos nenos e nenas, que recordaron con agarimo os momentos compartidos no aula e as ensinanzas recibidas. Ademais, o persoal docente tamén quixo destacar a invalorable contribución do profesorado de prácticas no enriquecemento da experiencia educativa do noso alumnado.

A presenza deste equipo de estudantes de maxisterio foi un agasallo para o noso cole. A súa dedicación e compromiso deixaron unha marca imborrable nos nosos corazóns e na aprendizaxe do noso alumnado.

Como mostra de agradecemento, entregáronse pequenos obsequios, entre os que destacamos o libro titulado “Gracias. 72 kilos”, de recoñecemento ao profesorado de prácticas, como símbolo de aprecio e gratitude polo seu traballo durante a súa estancia no noso colexio. Sen dúbida, a súa partida deixa un baleiro que será difícil de encher, pero tamén nos enche de ledicia saber que levan consigo o agarimo e os recordos desta comunidade educativa que sempre os recibirá con brazos abertos.

A despedida ao profesorado de prácticas de Educación Infantil e Primaria foi un momento de reflexión e celebración, no que puidemos expresar o noso máis sincero agradecemento pola súa invalorable contribución ao crecemento e desenvolvemento do noso cole. Aínda que marchan fisicamente, o seu legado perdurará en cada un de nós, inspirándonos a seguir adiante co mesmo compromiso e dedicación que eles nos ensinaron.

Que vos vaia moi bonito!

Festa de despedida do alumnado de Ed. Infantil

 

Presentación do Club Hóckey Albor.

Presentación do Club de Hóckey Albor de Ourense no Programa "Coñece o Teu Club" do Colexio.

Nunha emocionante xornada de deporte e aprendizaxe, o noso cole recibiu a visita especial do Club de Hóckey Albor de Ourense como parte do programa "Coñece o Teu Club". Esta iniciativa, deseñada para achegar ao alumnado as diferentes disciplinas deportivas e aos clubs locais, ofrecéuselle aos nenos e nenas unha experiencia lúdica para explorar o mundo do hóckey sobre herba.

Os nenos e nenas de 5º e 6º curso de Ed. Primaria reuníronse na pista deportiva do colexio para dar a benvida aos representantes do Club de Hóckey de Ourense. Con entusiasmo contaxioso, o xogador Adrián compartiu a súa paixón por este deporte dinámico e desafiante, ofrecendo unha demostración práctica e charlas informativas sobre as regras, técnicas e valores que caracterizan ao hóckey.

O noso alumnado, atento e participativo, tivo a oportunidade de interactuar cos xogadores, facer preguntas e experimentar de primeira man o manexo do stick e a pelota. Todos se mergullaron nesta experiencia educativa e deportiva, descubrindo novos talentos e desenvolvendo habilidades motoras mentres se divertían no proceso.

É emocionante ver como os nenos e nenas se involucran e desfrutan de actividades como esta. O programa "Coñece o Teu Club" non só lles brinda a oportunidade de coñecer diferentes deportes, senón que tamén lles ensina sobre traballo en equipo, respecto e superación persoal.

Esperamos que esta experiencia inspire a algúns destes estudantes a unirse á práctica deste deporte para desfrutar do hóckey.

A actividade concluíu con aplausos e sorrisos, deixando un impacto positivo en todas e todos os participantes.

Agradecemos ao Club de Hóckey Albor de Ourense a súa visita e esperamos seguir colaborando en futuras iniciativas para fomentar o deporte e o benestar entre o noso alumnado.

UNICEF: ENQUISAS DIAGNÓSTICO.

unicef_enquisas

Dende a reunión do 10 de outubro de 2023 o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro inicia a preparación da súa candidatura configurando e buscando a participación do alumnado nos cuestionarios de UNICEF para coñecer cal é o noso punto de partida.  

•6º EP https://referentes.unicef.es/evaluacion/il6esoti

•5º EP https://referentes.unicef.es/evaluacion/PyKvap9j

•4º EP https://referentes.unicef.es/evaluacion/kl6ay0qm

•3º EP https://referentes.unicef.es/evaluacion/gl9ay1qm

•2º EP https://referentes.unicef.es/evaluacion/Umdbf09j

•1º EP https://referentes.unicef.es/evaluacion/UyKff0db

 

 

Equipo directivo. 

Docentes

Familias

Alumnado.

Persoal de administración e servizos

 

Unicef_avaliación

COMITÉ DE PARTICIPACIÓN

unicef_partipacion

Dende a reunión do 10 de outubro de 2023 o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro inicia a preparación da súa candidatura configurando o Comité de participación infantil regulando o seu funcionamento e iniciando o proceso de elección dos seus representantes en cada una das aulas do colexio sendo elixidos as seguintes alumnas e alumnos. 

clu_participacion

Plan de comité de participación 2023-2024. 

• Reunións

CANDIDATURA CENTRO REFERENTE EN EDUCACIÓN DOS DEREITOS DA INFANCIA.

unicef_centros

O 10 de outubro de 2023 o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro en reunión ordinaria de Claustro e Consello Escolar, presenta a súa candidatura como centro referente en educación dos dereitos da infancia, iniciando o proceso de recoñecemento. 

Guía centros referentes en educación dos dereitos da infancia 2023_2024

Plan UNICEF do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro

Aval Consello Escolar CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro

 •Comité de participación infantil.

FEDELLANDO COS CIRCUITOS.

circuitos

O alumnado de 6º curso de primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro segue a perfeccionar o uso dos circuítos realizando nesta ocasión una maqueta da Torre Eifel e un vehículo propulsado por un pequeño motor.

Menudos xenios están feitos os alumnos e alumnas de 6º curso.

circuito_col

ENCONTROS COA AUTORA "ALBA DE EVAN"

 

encontros

O xoves, 1 de febreiro, día de compadres, realizamos a actividade encadrada dentro da XXXV CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA, promovida pola Concellería de Educación do concello de Ourense, que leva por título Encontros co autor/a. Este ano os elixidos foron Alba de Evan e Xabier Domínguez os autores do libro “Segredos Soterrados” que previamente traballamos no noso Club de lectura nos meses de decembro e xaneiro.

O libro Segredos Soterrados narra unha aventura que viaxa á II Guerra Mundial e descobre a presenza nazi en Galicia, os tesouros agochados no subsolo e as tramas de corrupción que manexan o mundo. A historia comeza no campamento na que Anxela está a gozar en Muíños xunto con Sabela, Jorge e, por suposto, a gata Morriña. Mais, pronto, un misterio do pasado crúzase no camiño e dá paso a unha carreira contrarreloxo por descubrir a verdade e manterse a salvo. Que relación teñen unha mina abandonada, un avión dos Aliados e unha poderosa multinacional?

Alba de Evan presentounos o seu libro e permitiunos coñecer máis a fondo a través de todas as preguntas que lles fixemos e que nos fixo reflexionar. E para rematar as sinaturas dedicadas dos nosos libros. Foi un enorme pracer ter connosco a Alba de Evan e xa estamos agardando a que escriba o seu próximo libro.

encontros_col

 

Venres de Entroido

O Venres de Entroido no noso colexio foi unha xornada chea de ledicia, creatividade e diversión para todos os nosos nenos e nenas. Dende primeira hora, o ambiente encheuse de cor coa chegada do alumnado, todos eles vestidos con disfraces incribles e cheos de imaxinación!

A media mañá, unha deliciosa merenda saudable, onde non faltaron as froitas frescas e os doces típicos de Entroido que fixeron as delicias dos máis pequenos e maiores por igual. Foi un momento perfecto para recargar enerxías antes das emocionantes actividades que nos agardaban.

O polideportivo converteuse no epicentro da diversión cun circuíto de xogos especialmente deseñado para a ocasión. Todo o alumnado participou en habilidade e coordinación á proba a súa destreza e traballo en equipo. Ademais, como en anos anteriores, realizamos o baile coreografado do Entroido, onde todos puideron amosar os seus mellores pasos e gozar da música nun ambiente festivo e animado.

Pero a diversión non se detivo aí. Para rematar a xornada, organizáronse catro obradoiros de elaboración de máscaras, un para cada ciclo do colexio. Aquí, o alumnado deixou voar a súa imaxinación e creatividade, creando coloridas máscaras que reflectían a súa personalidade e estilo único.

En resumo, o Venres de Entroido foi un día memorable no noso colexio, onde a comunidade educativa uniuse para celebralo en grande. Agradecemos a todo o alumnado, profesorado e persoal do colexio por facer deste día unha experiencia inesquecible.

Xa estamos ansiosos polo próximo Entroido!

 

Xoves de Comadres

Profesorado e alumnado divertíronse nunha festa chea de cor e tradición.

Nun ambiente festivo e cheo de alegría, celebramos con gran entusiasmo o tradicional Día das Comadres. Esta festividade, enraizada nas nosas costumes, foi o pretexto perfecto para que profesorado e alumnado se mergullaran nunha xornada chea de diversión.

O patio do cole fixo as veces de pasarela de creatividade, co profesorado e estudantes vestidos con disfraces que celebraban a feminidade e a amizade. Desde clásicas avoas ata extravagantes personaxes de Fama e contos de fadas, cada disfrace reflectía o espírito festivo da ocasión.

Sen embargo, a diversión non se limitou só aos disfraces. Para rematar a celebración, organizáronse as emocionantes carreiras de comadres na pista polideportiva. Os menos e nenas de de 1º, 2º, 3º e 4º grado lanzáronse á competición con entusiasmo, mostrando non só a súa habilidade atlética, senón tamén o seu espírito de equipo e compañeirismo.

As gargalladas e os berros de ánimo resoaron por todo o cole mentres os participantes corrían  pola pista polideportiva, deixando atrás o estrés académico por un día e mergullándose por completo na celebración.

Queremos destacar a importancia de manter vivas as nosas tradicións e fomentar a integración entre os membros da comunidade educativa.

Distribuir contido


by Dr. Radut