A sede do Ministerio de Cultura e Deporte en Madrid acolleu o mércores 8 de novembro a gala de entrega dos Premios aos Clubs de Lectura Escolar 2022-2023, un recoñecemento do Ministerio de Educación e Formación Profesional aos centros educativos que, como no caso do noso centro, o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, promoven a lectura a través deste tipo de actividades.
O director, o secretario e a coordinadora dos clubs de lectura do centro, recolleron o galardón que nos acredita como o segundo mellor club de lectura nacional na nosa categoría, en representación de todos/as lectores e lectoras do noso cole, os auténticos protagonistas do noso club de lectura.
A entrega de premios correu a cargo da Directora Xeral de Avaliación e Cooperación Territorial do Ministerio de Educación e Formación Profesional, dona Mónica Domínguez García. A encargada do discurso inaugural foi a poeta Raquel Lanseros, que afondou na importancia de fomentar a lectura e continuar con esa tarefa fermosa e chea de dificultades.
A poeta Raquel Lanseros honrounos coa sinatura dun dos seus libros, “Dicen que no hablan las plantas”, para a nosa biblioteca escolar. Ademais, fíxonos especial ilusión saber que as súas raíces familiares se atopan en Verín, aínda que ela é nada en Jerez de la Frontera.
Foi unha xornada chea de emocións e inquedanzas compartidas con centros de toda España que entenden, coma nós, que a lectura é berce de cidadáns críticos e entusiastas.
Parabéns a todas e todos os membros do noso club de lectura!
CONTINUADE A VIAXE QUE COMEZA SEMPRE NA PRIMEIRA PÁXINA DUN LIBRO E NON REMATA NUNCA NA ÚLTIMA, ... SEGUE CAMIÑO NA TÚA IMAXINACIÓN!
O noso centro ven de destacar como un dos referentes principais para o fomento da lectura en todo o país ao recibir o segundo Premio Nacional Escolar de Clubs de Lectura.
Este prestixioso recoñecemento, outorgado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, distingue as institucións educativas que demostraron un destacado compromiso co fomento da lectura e a formación de novos lectores críticos e apaixonados. O CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro destacou entre centos de centros educativos de toda España grazas ás súas estratexias innovadoras e ao entusiasmo da súa comunidade educativa.
O proxecto do club de lectura do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro conseguiu implicar activamente ao seu alumnado na exploración do mundo da literatura dende pequenos. Fomentando a lectura como actividade lúdica e enriquecedora, este centro educativo demostrou ser un faro de inspiración para outros centros educativos de toda España.
Apostamos pola idea de que a lectura non só enriquece a mente, senón que tamén une ás persoas. Esperamos seguir inspirando ás xeracións vindeiras a través da maxia dos libros.
O Premio Nacional Escolar de Clubs de Lectura é unha mostra da aposta do centro pola educación de calidade e o fomento da lectura como ferramenta fundamental no desenvolvemento das habilidades cognitivas e na formación de cidadáns críticos. Ademais do recoñecemento, o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro recibirá unha boa dotación económica que contribuirá a seguir reforzando os seus programas de lectura.
Este logro demostra unha vez máis que a educación pública en Galicia está en constante evolución e que as institucións educativas, como o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, están á vangarda na promoción da lectura e na formación das futuras xeracións de líderes e cidadáns comprometidos coa cultura e o coñecemento.
Sentímonos orgullosos de compartir noticias sobre logros educativos destacados coma este e agardamos seguir sendo un modelo a seguir no fomento da lectura en todo o país.
Parabéns a toda a comunidade educativa polo seu merecido premio e a súa dedicación á educación.
O martes, 10 de outubro, a Consellería de Educación celebrou un acto na cidade da cultura de Santiago co fin de dar publicidade e recoñecemento ao traballo desevolvido desde as bibliotecas escolares galegas que resultaron premiadas a nivel nacional. No acto, as seccións dos nosos clubs de lectu¡ra estiveron representados pola coordinadora do club de lectura e o director do centro.
No último trimestre de curso acercamos ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria ao que significa pertencer a un club de lectura.
Para elo, escollemos unha versión do Principiño adaptada para primeiros lectores. O libro titúlase “La historia del Principito” e está publicado pola editorial SM e nel aparecen ilustracións do libro orixinal.
Para acercar aos membros do club ao principiño, primeiro fixemos unha ambientación da obra e posteriormente explicamos a vida e obra do seu autor a través da seguinte presentación.
Durante os meses de abril e maio fomos realizando a lectura colectiva dos diferentes capítulos. Ao rematar cada capítulo recapitulabamos sobre o lido e iamos cubrindo a guía de lectura que elaboramos desde o equipo de biblioteca para facilitar a súa comprensión.
Unha vez rematada a lectura colectiva levaron o libro para as súas casas e compartir así a lectura final coas súas familias.
No mes de xuño realizamos un concurso de animación á lectura no que participou todo o alumnado de 1ºe 2º de educación primaria. Na galería de imaxes podedes observar o seu desenvolvemento. Fixemos 4 equipos de 5 compoñentes e o resultado final foi moi igualado xa que o coñecemento da trama do libro era moi completa.
Todas as personas participantes no club de lectura recibiron un pequeno agasallo cmo recoñecemento ao traballo realizado ao longo de todo o trimestre. Os equipos gañadores recibiron, a maiores, un diploma que pon e valor o seu coñecemento sobre o Principiño.
Por último, para rematar as sesións de lectura deste curso realizamos un kahoot! con preguntas sobre este libro onde a maioría do alumnado participou de forma individual.
Na última semana de curso realizamos un obradoiro STEM onde o alumnado se aproximou a creación de circuítos simples de electricidade. Algúns dos participantes optaron por realizar un circuíto de electricidade a partir dunha escena do libro.
RECURSOS EDUCATIVOS PARA TRABALLAR O LIBRO
Este ano, o alumnado de 3º de Ed. Primaria iniciouse na realización dun Club de lectura no que participaron todos os nenos e nenas do curso.
Nas seguintes ligazóns iremos reflectindo o traballo e as actividades desenvolvidas ao longo do curso neste Club de lectura e aos concursos de animación á lectura que se realizan unha vez rematada a lectura do libro:
Ao longo do curso 2022/2023 volveu a funcionar o Club de lectura de 5º de Ed. Primaria como unha sección máis do Club de lectura do Manuel Sueirio.
Os libros traballados foron os seguintes:
Ao longo do curso 2022/2023 o club de lectura de 4º de educación primaria formado por 12 nenos e nenas traballou os seguintes libros:
1º trimestre:
O libro foi traballado ao longo do 1º trimestre do curso escolar 2021/2022 e conta a historia dunha muller inventora e diferente que chega a unha vila nova.
O libro foi traballado nos meses decembro, xaneiro e febreiro do curso escolar 2022/2023 e conta a historia de dous irmáns que viaxan no tempo para buscar información sobre unha planta que pode acabar coa fame no mundo.
2º trimestre:
O libro foi traballado nos meses de marzo e abril do curso escolar 2022/2023 e nel Greg cóntanos as aventuras que lle acontecen ao seu irmán Rodrick cando quere formar unha banda de rock.
3º trimestre:
O libro A pequena compaña, é unha obra teatral, escrita por Carlos labraña Barrero e editado por Edicións Embora. O libro traballouse durante o mes de maio e xuño.
A pequena compaña conta a historia de como ao anoitecer, o mundo dos vivos vaise achegando ao dos defundos, e as ánimas que aínda non atoparon acougo roldan perdidas polos camiños. Xoaniña, Soldadiño, Pedichón e Medusquiñas, que viven gorecidos nunha casa rexentada por unha misteriosa anciá, nunca escoitaran esta historia. Todos Isto cambia coa chegada de dúas personaxes que os obrigarán a fuxir, emprendendo unha viaxe emocionante por unha terra poboada de seres mitolóxicos. Así, xuntos, nunha Pequena Compaña, os rapaces tentarán chegar sans e salvos ás marabillosas Illas do Alén.
Actividade 1: Lectura
Actividade 2: Análise das personaxes
Actividade 3: Traballo de contidos da área de lingua
Actividade 4: Ilustración
Actividade 5: Conclusión/valores