Xaneiro 2014

Sesións de contacontos

O día 13 de decembro os nenos e nenas de educación infantil, 1º e 2º ciclo gozaron moitísimo coa sesión de contacontos que Sarabela Teatro ofreceu  na biblioteca. Algúns incluso participaron!

 

 

 

 

Un nova sesión de contacontos de Sarabela Teatro chegou ao noso cole! Esta vez foi o mércores, 17 de decembro. Os nenos e nenas de 3 e 4 anos pasárono estupendamente coas historias de Frederick. Mesmo quedaron en facer eles o seu propio conto.

 

 

 

 

 

 

 

Premios "Ourense sabe acoller"

O mércores, 18 de decembro, o alumnado de 3º ciclo foi á aula de cultura de Novacaixagalicia situada na Alameda co motivo da súa participación na actividade organizada polo concello “Ourense sabe acoller”.

En primeiro lugar tivo lugar a proxección dunha película relacionada co tema chamada: “Baixo a mesma lúa”. Logo diso  presentouse o acto formalmente  e procedeuse á entrega de premios.No noso colexio tivemos dous gañadores:

  • Luis Chacón Lucas, de 5º
  • Nerea Silva Álvarez, de 5º

Parece que os premios foron do agrado dos nosos rapaces.

Parabéns polo traballo realizado!

A continuación podedes ver as fotos do eventos. Para ver todas, debes ir á galería fotográfica.

Premio a un alumno do colexio

O Concello de Ourense cada ano convoca un concurso de postais. Esta vez participaron os nenos e nenas de infantil. Quedou demostrado que temos uns artistas no noso colexio, pois unha vez máis o premiado saiu das nosas aulas.

O 18 de decembro veu unha representación do Concello ao noso centro para facer entrega ao gañador do concurso cun estupendo premio.

A postal gañadora foi creada polo neno de infantil de 3 anos:

  • Diego Urbina Estrada

Ademais do agasallo para el, a súa postal foi a que empregou o Concello para felicitar as festas de Nadal.