Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Saímos na Televisión de Galicia co noso ex-alumno Iván Domínguez.

 Este ano, o curso pasado, recibimos a visita dun antigo alumno cunha estrela Michelín: Iván Domínguez. Con esta reportaxe inaugúrase o programa "Eu quero ser" da TVG.

Neste enlace podedes ver o programa completo:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/cocineiro-con-ivan-dominguez

 

 

Listaxes definitivas de admitidos e non admitidos en fondo libros para o curso 2018/19.

Listaxe definitiva de admitidos no fondo de libros para o vindeiro curso. Aquí.

Nos alumnos nos que aparece: 

1.-"Máis 1 libros de adquisición complementaria. O número mínimo de libros complementarios está limitado polas materias con libro nas que se matriculou o alumno". Significa que non terán dereito a máis libros que os 5 sinalados pois este ano non hai libro de valores, que sería a sexta materia con libros a repartir.

2.- "Segundo as existencias do centro non lle corresponden libros". Significa que os libros do fondo non chegan para repartir ao alumnado ao que non lle corresponden 4 ou 6 libros según as bases da convocatoria.

Hai un erro no ISBN do libro de Inglés de 6º adxudicado. O que se lle entregará en setembro é o Class Book con ISBN 9780194503815.

 

Listaxe de excluídos do fondo de libros para o vindeiro curso. Aquí.

 "Falta documentación ou validación do centro". Significa que non se entregou a documentación preceptiva.

Reparto de vales de libros e material de Educación Primaria.

 

Os vales para adquisición de libros de texto de 1º e 2º de EP e os vales para adquisición de material escolar de toda a Educación Primaria serán repartidos o mércores 4 e o xoves 5 de xullo de 10 a 13 horas.

 

Deben acudir os solicitantes ou persoas autorizadas documentalmente. De non ser posible recolleranos en setembro.

 

LISTAXE DE VALES DE ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR. VER AQUÍ.

LISTAXE DE SOLICITUDES EXCLUÍDAS DA ENTREGA DE VALES DE MATERIAL ESCOLAR. VER AQUÍ.

 

LISTAXE DE VALES CONCEDIDOS PARA  A ADQUISICIÓN LIBROS. VER AQUÍ.

LISTAXE DE VALES EXCLUÍDOS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS. VER AQUÍ.

 

LISTAXES PROVISIONAIS DO REPARTO DO FONDO DE LIBROS DE 3º, 4º, 5º E 6º DE EP.

 

SOLICITUDES ADMITIDAS: PULSE AQUÍ.

 

SOLICITUDES EXCLUÍDAS: PULSE AQUÍ.

 

A partir do mércores, 4 de xullo, serán publicadas as listaxes definitivas.

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2018/19

REUNIÓN DE PAIS E NAIS DO FUTURO ALUMNADO DE 3 ANOS.

O día 18 de xuño ás 17:00 horas teremos unha reunión cos pais e coas nais do alumnado de 3 anos (4º de EI) do curso que ven.

O lugar será o salón de actos do centro. Vide, se é posible, sen nenos.

Ábrese o prazo para solicitar as axudas para a adquisición de libros e material escolar e o acceso ao fondo solidario

Unha das principais novidades é a posibilidade de que as familias tamén poidan presentar as solicitudes de xeito telemático.

Mantense a axuda de 250 euros para o alumnado matriculado en educación especial.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos. O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto dende mañá ata o próximo día 22 de xuño (incluído). A convocatoria pode consultarse facendo un clic na seguinte imaxe: 

Cómpre lembrar que será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar, ter devolto os libros dos cursos anteriores.

As solicitudes poderán presentarse por primeira vez por vía electrónica empregando a aplicación informática “fondolibros” https://www.edu.xunta.es/fondolibros  a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

AVALIACIÓNS DE 3º E FINAL DE 6º DE PRIMARIA.

Este mes terán lugar as avaliacións individualizadas de 3º EP e final de primaria, para o alumnado de sexto.

A primeira realízase a todo o alumnado galego de terceiro os días 23 e 24 de maio.

A de sexto ten carácter censal e será os días 29 e 30 de maio. Este curso tocoulle ao noso centro participar nela.

 

Para que esta avaliación sexa completa, precisa dun estudo do contexto complementario. Esta información obterase a partir de cuestionarios dirixidos ao alumnado, ás familias e ao profesorado e determinarán o grupo ISEC (Índice socio-económico e cultural).

 

 

VISITA ESCOLAR VALORES 100% BRANQUIAZUIS

Onte clausuramos as xornadas de valores 100% blanquiazuis  de visitas de centros escolares ao campo de fútbol de Riazor. Pulsade na imaxe para ver a noticia en La Opinión.

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO

 

Para ver as listaxes definitivas de admisión para o vindeiro curso pulsa na imaxe:

Benvidos ao noso cole!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut