Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Becas alumnado NEAE

alumno neae

No BOE do día 8 de agosto de 2020 publicouse a Resolución do 31 de xullo de 2020 da Secretaría de Estado de Educación pola que se convocan axudas para estudantes con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2020-2021.

A quen van dirixidas:

Alumnado que cursa os seus estudios en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas artísticas Profesionais que que presenta unha necesidade específica de recibir apoio educativo por discapacidade, trastorno grave de conduta, trastorno do espectro autista ou altas capacidades.

Prazo: do 9 de agosto ata o 30 de setembro de 2020.

Listaxes provisionais de axudas de Fondo libros

Libros e material

Desde o día de hoxe, venres 3 de xullo están publicadas no taboleiro de anuncios situado no interior do centro as listaxes provisionais do fondo de libros. O prazo para reclamar a estas listaxes é de  2 días (6 e 7 de xullo). O vindeiro mércores, día 8 de xullo publicaranse as listaxes definitivas.

As persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros  (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/), empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre.

A entrega de vales para adquisición de libros de texto para 1º e 2ºEP e/ou material escolar (de 1ºEP a 6ºEP), será entre o luns 13 de xullo e o venres 17 de xullo en horario de 10 h a 13 h. na secretaría do colexio.

As familias que non recollan os vales nesas datas, terán que esperar ao mes de setembro para recollelos.

Listaxe definitivo de admisión de alumnado

Hoxe 25 de xuño procedemos á publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso 2020/2021.
Podedes consultar as listaxes no taboleiro na entrada do colexio, e tamén con chave 365 e/ou certificado electrónico na aplicación admisión de alumnado.

Os alumnos solicitantes de 4º e 5º de Educación Infantil están todos admitidos.


PARA OS ADMITIDOS: o prazo para formalizar a matrícula será na secretaría do centro entre o 1 e o 10 de xullo (horario de 9,45 h. a 13:30 h).

A documentación a presentar é a seguinte:

  • Impreso de matrícula debidamente cumplimentado (pódese recoller tamén en conserxería)

Impreso para Educación Infantil

Impreso para Educación Primaria

  • Catro fotografías tamaño carné.
  • Fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou outra entidade médica.


PARA OS NON ADMITIDOS: A comisión de escolarización asignará praza nalgún dos centros solicitados, se teñen vacantes. No caso contrario asignaráselles un colexio que teña vacantes e que esté o máis cerca posible ao domicilio ou centro de traballo alegado.

Segundo está contemplado na lexislación vixente, contra estas listaxes definitivas poderase interpoñer un recurso de alzada a partir do día 27 de xuño.

Listado de libros de texto curso 2020/2021

Listado de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2020/2021

Accedese ao listado facendo clic na seguinte imaxe

ADMISIÓN DE ALUMNOS 2020/2021

ADMISIÓN DE ALUMNOS para o curso 2020/2021

Listado provisional

Comunícase a todas as familias interesadas que unha vez rematado o prazo de solicitude de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2020/2021 resultaron admitidas todas as solicitudes para educación infantil.

As listaxes estarán expostas desde hoxe no taboleiro de anuncios dentro do interior do centro, para poder ser consultadas. (Non se publicarán na web, debido á lei de protección de datos)

O prazo de reclamacións remata o día 11 de xuño. Horario de atención ao público de 9:45 a 13:30 horas, na secretaría do centro.

NOVO PRAZO BECAS DE COMEDOR

Comunícáronnos no día de hoxe a ampliación do prazo das becas de comedor do Concello da Coruña.

O novo prazo é desde o 1 ata o 30 de xuño, ambos incluidos.

Comedor escolar

Solicitudes de bolsas de comedores escolares

comedor escolar

Dende hoxe 1 de xuño e ata o 12 de xuño ábrese o prazo para solicitar as bolsas de comedor para o vindeiro curso convocadas polo Concello de A Coruña. Solicítanse nos rexistros municipáis ou na sede electrónica do Concello.

Sede electrónica do concello

Páxina de Servizos Sociais do concello

Axudas para libros e material escolar para o curso 2020/2021

No DOG de onte, martes 19 de maio publícase no DOG a convocatoria anual para solicitar axudas para a compra de libros de texto, material escolar e/ou participar no préstamo solidario de fondolibros de cara ao vindeiro curso 2020/21. Estas axudas son exclusivamente para o alumnado que cursará estudos de Ed. Primaria ou Secundaria o vindeiro ano académico. O prazo comeza o 20 de maio e durará ata o 19 de xuño. Preferentemente realizarase a presentación de solicitudes por vía telemática. Tamén pode facerse presencialmente na secretaría do colexio en horario de 9:45h a 13:30h, respectando as medidas sanitarias en vigor, e as establecidas polo propio centro.

Día da familia 2020

Reapertura do prazo de admisión de alumnado

No DOG do 6 de maio, publícase o Acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado. Para a realización e seguimento deste acordo a dirección do centro informa do seguinte:

  • O novo prazo de entrega de solicitudes será do 11 ao 18 de maio ambos inclusive, en horario de 10 a 13:30 h. na secretaría do colexio.
  • A presentación de documentación acreditativa do baremo será ata o 26 de maio. (Recoméndase entregala do 11 ao 18 de maio)
  • Publicación de listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido o 8 de xuño.
  • Reclamacións do 9 ao 11 de xuño en horario de 10 a 13:30 h. na secretaría do colexio.
  • Publicación das listaxes definitivas antes do 26 de xuño.
  • Formalización da matrícula en secretaría: do 1 ao 10 de xullo 

NORMAS BÁSICAS DE ACCESO AO COLEXIO

  1. Na medida do posible, unha única persoa para realizar a xestión en secretaría.
  2. Deberá acceder ao interior do edificio portando mascarilla protectota, tamén dentro do posible.
  3. Seguir indicacións na entrada, e manter distancia de seguridade con outras persoas que se atopen no recinto.

NOTA IMPORTANTE: O colexio abre o luns 11, exclusivamente e co persoal imprescindible para atender este proceso de admisión de alumnado. Para o resto de consultas ou trámites, por favor, utilizar o teléfono 981262612 ou o correo electrónico: ceip.maria.barbeito@edu.xunta.gal

Distribuir contido


by Dr. Radut