Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Entroido 2022

Bolsas de Comedor Concello da Coruña 2022/23

No Boletín Oficial da Provincia do día 23 de febreiro de 2022 publicouse a convocatoria de Bolsas de Comedor para o vindeiro curso escolar 2022/23. O prazo de solicitudes será desde o 2 ata o 31 de marzo de 2022. Mais información na páxina web do Concello.Bolsas Comedor Concello da Coruña

Admisión de alumnado 2022/2023

Admisión 2022.23

Como en cursos anteriores, publicouse o procedemento de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2022/2023

Enlace á publicación da Consellería de Educación aqui.

Acceso á aplicación Admisión alumnado, aqui.
A continuación resumimos brevemente os procesos e prazos diferenciados:
- Reserva de praza en centros adscritos (para os de 6ºEP ao IES Agra do Orzán): do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro. O vindeiro mércores, 19 de xaneiro, o alumnado de 6º recibirá a visita de profesorado do instituto para dar a coñecer á súa oferta formativa.  Os alumnos e alumnas levarán ese día para casa o anexo I que deberán devolver ás titoras debidamente cumplimentado antes do día 26 de xaneiro para poder solventar en prazo posibles erros.
- Sorteo público na Consellería para determinar letra de desempate.  Na derradeira semana de febreiro.
- Publicación das vacantes ofertadas. (antes do 1 de marzo)
- Presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o curso 22-23. (do 1 ao 20 de marzo)
- Publicación de listaxes provisionáis de admitidos. (antes do 25 de abril)
- Publicación de listaxes definitivas de admitidos. (antes do 15 de maio)

**No mes de febreiro publicarase toda a información e documentación necesaria para o proceso de solicitude de praza. Tamén publicaremos a posible data do día de portas abertas, que será presencial ou virtual, dependendo da situación da pandemia nese momento.

**LEMBRASE A TODAS AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º DE INFANTIL A 5º DE PRIMARIA, QUE NON TEÑEN QUE REALIZAR NINGÚN TRÁMITE PARA CONTINUAR NO COLEXIO O VINDEIRO CURSO, A RENOVACIÓN É AUTOMÁTICA.

INFORMACIÓN IMPORTANTE DO PROCESO DE ADMISIÓN 2022/23

Do 1 ao 21 de marzo (ambos os dous) estará aberto o prazo de solicitude de praza para o vindeiro curso escolar 2022-2023. A solicitude, xunto co resto da documentación necesaria en cada caso, pode presentarse telemáticamente na sede electrónica, ou presencialmente na secretaría do colexio en días lectivos e no horario da mesma situado na porta principal.
Documentación necesaria para a realización deste trámite:

De luns a venres de 9:00 h a 13:30 h. Luns pola tarde de 16:00 a 18 h.

 COÑECE O NOSO CENTRO (Visita virtual)

 Algo mais do centro:

Bo Nadal 2021

Distribución de máscaras para o alumnado do centro 2021/2022

axusdas_Mascaras

Pola Orde do 28 de outubro de 2021 regúlanse os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en primaria. Acceso ao DOG do venres 12 de novembro.

 

Eleccións ao Consello Escolar do Centro 2021

Eleccións ao Consello Escolar 2021

Ao longo do mes de novembro procederase á renovación dos membros do Consello Escolar deste centro.

O proceso iniciase co sorteo público para designar aos membros titulares e suplentes da Xunta Electoral que terá lugar o vindeiro xoves día 28 de outubro ás 12:15 horas.

Pódese acceder á circular informativa premendo aqui.

Constitución da Xunta Electoral e 1ª acta da mesma, premendo aqui.

Circular informativa ás familias con solicitude de candidatura premendo aqui.

2ª Circular da Xunta electoral (15/11/2021), premendo aqui.

Circular de candidaturas Sector Nais e Pais, premendo aqui.

Prazo de presentación de candidaturas: do día 5 ata o 12 de novembro (ambos incluidos).

2ª Circular informativa para as familias, premendo aqui.

Elección dos diferentes sectores: día 22 de novembro.

3ª Acta da Xunta Electoral, co resultado do proceso electoral e proclamación das candidatas e candidatos elexidos nas distintas votacións realizadas, premendo aqui.

Primeira reunión do Consello Escolar despois da súa renovación o 29 de novembro co que finalizará o proceso de renovación parcial do mesmo.

 

PDI Curso 2021/2022

Os Proxectos Documentais Integrados (PDI) son actividades nas que as alumnas e os alumnos investigan sobre un tema ou problema concreto, familiarízanse cos métodos de busca de información e traballo intelectual empregando para elo os recursos documentais da biblioteca do centro.

Neste curso, o equipo de bibblioteca propón o Proxecto "animais en perigo de extinción"

Facendo clic na imaxe poden acceder á presentación que sobre o mesmo elaborou o equipo de Biblioteca do colexio.

 

ENTRADAS E SAÍDAS PRIMEIRO DÍA DE CLASE.

 

HORARIOS DE ENTRADA E SAÍDA PARA O DÍA 9 DE SETEMBRO 2021

  

Únicamente, o xoves 9 de setembro de 2021 os alumnos entran polo acceso e o horario que lle correspondeu a cada un deles o curso pasado.

Publicación de Listaxe Provisional de Fondo Libros

2 de xullo: Publicación listaxes provisionais (no taboleiro de anuncios do centro).

5 e 6 de xullo: Prazo de reclamacións.
7 de xullo: Publicación listaxes definitivas (no taboleiro de anuncios do centro).

* Coa Certificación Dixital poderán acceder ao listaxe na aplicación FondoLibros

Recollida de vales de libros (1º, 2º e NEE) e de material escolar (1º a 6º EP):

NIVEL                DATA         HORA
1º Ed. Primaria   8 xullo   10:00h - 11:00h
2º Ed. Primaria   8 xullo   11:10h - 12:30h
3º Ed. Primaria   8 xullo   13:00h - 14:00h
4º Ed. Primaria   9 xullo   10:00h - 11:00h
5º Ed. Primaria   9 xullo   11:15h - 12:30h
6º Ed. Primaria   9 xullo   12:45h - 14:00h

Entrega de libros adxudicados no fondo de libros:
Nos primeiros días de setembro (citarase ás familias)

As persoas que non poidan acodir á recollida dos vales, poderán recollelos nos primeiros días de setembro no horario habitual da secretaría (9 a 13:30 h.)

Listado de Libros de texto 2021/22

Listado de libros de texto e material para o vindeiro curso escolar, aprobado na sesión ordinaria do claustro de profesores do día 7 de maio de 2021.

Correxiuse erro detectado no libro de plástica de 5º de Educación Primaria

Correxíuse tamén erro detectado nos caderniños de Lingua Castelá de 2º de Primaria:

Caderniño de Lingua Castelán 2º Saber Hacer contigo, Edit. Santillana, 2018:

1º Trimestre ISBN: 9788468043661
2º Trimestre
ISBN: 9788468043852
3º Trimestre
ISBN: 9788468043821

Facendo clic na imaxe accédese ao listado (modificado o anterior recentemente por erros)

Material escolar

Material Escolar 2021/22. Facendo clic na imaxe accédese ao listado por cursos.

Material Escolar 2021/22

 

Distribuir contido


by Dr. Radut