BENVIDOS E BENVIDAS AO NOSO CENTRO

TABOLEIRO DE SECRETARÍA

  

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024-2025

No DOG do 20 de maio de 2024 publicouse a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025.

NORMAS XERAIS

- PRAZO: Do 21 de maio ao 21 de xuño, ambos inclusive.

- Só se presentará unha única instancia para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2024/2025.

- As solicitudes pódense presentar das seguintes formas:

De xeito presencial, recollendo o modelo ED330B na secretaría do centro ou descargandoo aquí.

Telemáticamente, a traves da aplicación fondo libros ou sede electrónica.

DOCUMENTACIÓN

- Anexo I  ( deberá vir asinado polos dous proxenitores).

-Anexo II para a comprobación dos membros computabes da unidade familiar , agás o solicitante.

-Copia do libro de familia, onde figuren os membros computables da unidade familiar. 

En caso de separación ou divorcio deberase achegar a sentenza xudicial e/ ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/ a menor.

INFORMACIÓN DE INTERESE

- Para o cálculo da renda da unidade familiar terase en conta o exercicio fiscal 2022.

-Terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2022 agás cando a sentenza de separación ou divorcio  posterior a esta data atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras.

- Nos casos de violencia de xénero non se incluirá ao agresor na solicitude e non se terán en conta os seus ingresos. Tampouco se terán en conta os ingresos do outro proxenitor cos casos de custodia exclusiva.

- O alumnado de 5º e 6º de primaria, incluídos no proxecto Edixgal poderán solicitar axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

PRAZOS

18 de xuño : Data límite para a entrega dos libros do fondo emprestados neste curso 2023/2024.

21 de xuño: Data límite para a entrega da solicitude e documentaicón para a solicitude das axudas de libros e material para o curso2024-2025.

1 de xullo: Publicación da resolución provisional do fondo de libros no taboleiro do centro.

2 e 3 de xullo : Período de reclamación á adxudicación provisional.

4 de xullo: Publicación da relación definitiva no taboleiro do centro.

4 e 5 de xullo : Entrega dos vales de libros e material aos solicitantes que teñen dereito.

 

    

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2024-25

 

AVISO IMPORTANTE 

Todas as solicitudes de admisión que se presentaron para 4º de Educación Infantil están

admitidas.

 

No caso das solicitudes para 1º de primaria, dada a insuficiencia de postos escolares dispoñibles

para atender todas as solicitudes de admisión presentadas para o curso 2024/2025 e de

conformidade co disposto no artigo 30.2 da Orde de 21 de outubro de 2022, ábrese un prazo de

10 días hábiles para a presentación, de forma presencial, da documentación xustificativa dos

criterios de baremo alegados para realizar a valoración e establecer a orde de prelación das

solicitudes que se relacionan.

 O prazo será do 21 de marzo ao 11 de abril , ambos inclusive.

 

Para calquera dúbida podedes chamar á secretaría do centro :982870890

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO 

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será do 1 ao 20 de marzo.

Documentación necesaria:

-Solicitude admisión (Modelo ED550B) debidamente cuberto e asinado. Pódese presentar a través da aplicación admisión alumnado, sede electrónica ou presencialmente no centro.

-Fotocopias do libro de familia.

-Fotocopia do DNI do pai e nai , ou titores legais e do alumno/a ( de telo).

-Fotocopia da tarxeta sanitaria.

-Informe médico.

-Certificado de convivencia/empadroamento expedido polo Concello e que acredite o domicilio de todos os membros da unidade familiar.

-Dúas fotografías tamaño carné.

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN

-Praso de solicitude: do 1 ao 20 de marzo

-Publicación de listaxes provisionais de admitidos: 25 de abril

-Publicación listaxes definitivas de admitidos : 15 de maio

-Formalización de matricula: do 20 ao 30 de xuño

NORMATIVA QUE REGULA O PROCESO

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que e regula a admisión de alumnado e a Orde do 21 de outubro de 2022.

 

 VACANTES QUE OFERTA O CENTRO

INFANTIL

PRIMARIA

4º INFANTIL: 20

5º INFANTIL:1

6º INFANTIL: 0

1º PRIMARIA:   18    

2º PRIMARIA:  0

3º PRIMARIA:   2

4º PRIMARIA:   0

5º PRIMARIA:   6

6º PRIMARIA:    4

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Aquelas familias que  o desexen poden visitar o noso centro o vindeiro 28 de febreiro ás 16:00 h. 

 

RESERVA PRAZA CURSO 2024-2025

As familias que queiran que o seu fillo ou filla estude 1º de Educación Secundaria Obrigatoria no IES Santiago Basanta Silva, centro de adscrición do CEIP Manuel Mato Vizoso deberán entregar a solicitude de reserva de praza (anexo I) do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.

Formas de presentación de solicitudes:

 

  1. Na aplicación admisionalumnado. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.

  2. Na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  3. Na secretaría do CEIP Manuel Mato Vizoso.

 

 

 

BECAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 24/25

 
Dende o 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024 está aberto o prazo para solicitar as becas para alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo (para máis información premer aquí), as solicitudes deberánse cubrir mediante o formulario accesible na sede electrónica, que posteriormente se deberá de imprimir e presentalo coa firma de todos os membros da unidade familiar. 

 

Recordar que estas bolsas están dirixidas ao vindeiro curso 2024/25, polo que o alumnado que vaia continuar os seus estudos noutro centro deberá de presentar a documentación anteriormente citada nese mesmo centro (é dicir, para alumnado de 6º de Educación Primaria que promocione á ESO, deberán de presentar a documentación no IES correspondente ou análogo).

 

Para máis detalles consultar infografía aquí.