Curso 2013-14, Actividades extraescolares, Outras actividades

FIN DE CURSO

O curso chegou ao seu fin e para celebralo preparamos distintas actividades como bailes, danzas, representacións teatrais, cancións, músicas variadas, xogos... e para rematar xantamos todos xuntos no  cole.

EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

Nun dos patios do colexio temos expostos os instrumentos musicais realizados polo alumnado de sexto de primaria.

VISITA AO MUSEO ARQUEOLÓXICO DE VILALBA

O mércores, día 18 de xuño, o alumnado de 5º de Primaria realizou unha visita ao Museo Arqueolóxico de Vilalba. O desprazamento fíxose andando.

EXCURSIÓN A SANTIAGO

O xoves, día 12 de xuño, o alumnado dun grupo de 6º de primaria realizou unha excursión a Santiago na que visitaron as instalacións de TVG e o Parlamento de Galicia antes de xantar no parque de Bonaval. Pola tarde fixeron unha visita á Catedral e prazas que a rodean, ao Museo do Pobo Galego e ao MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia).

VISITA A UNHA QUEIXERÍA

O xoves, día 5, o alumnado de 1º ciclo visitou a queixería "Prestes" no polígono de Vilalba co fin de ver o proceso de elaboración do queixo de San Simón, característico da nosa zona e con denominación de orixe.

A continuación dirixíronse á praia fluvial da Madalena para tomar a parva e compartir uns momentos de xogo e convivencia. (fotos)

VISITA A MARCELLE

O alumnado de Ed. infantil realizou unha visita ao parque zoolóxico de Marcelle en Outeiro de Rei o martes, día 27 de maio. Nel realizaron as actividades previstas polos monitores do parque.

Viaxe á Coruña- 5º Primaria

O xoves, día 22 de maio, o alumnado de 5º de Primaria viaxou á Coruña para visitar os Museos Científicos: Aquarium; Domus, onde participaron nun taller de disección dun ollo; e Casa das Ciencias onde asistiron a unha sesión de Planetario.

Remataron a visita no parque de Sta. Margarida.

LETRAS GALEGAS

Para celelebrar a semana das Letras Galegas realizamos distintas actividades: elaboración de marcapáxinas, pins, debuxos, caricaturas, recitado de poemas,...

O venres intercambiamos recitado de poemas e cancións e para rematar cantamos todos xuntos o Himno Galego.

                                                                                                                               

VIAXE Á CORUÑA - 2º CICLO

O martes, 29 de abril, o alumnado de 2º ciclo fixo unha viaxe á Coruña para visitar o Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (MUNCYT) onde ademais de ver as distintas sás participaron nun taller. 

Pola tarde subiron ao Monte de San Pedro onde só se puido acceder á Cúpula debido as condicións meteorolóxicas.

(Fotos)

COÑECENDO MÁIS A NOSA VILA

O mércores, día 9 de abril, o alumnado de 1º ciclo saíu a coñecer un pouco máis a vila. Sairon andando acompañados por mestres e a policía local ata chegar ao Concello onde foron recibidos polo máximo representante da Policía Local. Este acompañounos ata a sá de plenos onde lle deu unha breve charla sobre aspectos de educación vial e, logo de facer un percorrido por distintas dependencias do Concello, viron o vehículo oficial da policía.

Despois de tomar un tentempé no parque e facer un descansiño, seguiron cara a Torre dos Andrade, onde visitaron algunhas das súas dependencias.

De volta para o colexio, viron a praza de Sta. María, a casa natal de Mato Vizoso e os restos da muralla da fortificación do Castelo.

Distribuir contido