Curso 2022-23

Taboleiro curso 2022-23

LISTADO DE LIBROS 2023-2024

Aquí podedes consultar o listado de libros para o vindeiro curso.

Educación Infantil

 Educación Primaria

 

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA 2023-2024

Lembren que os alumnos/as que solicitaron praza para o vindeiro curso no noso centro, deben formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de xuño. Poden recoller a documentación a entregar na secretaría do centro ou descargala AQUÍ.

 

BECAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Poñemos á vosa diposición a convocatoria das becas NEAE para o curso 2023-204 así como unhas indicacións para solicitalas.

CONVOCATORIA

INDICACIÓNS

 

INFORMACIÓN PARA A MATRÍCULA NO IES SANTIAGO BASANTA SILVA PARA O CURSO 2023-2024

O alumnado de 6º que o próximo curso se matricule en 1º da ESO no IES Santiago Basanta Silva pode consultar a seguinte guía.

GUÍA IES BASANTA SILVA

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRI R LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2023-2024

Publicada a  Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023.

PRAZO DE SOLICITUDE: Do 20 de maio ao 21 de xuño.

So se presentará unha única instancia para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2023/2024.

 As solicitudes pódense presentar das seguintes formas:

- De xeito presencial, recollendo o modelo na secretaría do centro ou descargandoos  aquí. ANEXOS  I e  ANEXO II.

 -Telematicamente, a través da sede electrónica ou da aplicación fondolibros. 

 DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

-Anexo I (deberá vir asinada polos dous proxenitores)

-Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar, agás o solicitante.

-Copia do libro de familia, onde figuren os membros computables da unidade familiar.

 

En caso de separación ou divorcio deberase achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

-De ser o caso, certificado acreditativo do grao de discapacidade.

PRAZOS

 20 de xuño: Data límite para a entrega dos libros do fondo emprestados neste curso 2022/2023.

21 de xuño: Data límite para a entrega da solicitude e documentación para as axudas para os libros do curso 2023/2024.

27 de xuño: Publicación da resolución provisional no taboleiro do centro.

28 e 29 de xuño: Período de reclamación á adxudiación provisional.

30 de xuño: Publicación da relación definitiva no taboleiro do centro.

Do 4 ao 7 de xullo: Entrega dos vales de libros e material aos solicitantes que teñen dereito

 

AVISO ADMISIÓN ALUMNADO

Tódolos alumnos/as que solicitaron praza no noso colexio para o curso 2023-2024 están admitidos. Poden consultar a listaxe provisional no taboleiro de anuncios do centro.

Lembren que o prazo de formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

 

ADMISION ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024

PRAZAS VACANTES QUE OFERTA O CENTRO

INFANTIL

PRIMARIA

4º INFANTIL: 25

5º INFANTIL: 6

6º INFANTIL: 5

1º PRIMARIA:   25    

2º PRIMARIA:   6

3º PRIMARIA:   0

4º PRIMARIA:   0

5º PRIMARIA:   17

6º PRIMARIA:    4

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será do 1 ao 20 de marzo, ambos inclusive.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

- Solicitude de admisión ( Modelo ED550B ) debidamente cuberto e asinado. Pódese presentar a través da aplicación admisiónalumnadosede electrónica ou tamén o facilita o centro.

- Fotocopias do libro de familia.

- Fotocopia do D.N.I. do alumno (de telo), pai e nai (ou titores legais).

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

-Informe médico.

- Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio de todos os membros da unidade familiar.

- Solicitude servizos complementarios (modelo que facilita o centro).

- Dúas fotografías tamaño carné.

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN

      -  Prazo de solicitude: do 1 ao 20 de marzo.

      - Publicación de listaxes provisionais de admitidos: 25 de abril

      - Publicación de listaxes definitivas de admitidos: 15 de maio.

       -Formalización de matricula: do 20 ao 30 de xuño.

NORMATIVA  QUE REGULA O PROCESO

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado e a Orde do 21 de outubro de 2022

 

OUTRA INFORMACIÓN:

 

                   -Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no centro educativo no que solicite praza en primeiro lugar. 

 

       -O alumnado que xa está escolarizado no centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, o centro de orixe.

 

    -No caso de que exista máis demanda que oferta de prazas, será necesario presentar posteriormente a documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo.

 

 

                                                               RESERVA E PRAZA PARA O CURSO 2023/2024

Dende o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro poden facer a reserva de praza nos centros adscritos (neste caso o IES SANTIAGO BASANTA SILVA) que deberán cubrir os alumnos/as de 6º de Educación Primaria.

 

A reserva pódese facer presencialmente, presentando no centro o ANEXO I,debidamente cuberto e asinado por ambos proxenitores. Lembren cubrir tamén o anexo I-Bis (4ª folla). Se os fillos son menores autorizará o pai ou a nai coa súa sinatura.

 

Tamén se pode presentar telemáticamente, na aplicación admisionalumnado ou a través da sede electrónica.

INTERESADOS NO SERVIZO DE COMEDOR CURSO 2022-23

 

Os que soliciten comedor escolar deberán cubrir o anexo II ( modelo de autodeclaración e especificacións) o cal poden recoller no centro ou descargalo no enlace anterior.

 

No caso de ter que baremar, as datas de publicación serán as seguintes:

 

5 de xullo: publicación de lista provisional.

 

Do 5 ao 8 de xullo: Período de reclamación.

 

 

9 de xullo: Publicación da lista definitiva.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2022-2023

 

No DOG DO 18 de maio de 2022, publícase a Orde do 29 de abril de 2022 (EXTRACTO) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023.

 

NORMAS XERAIS

 

O Prazo de presentación de solicitudes será do 19 de maio ao 22 de xuño.

So se presentará unha única instancia para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2022/2023.

As solicitudes pódense presentar das seguintes formas:

        - De xeito manual, recollendo o modelo na secretaría do centro ou descargandoos  aquí. ANEXOS  I e  ANEXO II.

 

         - Na Aplicación Fondolibros. Unha vez cuberta e co número de solicitude asignado, poden imprimila e entregala no centro. Tamén se pode presentar a través Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

 

Anexo I (deberá vir asinada polos dous proxenitores)

Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar, agás o solicitante.

Copia do libro de familia, onde figuren os membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio deberase achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Certificado acreditativo do grao de discapacidade.

 

 

 PRAZOS

 

21 de xuño: Data límite para a entrega dos libros do fondo emprestados neste curso 2021/2022.

22 de xuño: Data límite para a entrega da solicitude e documentación para as axudas para os libros do curso 2022/2023.

27 de xuño: Publicación da resolución provisional no taboleiro do centro.

28 e 29 de xuño: Período de reclamación á adxudiación provisional.

30 de xuño: Publicación da relación definitiva no taboleiro do centro.

Do 4 ao 8 de xullo: Entrega dos vales de libros e material aos solicitantes que teñen dereito

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023

 

                                                                                                      AVISO

 

 Rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar 22-23  neste centro presentáronse:

 

-19 solicitudes para 4º de Educación Infantil, habendo 25 prazas vacantes.

 

-21 solicitudes para 1º de Educación primaria, habendo 26 prazas vacantes.

 

-2 solicitudes para 3º de primaria, habendo 3  prazas vacantes.

 

 

 

Dado en ningún curso se superou o número de vacantes, todas as solicitudes quedan admitidas.

 

Seguiremos publicando as novidades na páxina web do centro e no taboleiro de anuncios do centro.

 

Lembrámoslles que o prazo de formalización de matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño.

 

  

SOLICITUDE DE ADMISION CURSO 2022-2023

 

PRAZO DE SOLICITUDE: DO 1 AO 21 DE MARZO

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR 

 

- Solicitude de admisión debidamende cumprimentada e asinada (modeloED550B)  que facilita o centro ou a través da aplicación admisionalumnado.

 

   -Fotocopias do libro de famila:

 

        -folla de inscrición do neno/a.

 

        -folla de inscrición do matrimonio ou titulares.

 

        -folla de inscrición de irmáns matriculados no do centro  ( de ser o caso).

 

-Fotocopia do DNI do alumno/a ( de telo), pai e da nai ou titores legais.

 

-Informe médico.

 

-Fotocopia da cartilla de vacinacións.

 

-Fotocopia da tarxeta do seguro médico.

 

-Certificado de convivencia expedido polo Concello que acredite o domicilio de todos os membros da unidade familiar.

 

-Dúas fotos tamaño carné  (co nome por detrás).

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

 

-Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitue no centro que solicite en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que podan corresponderlle.

 

-A solicitude terá que estar preferiblemente asinada polos dous titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenito‑ ras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

 

-O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

NECESIDADE DE BAREMACIÓN

 

 No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares, abrirase un prazo de 10 dias hábiles, contados a partir dos dous dias seguintes ao remate do prazo para presentar a documentacón xustificativa dos criterios de baremación alegados.

 

 Proceso de admisión regulado na Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017 e a Orde do 18 de decembro de 2020.

Distribuir contido