Curso 2015-16, Actividades extraescolares, Outras actividades

ACTIVIDADES FIN DE CURSO

Chega o fin de curso e para celebralo preparamos unhas actividades para gozar todos xuntos:

O día 21 visitounos o mago "Antonciño" e fíxonos uns cuantos trucos de maxia.

O día 22 fixemos xogos cooperativos que organizou o profesorado de Ed.  Física, un tentempé especial e unha actuación do pallaso "Peter Punk"

SAÍDA Á CASA MUSEO MANUEL MARÍA

O alumnado de 1º e 2º de E. Primaria, o martes, día 7 de xuño, visitaron a Casa Museo de Manuel María e a carballeira de Sta. Isabel en Outeiro de Rei.

TEATRO NO MATO VIZOSO

O día 31 de maio, para rematar o mes das Letras Galegas, o alumnado de 6º de Primaria representou, ao resto do alumnado e persoal da comunidade educativa, a obra de Manuel María, "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela".

Pasaron uns poucos nervios pero fixérono moi ben.

Parabéns aos nenos, nenas e a profe M. Xosé Lamas, que foi a que fixo posible isto.

Podedes ver algunas imaxes picando aquí.

SAÍDA Á CASA MUSEO MANUEL MARÍA

O alumnado de 3º e 4º de E. Primaria fixo unha saída para visitar a Casa Museo de Manuel María en Outeiro de Rei, o día 30 de maio. Tamén aproveitaron para coñecer o proceso de elaboración de pezas de cerámica na olería de Bonxe.

EXCURSIÓN DE 5º PRIMARIA Á CORUÑA

O venres, día 27 de maio, o alumnado de 5º de primaria, realizou unha saída á cidade da Coruña para visitar a Casa das Ciencias, o Domus e o Aquarium. Logo merendaron no monte de San Pedro para regresar facendo parte do traxecto en tren.

ACTIVIDADES NO IES BASANTA SILVA

O alumnado deste centro está asistindo a distintas actividades (teatro, contacontos,cine,...) organizadas polo IES Basanta Silva, con motivo do seu cincuentenario.

ACTIVIDADES NO IES BASANTA SILVA

O alumnado deste centro está asistindo a distintas actividades (cine, teatro, títeres...) que se están levando a cabo no IES Basanta Silva, con motivo do seu cincuentenario.

 

PREMIADOS NA FESTA DE FILLOA

Resultaron premiados no concurso da "Festa da filloa" os seguintes alumnos e alumnas deste centro:

               Natalia León Alcívar de 3ºB

               Danny Yáñez Pena de 3ºB

               Diego Montenegro Rivas de 4º A

               Santiago Sampayo Pacín de 6ºA

 Parabéns a estes pequenos artistas!

 

Terán que pasar a recoller o premio o domingo, día 1 de maio, no recinto feiral "Manuel Vila López" de Muimenta sobre as 13, 30.

VISITA Á QUEIXERÍA PRESTES

O venres, día 29, o alumnado de 1º e 2º de primaria visitou a "Queixería Prestes " de Vilalba, situada no polígono industrial, co fin de coñecer o proceso de elaboración do queixo de S. Simón e outros.

Ao rematar foron tomar o tentempé á praia da Madalena e xogaron un ratiño para logo voltar ao colexio.

(fotografías)

VISITA AO MUSEO DE VILALBA -MUPAV

O día 27 de abril, o alumnado de 4º de Educación Primaria, fixo unha visita ao Museo de Prehistoira e Arqueoloxía de Vilalba para coñecer máis  de preto a vida dos nosos antepasados.

Realizaron un taller de cerámica ademais de visitar as dependencias de forma guiada.

Distribuir contido