Skip to Content

    

   

Información

SOLICITUDE PARA USO DO COMEDOR ESCOLAR E COLABORADORES/AS

A partir do mércores 30 de xuño estará aberto o prazo de solicitude para o uso do comedor escolar, así coma para colaboradores e colaboradoras do mesmo. As solicitudes pódense descargar premendo nos seguintes enlaces:

SOLICITUDE PARA USUARIOS/AS        SOLICITUDE PARA COLABORADORES/AS

O horario para a entrega será de luns a venres de 10:00h a 13:00h e ata o 12 de xullo.

Información sobre o servizo de comedor

                                  

                PERSOAL DO COMEDOR

 

         Director


 
     Iván López Arias

Coordina ao persoal de comedor .

Elabora os menús xunto coa encargada, que logo serán aprobados no Consello Escolar

        Encargada

      Mª Antonia Picón             González

Organiza quendas de vixiancia e servizo de alimentos.

     Colaboradores

 

11 persoas (nais, conserxe,coidadora)

 

Coidan hábitos e comportamento no comedor.

Atenden ao alumnado no tempo de lecer.

      Cociñeiras e

      Axudantes

 

 1 oficial de 2ª

2 axudantes de cociña

 

 

Realizan o menú e labores de limpeza e hixiene da cociña.

De conformidade co establecido no Decreto 132/2013, do 1 de agosto, o centro dispón do regulamento de funcionamento do comedor escolar seguinte:

Establécense dúas quendas de funcionamento. A primeira para alumnado do colexio ás 13:25 horas e a segunda para o alumnado do IES “Pedregal de Irimia” ás 15:00 horas. 

A 1ª quenda está atendida por un total de sete nais de alumnado e a conserxe do colexio. Fan a entrada no comedor ás 12:30 horas. En 50 minutos comen e encárganse de montar as mesas do alumnado e distribuir o pan e o leite nos lugares correspondentes a cada fila de comensais. Ás 13:20 saen buscar ao alumnado ás súas respectivas clases e acompáñanos ata o comedor. Unha vez sentados, sírvenlles o primeiro prato. Rematado este, sírvenlles o segundo e, posteriormente, a sobremesa. Finalmente, recollen as mesas e, ao finalizar, acompañan ao alumnado ata os lugares habituais de lecer, facendo labores de vixiancias e organización de xogos ata a entrada as aulas (14:55 horas).

 A 2ª quenda está atendida por un profesor/a do IES, un conserxe e unha nai de alumno. O proceder é, basicamente, o mesmo ca na primeira quenda, só que estes comen ás 14:30, aproximadamente, é dicir, antes da entrada do alumnado. 

En calquera das dúas quendas, o persoal colaborador é o encargado de manter a orde e as boas formas na mesa e o respeto aos compañeiros e compañeiras. En todo caso, a encargada de comedor e o director do colexio tamén están vixiantes para que se cumplan as normas e todo se desenvolva con normalidade e boas formas.

Distribuir contido


by Dr. Radut