Eventos

« Febreiro 2012
DomLunMarMérXovVenSáb
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
26272829

Lecturas para o verán

Ola a todos/as:


Dende o equipo de dinamizació da biblioteca propoñemos unha serie de lecturas para o verán.


 Enlace

ATA LOGO CROCODILO!

A través do Equipo de Dinamización de Biblioteca, o CEIP de Meira tivo a honra de contar coa presencia o mércores 4 de maio de Abraham Carreiro, ilustrador de publicacións como "A pel do crocodilo", "As espiñas do porco espiño" ou "O cazador de Cambodia" entre moitos outros.


Nesta visita mostrou a todo o alumnado do centro como é o proceso de ilustración representando algúns dos seus personaxes dos libros.


Previamente todo o centro participou en actividades dirixidas polo Equipo de Dinamización da Biblioteca como a lectura dalgúns dos seus libros, ou a confección de crocodilos nos seus máis variados formatos.


Aquí van algunhas das imaxes do encontro.


 




Día da árbore no CEIP de Meira

A pasada semana, o CEIP de Meira celebrou o "día da árbore", contando coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e infrastructuras".


Neste acto, Ramón Rozadillas, presentou moi lúdicamente a todo o centro os diferentes xeitos de como podemos contribuir ao coidado do medio ambiente, ademáis de colocar nas árbores do patio distintos niños artificiais para os paxaros e repartir entre o alumnado unha maceta coa semente dunha árbore para que así a poidan coidar e posteriormente trasplantar.





Buscade o peliqueiro?

Buscade o peliqueiro?

Neste mural feito polo alumnado de Educación infantil, atópase agochado entre exipcios, indios e piratas un "peliqueiro", animádevos a buscalo.

Comezan as "Mochilas Viaxeiras" no CEIP de MEIRA

Boas!!!

Este mércores comeza no CEIP de Meira a actividade das "Mochilas Viaxeiras".

DEnde agora ata finais de curso, cada semana o alumnado de Primaria levará unha mochila para a casa, que inclúe libros para disfrutar toda a familia, entre os que se atopan, bandas deseñadas, poesía, DVDs, etc. amais dun caderno onde os participantes poderán recoller as súas impresións e deixar as súas propostas para mellorar esta actividade.

Esperamos que vos guste... O equipo de dinamización da biblioteca.

Movilizacións profesorado

Movilizacións profesorado

Charlas sobre medio ambiente

Hoxe, 2 de febreiro, contamos no CEIP de Meira, coa presencia de Bruno, técnico forestal, que nos achegou unha importante información e concienciación sobre os coidados que require o medio ambiente, fundamentalmente o perigo que supoñen os incendios forestais.

Participa desta actividade todo o alumnado do centro, ... con moita satisfacción.

Distribuir contido