Skip to Content

    

   

CRITERIOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN PARA O CURSO 2019/2020

No  documento adxunto recóllense os acordos de claustro sobre os criterios de avaliación e cualificación para este curso 2019/2020.

 

RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO. CURSO 2020/2021

Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020 que, no ámbito educativo, estableceu os seguintes acordos:

Acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa presentación.

2. Novos prazos do procedemento.

a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.

b) Novos prazos do proceso:

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

3. Adxudicación subsidiaria de postos escolares.

Con carácter excepcional, non se constituirán as comisións de escolarización. Todas as funcións para a adxudicación subsidiaria de postos escolares que se atribúen ao dito órgano do proceso de admisión serán asumidas e desenvolvidas polos servizos territoriais de Inspección educativa de cada unha das xefaturas territoriais da Consellería.

DÍA DA E.F.NA RÚA

MENSAXE IMPORTANTE

Axudas ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de COMEDOR ESCOLAR

Aviso da convocatoria de axudas ás familias de usuarios do comedor escolar, só para as que teñen gratuidade total ou pagan 1€.

Tedes o texto completo no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200330/AnuncioG0534-270320-0001_gl.html
Se picades neste enlace tedes un resumo da orde: https://drive.google.com/open?id=1Y1kbdb80JN_gs66Sl7M14X4muOI2_mGc
Nel aclara que as solicitudes deben ser todas por vía telemática, á sede electrónica da Xunta.

En caso de non ter esa opción, debedes enviar un correo electrónico a ceip.meira@edu.xunta.es poñendo no asunto Axudas Comedor e cos seguintes datos:
Nome e apelidos do solicitante (nai/pai ou titor)
dni do solicitante
Nº de conta bancaria
Tipo de pago (Gratuito ou 1€)
Para resolver as dúbidas podedes chamar ao teléfono do centro:982870535.

SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE LECTIVA.RECURSOS PARA O ALUMNADO.

A TRAVÉS DOS BLOGS DE AULAS E DO BLOG DA BIBLIOTECA PODEDES TER ACCESO AS ACTIVIDADES QUE DOS DISTINTOS CURSOS.

LIBROS DE TEXTO 2019/20

Libros de texto de E.I. e E.P. para o vindeiro curso 2019/20.

ADMISIÓN ALUMNADO curso 2020/2021

Actualizamos

28/10/2018

 

Estamos actualizando a web do cole!

 

 

ADMISIÓN DO ALUMNADO (CURSO 2021/2022)

                                                                          Preme na imaxe para ampliar

 Abre a pestana 'adxuntos' ou preme sobre esta ligazón para acceder ao documento de solicitude de admisión.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut