Skip to Content

    

   

SOLICITUDE PARA USO DO COMEDOR ESCOLAR E COLABORADORES/AS

A partir do mércores 30 de xuño estará aberto o prazo de solicitude para o uso do comedor escolar, así coma para colaboradores e colaboradoras do mesmo. As solicitudes pódense descargar premendo nos seguintes enlaces:

SOLICITUDE PARA USUARIOS/AS        SOLICITUDE PARA COLABORADORES/AS

O horario para a entrega será de luns a venres de 10:00h a 13:00h e ata o 12 de xullo.

PROCESO DE MATRICULACIÓN

prazo do período de matriculación do novo alumnado para o curso 2021-2022, tanto en Educación Infantil como en Educación Primaria, vai dende o día 20 de xuño ata o 30 de xuño de 2021.

Dende o día 20 de xuño de 2021 terán á súa disposición no centro o documento para a formalización da matrícula (ANEXO III-1) que tamén poden descargar premendo sobre esta ligazón, así como  resto de impresos e listado de documentación requerida.

XOGOS TRADICIONAIS NO FINAL DO CURSO

20210622_104822.jpg 20210622_114425.jpg

Neste final de curso, a ANPA do CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz agasallounos cunha xornada de xogos tradicionais a cargo da Asociación de Xogos Tradicionais de Muimenta (XOTRAMU).

Na galería fotográfica do centro pódese ver un resumo do que foi esta xornada.

ENTREGA DE PREMIOS DO 'II CERTAME LITERARIO' DO IES PEDREGAL DE IRIMIA

O pasado martes 22 de xuño entregáronse no Centro Sociocultural de Meira os premios do ‘II Certame de Microrrelatos’ organizados polo IES Pedregal de Irimia.

Nesta ocasión, dous alumnos do CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz resultaron premiados na categoría infantil. Trátase de Iris Fernández García, que resultou gañadora desta categoría coa obra “Problemas na aula de 6º” e de Raúl García Pumares, quen recibiu un  accésit pola obra “Historia dun piñeiro”.

   

 

    

Dende o CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz queremos amosar a nosa ledicia e transmitir tamén os nosos parabéns a todas as premiadas e participantes, así como agradecerlle á organización que sempre nos teña en conta para estas iniciativas culturais tan frutíferas.

Se queredes dispor de toda a información relativa ao ‘II Concurso de Microrrelatos’ organizado polo IES Pedregal de Irimia, entrade xa no Blog de BiblioMeira.

ESPECTÁCULO DE MONICREQUES

O pasado luns 21 de xuño o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou no Centro Sociocultural de Meira un Teatro de Monicreques para todo o alumnado do centro.

          

A compañía 'Micromina Títeres' foi a encargada de traernos nesta ocasión o humor e a diversión nestes últimos días de curso. Así, a través da obra 'Vacacións no mar' puidemos sentir as aventuras, a amizade, lealdade, confianza, enganos e aprendizaxe para a superación de conflitos nunha historia na que Marina, a súa protagonista, pretendía cumprir o seu soño de dar a volta ao planeta.

Nun segundo acto, descubrimos a divertida historia de Stela, quen acabada a súa baixa por maternidade e tiña que retomar a súa actividade profesional. Neste caso, Cromina tense que facer cargo do bebé e descubrir o mundo da crianza de primeira man. Unha obra para a coeducación que nos transmite aprendizaxes varias como igualdade, conciliación, adaptación a circunstancias cambiantes, etc.

Que ben o pasamos!

  

O FINAL DUNHA ETAPA PARA O ALUMNADO DO 6º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

       

Así foi como despedimos ao alumnado do 6º curso de Educación Primaria, cunha recompilación de momentos e facendo memoria do seu paso polo CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz.

Como se describe ao final do vídeo, dende aquí desexámosllles a todas e todos os maiores éxitos porque elas e eles son os protagonistas do futuro.

ALUMNADO PREMIADO NO 'IV CONCURSO DE DEBUXO E POESÍA AVELINO DÍAZ'

Catro alumnas e alumnos do CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz resultaron premiadas no ‘IV concurso de debuxo e poesía Avelino Díaz’.

O venres 18 de xuño,  Alba, Daniela, Sergio e Xabier dirixíronse ao Centro Sociocultural ‘Avelino Díaz’ de Riotorto para recibir cadanseu recoñecemento.

     

     

Dende esta ligazón podedes acceder á acta final na que o xurado ditamina a concesión dos diferentes premios.

Parabéns a todo o alumnado que presentou traballos, e de maneira especial aos premiados e premiadas!

ACTIVIDADE CONXUNTA COA ESCOLA INFANTIL 'O VERMIÑO'

A pasada semana o alumnado de Educación Infantil do noso centro fixo entrega na Escola Infantil 'O vermiño' dun libro recompilatorio, deseñado coa axuda das súas mestras, no que se recollen diversas actividades que desenvolveron ao longo deste curso. Accedede ao blog da biblioteca de Xalín para botarlle unha ollada ao libro, un traballo elaborado con moito detalle que ninguén pode quedar sen ver.

Asemade, tamén presentaron unha 'Pequelectura' en forma de teatro de monicreques, nesta ocasión, unha obra creada polo alumnado de 6º curso de Educación Primaria.

PREMIO NA BIBLIOTECA E ACTIVIDADES DE ROBÓTICA

O martes 8 de xuño, o alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria gozou do merecido premio outorgado pola súa participación no voluntariado das Bibliotecas Escolares.

O premio consistiu nun obradoiro de ‘E-téxtiles e robótica creativa’, impartido por Paola Guimeráns.

  

Se queredes saber máis sobre o que alí se fixo, visitade o blog da Biblioteca de Xalín!

 ... E se falamos de robótica, tamén temos que dar conta das actividades que realizaron as alumnas e alumnos de 1º e 2º curso de Educación Primaria. Mirade canto aprenden coa utilización dos robots!

  

    

LETRAS GALEGAS 2021: MULLERES NAS LETRAS

Distribuir contido


by Dr. Radut