Skip to Content

    

   

QUERES SABER QUE FIXO XALÍN CON ESTES INGREDIENTES?

Se a túa resposta á pregunta anterior é afirmativa, preme na seguinte imaxe que te levará ao blog da biblioteca. 

Alí podes ver o traballo que xa realizaron as alumnas e alumnos de Educación Infantil e do 3º curso da Educación Primaria con motivo da conmemoración do mes da Ciencia.

                

A BIBLIOTECA DE XALÍN SORPRÉNDENOS CUN AGASALLO

 Preme na imaxe ou accede ao blog da Biblioteca de Xalín para abrir o agasallo.

25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

As alumnas e alumnos do CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz súmanse un ano máis á loita contra a Violencia de Xénero, sen dúbida unha das grandes problemáticas sociais que asola a nosa sociedade.

Este 25 de novembro de 2020, coordinados polo Equipo de Biblioteca, as alumnas e alumnos do noso centro colaboraron na creación dun mural reivindicativo baixo o lema 'Deixádenos voar'. Nas diferentes bolboretas que tiraban desas catro mulleres que aparecían na imaxe pódense ler mensaxes como: 'Non lles metas pedras no bolsillo', 'Podes cumprir os teus soños', 'Podemos compartir', 'Eu elixo o que quero ser', 'Si lo puedes soñar lo puedes conseguir', ...

Na galería fotográfica deixamos unha escolma deste extraordinario traballo, que desexamos, permaneza na nosa memoria alén do 25 de novembro.

20201125_130859.jpg

HORARIOS ESPELLO

Segundo a Resolución conxunta da Secretaría Xeral Técnica e da Secretaria Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se aproba o Plan de Continxencia ante peches de aulas ou centros educativos no contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020-2021, publicamos os "horarios espello" do noso centro no documento adxunto.

PROTOCOLO COVID-19

Na marxe dereita desta páxina podedes atopar o bloque 'COVID-19'. Neste apartado achégase toda a información relativa ás medidas hixiénico-sanitarias a seguir no presente curso.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO 2020-21

Listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2020- 2021 no arquivo adxunto.

 

MATRÍCULA CURSO 2020/2021

Proceso de matrícula de alumn@s para o vindeiro curso 2020/2021: 

PRAZO: Do 1 ao 10 de XULLO

ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN: No centro .

HORARIO: De 10.00 a 13:00 h.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR: 

  • Impreso de solicitude. Adxunto.
  • Certificado médico.
  • Certificado de empadronamento.
  • 2 Fotos tamaño DNI.
  • Fotocopia Tarxeta Sanitaria d@ solicitante.
  • Fotocopia do libro de familia.
  • Fotocopia da cartilla de vacinas.
  • Autorización do uso da imaxe. Adxunto
  • Autorización de saidas ao contorno. Adxunto
  • Información sobre intolerancias alimenticias. Adxunto
  • Opción sobre o ensino da relixión Católica. Adxunto
  • Cuestionario sobre a lingua materna( só 4º de E. Infantil) Adxunto
  • Opción sobre a Lingua Estranxeira( só para cursos de E. Primaria) Adxunto
  • Autorización para participar nas Sección Bilingües (só 4º,5º,e,6º, de E. Primaria) Adxunto
  • Solicitude de admisión no comedor escolar (se fose o caso) Adxunto nunha entrada anterior da web
  • Solicitude de parada de transporte escolar (se fose o caso) Adxunto
  • Calquera outra documentación que o centro considere oportuna solicitar.

NOS ARQUIVOS ADXUNTOS PODEDES DESCARGAR OS IMPRESOS E AUTORIZACIÓNS:

PERSOAL COLABORADOR/A DO COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020/21

Convocatoria para formar parte como colaborador/a do comedor escolar curso 2020/21.

SOLICITUDE:Descargala no archivo adxunto, ou se non é posible recollela no centro.

PRAZO:Ata o 15 de XULLO.

ENTREGA DE SOLICITUDES:No centro, en horario de 10.00 h a 13.00 h.

A listaxe de admitidos/as publicarase en setembro.

ADMISIÓN DE USUARIOS DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020/21

Convocatoria para admisión de alumnado usuario de comedor escolar para o curso 2020/2021.

SOLICITUDE: Descargala no archivo adxunto, ou se non é posible recollela no centro escolar.

PRAZO: Ata o 15 de XULLO.

ENTREGA DE SOLICITUDES: No centro, en horario de 10:00 h a 13.00 h.

A listaxe de admitidos publicarase no mes de xullo.

CONVOCATORIA DE SOLICITUDES DE AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021/2022

Convocatoria de solicitudes de axuda para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2021/2022

Dende o 21 de maio e ata o 22 de xuño podedes solicitar as axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o alumnado que no curso que vén faga 1º ou 2º curso de Educación Primaria e para o reparto de libros do fondo solidario de libros de texto e adquisición de material escolar para o alumnado que faga  3º, 4º, 5º ou 6º curso de Educación Primaria.

Tedes toda a información no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

O alumnado de 5º curso de Educación Primaria participará no Proxecto EDIXGAL e polo tanto non terá axuda para libros xa que utilizarán libro dixital, pero si poden optar á axuda de material escolar.

Podedes cubrir os Anexos I e II, que figuran debaixo desta publicación, imprimilos e entregalos no centro. Tamén podedes facer o trámite de maneira telemática seguindo as instrucións do enlace anterior.

     O horario para a entrega das solicitudes será de 9:30 h a 10:30 h de luns a venres.

Distribuir contido


by Dr. Radut