Skip to Content

    

   

PODCAST DE TEATRO LIDO


 

Voz Natura

O horto escolar do CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz xa está en marcha no marco do proxecto Voz Natura.

Dende o mes de abril, as alumnas e alumnos dos diferentes cursos xa comezaron a traballar planificando as plantacións das súas parcelas. Así, entenderon o laborioso proceso que implica a agricultura, labrando a terra, sementando, regando, ..., e todo o que nos queda por diante.

         


Alén do comentado anteriormente,  o alumnado de 5º curso de Educación Infantil desenvolveu un estudo das árbores do patio do noso centro. O resultado final do seu traballo foi a creación dun Herbario.

       


O alumnado de 2º curso de Educación Primaria despregou diferentes propostas mesturando, por exemplo, arte e natureza a través da súa actividade ‘Pintando con pinceis naturais’.

       

flora na poesía de Avelino Díaz da man do seu poema titulado ‘As xestas’ foi outra das iniciativas que serviu de medio para que o alumnado nos deleitase coa súa creatividade. Unha proposta realmente interesante que a todas e todos nos gustaría probar!

    

Premendo sobre o vídeo, podedes ver o 'Herbario poético' que confeccionaron as alumnas e alumnos de 2º curso de EP coa axuda das súas mestras e das súas familias. 

Tomando como centro de interese o mencionado poema de Avelino Díaz, durante o mes de maio as alumnas e alumnos de 2º curso de EP elaboraron o seu particular 'Maio' empregando toxos, xestas e fieitos.

    2o__3.jpeg  2o_4.jpeg

En último lugar, as alumnas e alumnos de 2º curso de EP achégannos o seu vídeo titulado 'Traballando no horto'.

     


No 4º curso de Educación Primaria optaron por centrarse nas plantas aromáticas como melisa, lavanda, tomiño, ourego, menta, etc. Dende aquí case podemos cheirar o recendo das plantacións das alumnas e alumnos de 4º curso de EP.     

       


Logo, tamén cabe mencionar que o alumnado de 2º e 6º curso de Educación Primaria, como podemos descubrir na GALERÍA FOTOGRÁFICA, se dedicaron a traballar a parte matemática do horto. Practicaron a medida, estimación, cálculo de áreas, volumes, etc., adaptado iso si, aos diferentes niveis e ritmos de traballo.

       

Aquí se achega unha mostra dos planos (en diferentes escalas) elaborados polo alumnado de 6º curso de Educación Primaria.

      

      

      

      


Na liña do traballo proposto dende a Biblioteca Escolar neste terceiro trimestre, é dicir, no desenvolvemento das competencias ALFIN-AMI ligadas á 'Educación Saudable', o alumnado de 6º curso de Educación Primaria deseñou un 'libro de lapelas' para amosar o funcionamento do composteiro que temos no horto. Así, achegáronse propostas para a súa reubicación, listas de materiais a evitar e engadir, como corrixir problemas que poidan xurdir, etc.

                  

ENTREGA DE PREMIOS DO I CERTAME DE FOTOGRAFÍA DO IES PEDREGAL DE IRIMIA

As alumnas do CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz Aya Lafou e Lorena Alonso Campo resultaron premiadas no I certame de fotografía IES Pedregal de Irimia dentro da categoría Infantil.

      

                                 Fotografía extraída da páxina web do IES Pedregal de Irimia 

O pasado luns, 19 de abril de 2021 entregáronse os premios en presenza da Vicepresidenta da Deputación de Lugo, do Concelleiro de Cultura de Meira, membros do xurado e representantes do IES Pedregal de Irimia e CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz.

No acto destacáronse a calidade das obras presentadas, así como o mérito do equipo organizativo na promoción da cultura ligada á valoración das paisaxes naturais.

              

  Premendo nesta ligazón accedes ao Blog de BiblioMeira, onde podes ver todas as obras premiadas.

 

DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR

DÍA DA POESÍA

  

   20210408_144909<br />
  20210408_144648.jpg   

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

8M: DÍA DA MULLER

                  

ENTROIDO E GASTRONOMÍA DA MAN DE XALÍN

 Para ver todas as receitas premede enriba da imaxe ou accedede directamente ao blog da Biblioteca de Xalín

'... DE PERSOAL SANITARIO NOS DISFRAZAMOS'

     Preme na imaxe que aparece na marxe dereita para acceder directamente á galería fotográfica do Entroido 2021.

Chegou o Entroido e con el chegou o momento de cumprir as ordes que dita o mandado semanal. Nesta ocasión, o mandado facía un merecido recoñecemento a todas as sanitarias e sanitarios que traballan arreo para salvagardar a saúde das persoas.

Foi tal a nosa implicación, metémonos tanto no labor de sanitarias e sanitarios que as nosas compañeiras Sabela e Lorena incluso nos trouxeron exemplares de materiais veterinarios como suturas, guantes de brazo, pinzas mosquito e xiringas para a colocación de microchips. Así, todas e todos aprendemos a valorar tamén o labor esencial das veterinarias e veterinarios no marco dos profesionais sanitarios.

  

   

DEBUXANDO UN MUNDO EN PAZ

 

 

 

 (Preme enriba de cada imaxe do mural para ampliar e observar con maior precisión os diferentes traballos)

 

 

'Debuxando un mundo en paz', así é como titulamos o mural co que conmemoramos o Día da Ilustración e o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Apoiándonos nas estampas e debuxos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao decatámonos do potencial que gardan os debuxos para transmitir as nosas ideas e sentimentos. Pero non só iso, pois as obras deste autor tamén nos fixeron ver de primeira man a necesidade de ter sempre presente na nosa vida diaria a empatía como un dos elementos fundamentais, entre moitos outros ingredientes, tal e como recollen algunhas das achegas dos diferentes grupos colaboradores na confección do mural.

Asemade, co desenvolvemento desta tarefa tamén percibimos que é preciso manter vivo un exercicio de crítica social, sempre dende o respecto e a tolerancia, co fin de progresar e construír unha sociedade que lle diga NON á violencia e SI á Paz.

Distribuir contido


by Dr. Radut