Skip to Content

LENDAS DA GALIZA ENCANTADA

 

 

O alumnado de 6º de primaria, na área de Lingua Galega e Literatura, fixo unha recopilación de mitos e lendas de Galicia adaptándoas a nosa localidade, esperamos que vos gusten:

A Casa da Moura é un monumento megalítico situado no concello de Santa María de Oia
Cóntase que cando pasaba por alí unha nena de mañá cedo para a feira do doce saíu un mouro e preguntoulle:
—E logo, para onde vai?
—Voulle para a feira mercar uns porquiños.
—¿E ten moito diñeiro para os mercar?
—Ai, señor, eu diñeiro téñolle pouquiño.
—Ben, pois vas á feira e mercas dous porcos, dos mellores que haxa. E espérasme alí, ti e mailos que chos vendan. E despois vou eu e págollelos.
Pasou todo segundo dixo o mouro; e o mouro quedou cun porco e a nena con outro. Entón, o mouro díxolle a nena:
—Mira, tráeme aquí todas as mañás cedo un anaco de pan .Ti non chames por ninguén. Déixamo neste sitio que xa terás nel un peso todos os días. E así sempre. E ten tino de non dicir nada a ninguén, que estas cousas non se poden dicir.
E por moito tempo a nena levou o pan e colleu os cartos.
Mais a súa nai sempre lle andaba dicindo:
—¿De onde che veñen os cartos? Porque antes non tiñamos case ningún e agora temos moitos. Ti tes que ter unha amiga que chos dá.
E a nena contestáballe:
—Non, mama, non. Ti come e bebe, e a min déixame, que eu non teño amiga ningunha.
E ela volvía a porfiar:
—Pois ti tesmo que dicir, que de algún lado che veñen.
E tanto porfiou, e tanto fixo, que a nena rematou por llo dicir.
Ao outro día de mañá foi co leite mais ao chegar ao sitio sinalado, en vez de cartos, atopou un corno cun letreiro que dicía:
“Falaches, corneaches”

Lúa Paredes

 

 

AdxuntoTamaño
hugo 30.odt16.41 KB
lendas de 6º.odt199.54 KB


page | by Dr. Radut