Skip to Content

3º primaria

XA TEMOS A HORTA CASI PREPARADA

Grazas a Ramón e So Wang que nos axudaron a retirar os restos vexetais da horta de primavera. Xa temos o terreo listo para traballar e plantar. O alumnado de proxecto competencial está a encargarse de planificar e plantar a horta, seguro que teremos uns productos excelentes.

DACHBALL EN 3º DE PRIMARIA

Polo ximnasio, nas clases de educación física de 3º de primaria, apareceron uns superheroes que teñen moitas ganas de xogar. Si, nenos e nenas, estamos a xogar ao DACHBALL ou brilé con superpoderes...anímaste a xogar???

A HORTA DO CEDO

Comeza o curso e xa estamos pensando nos traballos agrícolas do noso cole. O primeiro que faremos será recoller a horta de primavera e preparar a terra para a nova plantación de outono. Estupendo!!!!

BALONMÁN NAS AULAS

O Mecalia Atlético Guardés e o Valinox Novás desenvolven un programa conxunto para as escolas deportivas. Os dous clubes irán da man nas visitas aos colexios, xornadas de iniciación e máis actividades destinadas á captación de nenxs.
 
Esta semana recibimos a visita destes grandes deportistas no colexio de Oia. Fixemos unhos xogos de adestramento e comprendemos a importancia do traballo en equipo. Agora toca seguir practicando, ánimo rapaces e rapazas.

SAÍDA A FINDA MOREIRAS

As nenas e nenos de 3º, 4º e 5º de E.P.  efectuaron unha saída a Finca Moreiras en Mougás (Oia), onde puideron gozar dunha xornada marabillosa con cabalos.

A continuación poden visualizar un pequeno resumo da mesma:

 

 

Foi un día marabilloso!!!

NOVOS PROGRAMAS DA RADIO ARRABAL

NOVOS programas da RADIO ARRABAL, en formato de PODCAST, coas SECCIÓNS de máis éxito, con novos EQUIPOS DE TRABALLO e sempre co MÁXIMO INTERÉS E ACTUALIDADE. Non deixes de escoitar a radio. ADIÁNTE!

Nos arquivos adxuntos escoitarás algúns pódcast feitos polo alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º.

PLANTACIÓN DE ALOE VERA

Os nenos e as nenas de 3º  de primaria están plantando ALOE VERA e teñen intención de obter crema.

Despois de estudar a planta e preparar o terreo,  plantamos os brotes e agora toca esperar a que creza e podamos recollela.

(Nico 6º)

Como Sembrar SABILA 2022 //plantar ALOE VERA // manos de tierra - YouTubeCómo plantar y cultivar Aloe vera


PROGRAMA COCIÑARTE

PROGRAMA GASTRONÓMICO COCIÑARTE

Arranca o cuarto programa de CociñArte. Quédate con nós para ver esta deliciosa receita de GALLETA DE GARAVANZO da man de Cosme, de 5º de EI y Carlota, de terceiro curso. 

Pero antes de comezar... 

Sabedes onde se orixinaron as galletas de garavanzos?

A orixe dos garavanzos é incerto. A teoría máis aceptada sitúaos na zona do Mediterráneo Oriental, onde se expandiron por todo o litoral. Despois asentáronse en Persia, Asia Central e na India. Os garavanzos foron introducidos en América, na segunda viaxe que realizaron as colonias Españolas lideradas por Cristóbal Colón; alí cultiváronse con éxito nas rexións más secas de todo el territorio.

 
 
Bo proveito!!

ESCOLA DE BALONMÁN

Ao comezar o curso tivemos unha visita moi especial. As xogadoras do Atletico Guardésimpartiron unha clase maxistral para aprender a xogar ao balonmán. Aprendemos as regras do deporte, como colocarnos no campo e pasar aos compañeiros para que sexa a pelota a que corra e non os xogadores. Foi moi emocionante e divertido!

Distribuir contido


by Dr. Radut