Skip to Content

5º primaria

DÍA MUNDIAL DA RADIO NO ARRABAL

Dende o 13 de febreiro de 2011 vense celebrando, promovido pola UNESCO, O DÍA MUNDIAL DA RADIO. Onte 13 de febreiro na RADIO ARRABAL sumámonos a esta celebración coa emisión en directo dun programa especial. Especial polo seu contido e por ser no que máis alumnado interviu. As nenas e nenos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º foron os protagonistas desta emisión. Disfrutadea e estade moi atentos para responder á pregunta do concurso. FELIZ DÍA DA RADIO e bo entroido!!!

 

DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Non hai dous sin tres, así que aí vai o terceiro programa en directo da Radio Arrabal. Esta semana adicado ao día escolar da "NON VIOLENCIA E A PAZ". Un programa con moitas seccións e moi interesantes e, por suposto, o concurso. Anímate e participa!!!

CARNET SPIDER

Empezamos o novo ano cun reto para os recreos de boulder: o carnet de spider. Para conseguilo terás que  acudir aos adestramentos de boulder polo menos 5 veces e a recompensa estará asegurada. Anímate a participar!!!

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Carnet spider

Piscina 2º trimestre

Nestre trimestre xs nenxs de 6º e 5º de primaria van a piscina de A Guarda cada martes. Alí aprenden a nadar e disfrutar ao mesmo tempo por iso están desexando que chegue o martes. Pásano xenial, están máis tempo fora do cole todxs xuntos. Aquí vos deixan uns álbums con fotos da piscina.

Están desexando que chegue o martes para coller o churro e a paleta e nadar sen parar. A auga patos!!!

(Gael, Carla, Iago e Nico de 6º de primaria)

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Piscina 2º trimestre

SEGUNDO PROGRAMA EN DIRECTO DA RADIO ARRABAL

Xa temos o segundo programa en directo da Radio Arrabal. As nenas e nenos de 5º e 6º colaboraron para facer este marabilloso programa. Aínda que con algúns problemas técnicos conseguimos emitir en directo e iso nos fai moita ilusión. Esperemos que vos guste, nós xa empezamos a preparar o seguinte. Adeus!!! Bo fin de semana!!!

PROGRAMA DIRECTO ESPECIAL NADAL

Sen darnos conta chegou o NADAL e con el o primeiro programa en DIRECTO da RADIO ARRABAL. BEEEENNN!!!

Vén cargadiño de seccións e se o escoitas ata o final terás unha entrevista sorpresa cun personaxe entrañable (jou, jou, jou).

 

 

Disfrutade das vacacións, pasade moito tempo coa familia e vémonos para o ano que vén.

FELICES FESTAS!!!

BOULDER EN OIA

Comezamos o terceiro ano de BOULDER EN OIA e cada vez estamos máis motivados con esta actividade. Sendo Oia un lugar de referencia para a escalada en Galicia, o noso colexio quere contribuir a fomentar este deporte de aventura. Durante os recreos e parte da hora de ler, o alumnado de 4º, 5º e 6º, participa en xogos e escaladas para ter máis horas de actividade física no colexio. Anímate e participa...contamos contigo!!!

CAMPO A TRAVÉS 2022

 Clica na imaxe se queres ver algunhas fotos da carreira

 

Clica na imaxe para ver o pdf cos resultados do campo a través

 

Esta semana os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º fixeron unha pequena viaxe a...PRAIA DA LADEIRA. Alí realizaron  unha pequena proba física na que correron unha milla.

Arriba tedes algunhas imaxes e os resultados da proba.

(Pablo 6º)

 

SI CHOVE QUE CHOVA

Agora que empezan as chuvias é o momento de acudir ao ximnasio e aproveitar o boulder. O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria vai nos recreos e parte da hora de ler. Costa gabear polo panel pero eso é o que nos motiva. VAMOOOOOSSSSS!!!

Programa "Alucine!"

RADIO ARRABAL

Programa "Alucine!"

Aquí chega o primeiro programa elaborado polo alumnado de 5º de primaria!

Temática: cine!

Dalle click ao play e alucina con... Radio Arrabal!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut