Skip to Content

2º primaria

PODCAST 13-5-2022

Este venres de radio o alumnado de 2º de primaria sorprendeunos cun podcast marabilloso. Na clase de galego estiveron preparando os textos e no estudio da RADIO ARRABAL gravaron as voces e a música. Non deixes de escoitalos son o COLMO!!! Adiante coa radio...

✓ 20 CHISTES DE COLMOS muy buenos (¿Cuál es el colmo de...?)

MULLERES DA HISTORIA

O alumnado de 2º e 4º de Educación Primaria segue traballando  coa finalidade de por en valor as mulleres da nosa sociedade. Por iso, quixemos homenaxear as mulleres da nosa historia, xa que por desgraza moitas veces quedaron relegadas a un segundo lugar.

Para iso, estivemos traballando os libros da colección Mulleres Galegas composta por cinco biografías de mulleres: Ángeles Alvariño, Maruja Mallo, María Victoria Moreno, Ernestina Otero e Ángeles Ruiz Robles.

A continuación poden observar algunhas imaxes do fantástico resultado:

 

"Heroínas e heroes,... os de onte, as de hoxe"

Todo o alumnado de segundo participou de forma individual no X CONCURSO DE RELATOS que promove o Museo Liste Etnográfico de Vigo. Este ano o tema era "Heroínas e heroes,... os de onte, as de hoxe" polo que non podiamos deixar pasar a oportunidade de tratar de forma escrita unha reflexión coa que estamos firmemente comprometidas e comprometidos que é: Todos podemos darlle a volta ao mundo.

Comezamos a escribir sobre aquelas persoas que para nós fan deste mundo, un lugar mellor. Sairon textos moi fermosos sobre as nosas nais, sobre a nosa profe Nuria, sobre outros compañeiros e compañeiras de clase e mesmo algúns superheroes e superheroinas que viven na nosa imaxinación. 

Lois, o noso compañeiro, foi o gañador de toda a categoría de primeiro e segundo de primaria, non só da nosa clase, do concurso a nivel autonómico.

Noraboa por ese merecido premio e polo seu relato "MAMÁ"

 Preme na imaxe para ver o vídeo da entrega.

Cé Orquesta Pantasma – A Voar

Hoxe gozamos cantando, bailando e divertíndonos moitísimo da man do vigués César Freiria, músico autodidacta e apaixoado dos instrumentos musicais que nos fixo vibrar dende os máis cativos ao máis maiores. 
 
Gracias por achegarnos a nosa lingua e a nosa música dunha forma tan emocionante.
 

POR UN MUNDO EN PAZ

80 días de guerra entre Rusia e Ucrania.
 
Etiopía, Yemen, Myanmar, Siria, Malí, Níger, Burkina Faso, Somalia, Congo y Mozambique, Afganistán… son outros puntos do planeta onde tamén hai conflitos armados.

Tal e como dixo Malala... 

“Se se quere acabar a guerra con outra guerra, nunca alcanzaremos a paz.

Os cartos que se destinan a tanques, armas e soldados deberíanse gastar en libros, lápices, escolas e mestres”

Seamos o cambio que queremos ver no mundo.

 

Día Internacional do Xogo.

Día Internacional do Xogo.

Cada 28 de maio celébrase este día que promove o Dereito a Xogar. O Dereito a Xogar está contemplado na Convención sobre os Dereitos dos nenos e das nenas, en cuxo Artículo N° 31 manifesta: os Estados Partes recoñecen o dereito do neno ao descanso e o esparcimento, ao xogo e ás actividades recreativas propias da súa idade...

O xogo é unha práctica inherente ao ser humano que o acompaña durante toda a súa vida pero, fundamentalmente, na infancia xa que repercute no desenvolvemento psicolóxico, cognitivo e social das nenas e dos nenos. Ademais, é unha das principais formas de aprendizaxe, de socialización, de transmisión e recreación da cultura. Tamén permite que as personas se expresen e adquiran coñecementos e capacidades básicas para as diferentes etapas da vida e posibilitan o desenvolvemento de habilidades sociais e de vínculos interpersoais. 

Por iso é importante preguntarnos:

A que xogamos?

Como xogamos?

Xogamos con liberdade?

Xogamos en base aos nosos gustos persoais o pola gran influencia de contructos e estereotipos sociais?

Destas preguntas xorde un proxecto no que observamos, analizamos e reflexionamos profundamente sobre a publicidade, os catálogos e en xeral, como a sociedade, guía e dificulta que a nosa escolla de xoguetes sexa libre e real. Tamén como o non encaixar neses gustos crea sufrimento, sensacións negativas, crean rechazo...

XOGAR É UN DEREITO. XOGAR LIBRE É UNHA NECESITADE IMPERIOSA. 

SORPRESA EN 2º

Por sorpresa, na clase de segundo, apareceron unhas caixas de froita. Seguramente algo terá que ver co coidado da nosa alimentación. CONTAMOS CONTIGO!!!

PROGRAMA COCIÑARTE

PROGRAMA GASTRONÓMICO COCIÑARTE

Arranca o quinto programa de CociñArte. Quédate con nós para ver esta deliciosa receita de BISCOITO DE IOGUR da man de Lois, de 2º de Primaria. 

Pero antes de comezar... 

Sabedes onde se orixinou o biscoito de iogur?

A palabra biscoito, provén do latín bis coctus, cuxo significado é "cocido dúas veces". A orixe do biscoito de iogur foi en FRANCIA. Os iogures vendíanse tradicionalmente en frascos de cristal e redondos, os cales eran empregados polas avóas francesas, como medidores das proporcións dos ingredientes precisos para realizar o biscoito de iogur. 

  

 
Bo proveito!!

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Onte, 8 de marzo, conmemoramos o “Día Internacional da muller” no centro; xa que apostamos por visibilizar e pór en valor as mulleres da nosa sociedade.

Para iso, dende a biblioteca continúase coa exposición de libros que permite ao alumnado e familias desenvolver o espírito crítico, coñecer a labor de mulleres relevantes na historia e na súa contorna así como contribuír a súa divulgación.

 

 

Ademais nos corredores do noso colexio poden observar os carteis reivindicativos elaborados polo  alumnado de 2º e 4º de Educación Primaria, baixo o marco do Proxecta + “Donas de si: Valiosas”.

A elaboración do produto constou de varias partes. Primeiro o alumnado indagou sobre a orixe e posteriormente efectuaron os carteis reivindicativos en equipos cooperativos.

 

 

Seguimos camiñando!

Distribuir contido


by Dr. Radut