Skip to Content

4º primaria

TOLEMIAS INIMAXINABLES_ DÍA DA PAZ

 Unha tolemia inimaxinable, un mundo en paz, sin guerras.

Eso é o que queren as nenas e nenos de 4º de primaria. Coa axuda do alumnado de 6º fixeron un programa especial adicado á PAZ. Seguro que con esta ilusión ficeron do mundo un lugar un pouquiño mellor.

Engadiron na parte final o CONCURSO retomando costumes de cursos pasados. Animádevos a participar!!!

Veña a escoitar con atención e disfrutar deste novo programa. Feliz día da paz!!!

Exposición OIADORES

Esta semana, xs nenxs de 4º de Ed. Primaira estreamos a exposición fotográfica e documental daqueles sitios de Oia que nos parecen de máis importancia. Nove fotos con nove audios en formato QR, onde poder coñecer un pouquiño máis o noso concello. Anímate a visitala.

CROS ESCOLAR XOGADE

Despois dunha chea de aplazamentos o pasado xoves, por fin, fomos a participar no CROS ESCOLAR de XOGADE en BAIONA. Como era de esperar foi unha xornada estupenda, alí coñecemos moitas rapazas e rapaces doutros coles, nos esforzamos por facer unha carreira rápida e disfrutamos dun día soleado na Praia da Ladeira. Despois de tanta chuvia o tiñamos merecido. 

Participou o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria en carreiras separadas de chicos e chicas (esto si que nos pareceu raro) e a distancia foi de case un kilómetro para 4º e 5º e case dunha MILLA para os de 6º. Chegando á meta as pernas xa estaban agotadas pero o esforzo pagou a pena...felices de participar e emocionados de ver que algunha rapaza e algún rapaz recibiu diploma por quedar entre os 10 primeiros da súa categoría. Esperamos repetir para o ano que ven....a correeeer!!!

FOTOS DO CROS DE BAIONA

Álbum: CURSO 2023-24 -> CROS BAIONA + PROVINCIAL PONTES

TOLEMIAS NAVIDEÑAS

Aquí tedes o último programa do alumnado de cuarto de primaria. Quentiño, recen saído do estudo de radio. Hai nel unha marabillosa entrevista, sabedes quén é a personaxe invitada? Pois facer clic e escoitade.

Apertas e bo nadal a todxs!!!!

 

 

AVÓ DEIXA DE RONCAR QUE CHEGOU O NADAL

Aquí tedes o video onde aparece todo o alumnado do cole celebrando a chegada do Nadal. Foi un festival estupendo e ao final o avó despertou.

BO NADAL A TODAS!!!

 

XIMNASIA ACROBÁTICA

Está lista para o seu estreno a trup circense de 4º de primaria. Teñen preparado un espectáculo de figuras e torres de ximnasia acrobática. O seu público será o alumnado de infantil, esperemos que lles guste...ALE-HOP!!!

Un tigre-vaca, un forzudo y un burro volador. Libros #LIJ para disfrutar  del circo

ATLETISMO XOGADE

Esta vez foi o alumnado de 4º de primaria o que se beneficiou da participación do cole no programa XOGADE. A través do Deporte Escolar recibimos dúas sesións de atletismo con xogos e exercicios que nos mostraron o divertido que é esta modalidade. Agora xa estamos preparados para ir ás olimpiadas de París!!!

 

Saída A Guarda

O pasado luns 27 de novembro realizamos unha saída a A Guarda. Nada máis chegar visitamos o castelo de Santa Cruz onde arendimos moitas cousas sobre castestelos e as súas variantes e as invasión portuguesas do século pasado.

A continuación baixamos ata o concello onde tivemos a oportunidade de ollar as pinturas de Emilio Alonso Freire.

Ao rematar e despois dun paseo polas rúas da vila, visitamos as Praza de Abastos para revisar como vai a economía e o mercado un luns de outono.

A merenda fixémola no auditorio de San Bieito, pero foi rapidiña porque nos esperaba Teresa no Museo do Mar (Atalaia) para explicarnos as diferentes artes e ferramentas de pesca que se utilizan na Guarda e na zona do Baixo Miño.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut