Skip to Content

CENTRO

ACTUALIZACIÓN INFORMACIÓN COVID19

 

Estimadas familias, como estamos comprobando a incidencia Covid continúa a aumentar na área sanitaria de referencia e no propio centro. Ante este escenario cambiante sinalar:

-Cómpre continuar actuando con tranquilidade seguindo as indicacións que se recomenden en cada caso sempre baixo o amparo das autoridades sanitarias.

-Rigor na información. A xestión da información sanitaria é algo moi complexo que debe realizarse con precisión, cautela, respectando tempos e procedementos e tendo en conta a confidencialidade de datossanitarios. E por isto que, a través de canles oficiais , se traslada a información precisa e se dirixe aos destinatarios/as estritamente necesarios/as.
-Recordamos que todas as incidencias Covid son xestionadas polas autoridades sanitarias que guían e indican o mecanismo de actuación, realizan o estudo de contactos estreitos e ditaminan as medidas en cada situación.


-Remarcar a necesidade de facer a autoenquisa diaria de síntomas ao alumnado antes de levalos ao centro e redobrar as medidas de prevención individuais na medida do posible.

 

-Asemade, o centro está redobrando esforzos na prevención nestes días co fin de que cheguemos nas mellores condicións posibles ás vacacións de Nadal mediante:

  • Reunións do equipo Cóvid diarias para a avaliación da situación e coordinación de medidas.

  • Posta en marcha das aulas virtuais co fin de darlle acceso ao alumnado en corentena.

  • Flexibilidade na asistencia do alumnado nestes días previos as vacacións.

  • Establecemento de medidas organizativas do profesorado excepcionais incrementando a presenza de titores nos grupos burbulla e evitando o tránsito doutros mestres/as nos grupos.

  • Reorganización horaria cun recreo máis longo ao aire libre.

  • Desenvolvemento de merendas en exterior (se as condicións meteorolóxicas o permiten).

  • Incremento de actividades ao aire libre e ampla ventilación permanente nas aulas.

  • Outras medidas loxísticas como a potenciación de titorías ou atención telefónica para dar apoio e resolución de dúbidas e traslado de información e boletíns de cualificacións a través do AbalarMóbil.

 

Ánimo e moitas grazas pola colaboración.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut