1º Curso de Primaria

SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

Boa semana familias e nenos e nenas:

Xa en xuño! Agora si que estamos moi preto da fin de curso. Déixovos as propostas desta semana, durante a mesma os irei deixando algún PDF cos traballos feitos.

Un saco cheo de apertas e bicos.

A profe, MªJosé

MÉRCORES 27 DE MAIO

Bo día familias e nenas e nenos:

Agardo que sigades disfrutando moito destes días, que estedes recuperando os vosos xogos e paseos ao aire libre!

Déixovos aquí dous PDF cos vosos traballiños. A seguir que xa queda pouco para rematar o curso.

Un saco cheo de bicos.

A profe, MªJosé

A PALABRA MÁIS FERMOSA DO GALEGO PARA PRIMEIRO

Bo día de novo

Adxunto un PDF coa palabra que elexiron os nenos e nenas de primeiro e os seus traballiños.

Seguimos

MªJosé

 

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

Boa semana familias e nenos e nenas

Envíovos as tarefas desta semana. Recordade que a medida que pasan os días os vosos fillos e fillas xa están cansos das tarefas escolares, estamos rematando maio, en cursos anteriores nestas datas xa estaban pensando nas vacacións….Estes días xa nos recordan o verán, estamos gozando de moi bo tempo. Polo que ser máis flexibles nas tarefas do cole e que vaian disfrutando do que xa poden ir facendo cada día.Teñen moito que recuperar; .xogos, correr, rir, pasear, pedalear, visitar ou ver aos familiares, amigos.. sempre cumprindo as normas de seguridade. Boa semana e seguimos na distancia.

As portadas dos traballos de Lingua e Lengua as poden inventar eles. Poden utilizar a técnica de collage con letras de xornais, folletos…

Apertas 

A profe, MªJosé

VENRES 22 DE MAIO XA DE FIN DE SEMANA!

Boa tarde nenas, nenos e familias:

Xa estamos de fin de semana. Hoxe foi un día moi especial e bonito para min. Moitísimas grazas por todo. Sodes xeniais e facedes que todo sexa moito máis facil.

Déixovos un PDF con algún dos traballos destes días, quedan pendientes algún máis.

Boa fin de semana.

Un saco cheo de bicos e infinitas apertas.

A profe, MªJosé

XOVES 21 DE MAIO

Bo día familias:

Déixovos un material en PDF Desarrolo de habilidades básicas. Un material parecido a outro que xa descarguei e que aos nenos e nenas gustáralle moito. Podedes utilizalo como consideredes pero non se trata de facer un montón de fichas un día se non pouco a pouco.

Seguimos en contacto.

Apertas, MªJosé

MARTES 19 DE MAIO

Bo día.

Déixovos un novo PDF con algúns dos traballiños dos peques da casa, por suposto sempre coa vosa axuda.

Tamén vos enviarei o video dos seus xoguetes favoritos. Agardo que estedes a disfrutar destes marabillosos días que xa se notan máis longos.

Apertas.

A profe, MªJosé

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

Bo día familias e nenos e nenas:

Iniciamos unha nova semana chea de ilusión e moitas cousas por facer: ler, xogar pasear, correr, saltar, enredar por casa…e mil cousas máis.

Eu vos deixo unhas cantas propostas para facer estes días sobre todo non vos perdades “De eiruga a bolboreta” e os xogos de cálculo de mate , a lectura  “ Unha eiruga moi larpeira”…..

Debaixo poño o organizador semanal, pero só é unha captura de pantalla para ver todos os enlaces tedes que ir ao PDF Organizador semanal 18-22 maio . Tamén tedes os PDF de matemáticas e de plástica

Agardo que o pasedes moi ben co proxecto da bolboreta. Non puidemos vivilo xuntos, pero aí tedes case todo o que pasou.

Unha gran aperta e un saco cheo de bicos para todos.

A profe, MªJosé

 

 

 *Este é o noso proxecto de NATURAIS. Preme nel e xa accedes directamente.

 

BOA FIN DE SEMANA!

Bo día nenos e nenas:

Agardo que esteades gozando destes novos días, e pouco a pouco todo chegará a normalidade.

Déixovos un puzzle para desexarvos boa fin de semana e a disfrutar moito. O luns volvemos a estar conectados na rede.

Apertas e un saco cheo de bicos.

A profe, MªJosé

Premede na imaxe

Distribuir contido