1º Curso de Primaria

BO MÉRCORES. AQUI SEGUIMOS

Bo día estimadas familias de 1º e sobre todo unha gran aperta a todos os meus alumnos e alumnas:

Que tal vos vai todo? agardando que ben e sobre todo para os peques.

Non vos envio máis traballoSorriso só recordarvos que podedes facer collages con xornais vellos, revistas...Na aula fixemos un traballiño de recortes de alimentos que o poden facer de repaso,mesmo algún menú ( lles serve de guía o libro ).

Non vos esquezades de facer exercicio, xogos de movemento ( estes días temos que reinventar os fogares ) e tamén podedes facer instrumentos de música con material de refugallo ( eu dispoño dalgunha páxina ).

Non vos esquezades de entrar no blogue O curruncho do primeiro ciclo e xa sabedes calqueira cousa utilizade o correo.

Saúdos e apertas, MªJosé

BOS DÍAS AQUÍ ESTAMOS 1º

Bos días estimadas familias de 1º:

Agardo que todos e todas esteades ben e organizando con tranquilidade estes días na casa. Se esto se prolonga e é necesario descargaría material complementario ao xa enviado o venres neste espacio.

Neste momento dispoñedes de moitas páxinas web gratuitas con actividades  e xogos  adaptados aos nen@s que seguro que estades compartindo.

Unha gran aperta para todos e todas. Xuntos na casa ( os que podedes, claro está )

Lembrade que contades co meu correo da xunta para calqueira dúbida.

Vémonos pronto, MªJosé

Distribuir contido