1º Curso de Primaria

SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

Bos días familias e nenos e nenas:

Empezamos unha nova semana chea de retos e grandes sorpresas, así que un bo almorzo e a empezar!

Déixovos a proposta de traballos desta semana, e os ADXUNTOS correspondentes. As palabras que están en negriña teñen o seu adxunto debaixo da imaxe da proposta de traballo. Lembrade que matemáticas xa o tedes da semana pasada. Se non queredes ou non podedes descargar as fichas podedes facer as propostas ou algo similar nos cadernos ou en folios.

Estade atentos que ao longo da semana seguirei mandando algunha sorpresa.

Apertas e unha chea de bicos.

A profe, MªJosé

 

VENRES 17/4

Bos días familias e nenos e nenas:

xa case de fin de semana, xa sabedes a divertirvos moito, xogar, ver pelis, ler.... ou non facer nada que eso é moi pero que moi relaxante.

Vos envio unha nova presentación cos vosos traballos e moitas grazas por compartilos.

Boa fin de semana e seguimos na casa!

Apertas e infinitos bicos.

MªJosé

TRABALLANDO 16 E 17 ABRIL

Bos días familias:

déixovos a proposta de traballos deste dous días, así como os adxuntos correspondentes e unha carta explicando como imos traballar este mes.

A partir de agora farei así a presentación das tarefas. Calqueira cousa xa sabedes onde estou. Seguimos na casa .

Apertas, MªJosé

DE REGRESO!

Bos días: deixovos un adxunto e seguimos en contacto durante estes días, pendiente das medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020.  As instrucións recibidas onte as podes ver no seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30809

Apertas, MªJosé

 

SEGUIMOS DE VACACIÓNS¡III

 Bos días familia:

como vedes seguimos unidas na distancia. Hoxe xa compartimos un vídeo máis! Canto aprendemos dos voso fillos e fillas. Unha boa lección para todos, aínda que vós familias sodes moi  importantes e valiosas en todo este traballo! Moitas grazas de novo, nunca me cansarei de dárvolas!

Envíovos outro pdf cos traballiños destes días. Mañá máis

Apertas para tod@s

MªJosé

DE VACACIÓNS!!! II

Boas tardes de novo:

envio dous traballiños máis en PDF. E xa sabedes  continuamos conectados. A seguir disfrutando das vacacións que pronto volvemos a retomar o curso.

Apertas

DE VACACIÓNS!!!

Boas tardes familias e nenos e nenas:

Como seguides? Polo que me ides contando seguimos todos ben e na casa, que é o que temos que facer de momento.

Estes días sígovos mandando videos de experimentos que estades enviando. Que bos científicos e científicas sodes! Agora os mandarei nesta páxina algún PDF, con traballiños  para poder compartilos con todos.

De momento envio un.Estade atento porque seguirei enviando!

Apertas , MªJosé

POR FIN VACACIÓNS!

Bo día nenos e nenas:

Como estades? agardo que vos vaia moi ben! E seguro, seguro que medrando moito.Case que cando nos vexamos non vos vou recoñecer. Xa me contaron que o estades facendo moi ben, que axudades moito nas tarefas de casa, sobre todo a recoller a vosa habitación e a cociñar e algúns coidando aos irmáns pequenos.Ahh tamén sei que facedes as tarefas do cole e que ás veces non vos apetece moito! Normal, pero XA CHEGARON AS VACACIÓNS  e agora toca de novo reinventar estes días na casa, cambiar as rutinas e divertirse, seguir xogando, ríndose, cantando, bailando.. e aproveitar que tedes tempo para estar xuntos en casa coa vosa familia e mascotas.

Eu seguirei aquí con vós, así que seguir enviándome as vosas cousiñas, vídeos, cartas, debuxos, en fin o que queirades que me fai estar moi cerca de vós nun recunchiño da vosa casa e vós tamén na miña, que estes días ocupádesme moito espazo no meu piso! e eu encantada de compartilo con vós nenos e nenas e tamén coas vosas familias.

Grazas nenos por todo o voso cariño, ilusión, ánimo... sodes increíbles, os mellores! A  seguir así darlle unha aperta as vosas familias. Seguimos na casa!

MªJosé

PD: vos envio dous adxuntos para compartir coas vosas familias e con vós , xogos e manualidades para facer estes días.

BO DÍA!!!! SEGUIMOS XUNTOS NA REDE

 

Bo día familia e nenos e nenas.

Envíovos as propostas desta última semana antes das vacacións Risa

Recordade que son propostas e que non tedes porque facelo todo.Cadaquén que escolla o que lle ven mellor a súa situación ( hai algunhas que si que me gustaría que fixerades..xa as veredes na carta ).

Envíovos todos os adxuntos e a seguir unidos familias. E eu con vós na rede!

Grazas, grazas e grazas por facermo tan doado vós e sobre todo eses pequerrechos que están aí na vosa casa.

Apertas e un saco cheo de bicos.

MªJosé

BOA SEMANA!

Bo día nenos e nenas:

xa sei que o estades facendo moi ben. E mesmo hoxe algúns xa estabades tendo clase dende a TV ( Clan ) Que madrugadores ! na tvg2 a partir das 11:00 tamén están con programación.

Xa sabedes a continuar así, algúns que tedes finca podedes disfrutar do aire libre fóra  e os que non temos, pois abrimos a ventá e aproveitamos a luz natural, moi necesaria.

De momento non vos mando  nada máis que o que xa tedes. Posiblemente o xoves vos envie unha proposta para a semana do 30 ao 3 de abril. E logo xa vacacións!

Unha grande aperta para tod@s,

MªJosé

Distribuir contido