Ed. Física

VENRES 8

PREPARADOS, LISTOS, XA...

     

CARREiRAS:

  • Un só lanzamento,  medimos (cun metro, pasos, pies...) e repetimos.
  • Lanzamos todos á vez e gaña o que chega máis lonxe.
  • Marcamos de anteman un percorrido pola casa e gaña o que antes chega ao final.

PUNTERÍA: para este exercicio necesitamos facer unha diana coma a de Aroa e Marta, pode ser de tela coma a delas ou facela cunha folla enteira de xornal.

                     

 

  • A puntos, se realizan tres lanzamentos e súmanse os puntos.
  • Cada un co seu avión, hai que conseguir que pase polos buratos seguindo a orde dos números, gaña o primeiro en rematar.

 Bo finde!!

 

XOVES 7

Ola, cómo levades a semana???

 E os avións, xa os tedes preparados para mañá??? Adrián e Nerea Fontán xa os teñen, mirade...

Hoxe imos a facer circuitos pola casa ou ao aire libre  (os que poidades)

Tedes que incorporar nos vosos circuitos os seguintes elementos:

  • Recorrido de obstáculos, para reptar, saltar, rodear, esquivar, pasar por debaixo e por riba...
  • Burpees.
  • Abdominais.
  • Rodar.
  •  E un pouquiño de imaxinación.

 

Deíxovos uns exemplos de uns compañeiros, ¿a que o fan ben?


 

MÉRCORES 6

 BO DÍA!  mirade a  carretilla de Samuel coa sua irmá Claudia

 

Para hoxe os teño preparada unha sesión con COXÍNS.

Tedes que recoller todo os coxíns que poidades pola casa. E ter moito coidado cando fagades os exercicios para non mancaros, sobre todo colocar os coxíns lonxe dos mobles, para non darse golpes contra eles.

Déixovos os seguintes exercicios, e se inventades algún, mandarme as fotos.

  • A pita altura.
  • As catro esquinas.
  • Raiuela.
  • Túneles.
  • Ramplas
  • Carreiras.
  • Castelos.
  • Covas, pódense deixar para xogar dentro o resto do día, ou para ler un conto.

       

 

MARTES 5

Bo día, xa tiña ganas de estar con vos!

Hoxe son Alex, Sara e Martín os que os desexan un bo día e os mostran os seus laberintos.

       

 

O RETO desta semana consiste en ir facendo avións de papel ata o xoves, para utilizalos na sesión do venres. Deíxovos uns exemplos, premer nas imaxes.

 

          

 

Ademáis, para mover o corpo, xogaremos a "SIMÓN DICE" casi todos coñecedes o xogo, pero o explico un pouco. Unha persoa vai dando órdenes (deitados, correndo, saltando, tocar os xeonllos, quietos...) e o outro/ outros so teñen que obedecer cando a orden é "Simón dice..."

Por exemplo:

  • "Simón dice saltado cun pé" = se salta
  • "Saltado" = non se salta

 

 

XOVES 30

BO DÍA:

 

Para hoxe os teño preparados uns xogos:

  • Robar a cola ao burro: temos que tentar robar o rabo (pañuelo) ao outro.

  • A vollta á tortilla: un ten que tumbarse no chan boca abaixo e o outro ten que darlle a volta.

  • Pelea de galos: dende a posición de cuclillas, e colocados fronte a fronte, temos que empurrar ao outro e tiralo ao chan.

  • Cara ou cruz: sentados de costas, temos que tentar chegar á parede que temos enfrete cando digan CARA, sin que nos pille o compañeiro, e se di CRUZ ao revés.

  • Soga tira: tentamos arrastrar ao outro e que pase a marca do chán.

  • Pulso chino: xogo de máns que consiste en coller o pulgar do rival co noso pulgar coma na foto.

        

 

Por hoxe nada máis, que pasedes unha boa e longa fin de semana.

Mirade que felices de disfrutar un bo paseo  Zeltia e Ian.

 

MÉRCORES 29

OLA, HOXE SAÚDANOS PEDRO

 

 

Para os exercicios de hoxe ides necesitar algo que tedes en todas as casas, TOALLAS E PANOS DE COCIÑA.

Os escribo algúns exemplos e logo xa os adaptades ás vosas casas.

Cun pano:

  • Lanzar e recoller unha pelotiña.
  • Lanzar a pelotiña e que a recolla outro co seu pano.
  • Lanzar a pelotiña e intentar encestar nunha papeleira, bote, vaso...
  • Facer carreiras coa pelotiña sobre o pano sen que caia.
  • Facer as carreiras con duas ou máis pelotiñas,
  • Facer un barco, sombreiro... coma os de papel.

                      

Con toalla:

  • Colocarse de pé enriba da toalla e desplazarse pola casa sen sair dela.
  • O mesmo que antes, pero por parellas.
  • Colocarse sentado e que outro/s nos leve a dar un paseo.
  • Colocarse sentado e desprazarse coma se fósemos remando, cos pes fora da toalla.
  • Ir a gatas o máis rápido posible, coa toalla nas costas e sen perdela.
  • Agochar un obxeto debaixo da toalla sin que ninguén o vexa, e hai que adivinar ao tacto que é.

Cando rematemos podemos pedirlle aos nenos que dobren as toallas e os panos correctamente.

Non os olvidedes dos laberintos, mirade estos:    

 

 

 

MARTES 28

ERIK E IKER OS QUEREN DAR OS BOS DÍAS

                       

 

Para hoxe téñovos preparado un conto motor. 

Tedes que ir representando co voso corpo todo o que ides escoitando.

Se queredes podedes inventar ou alongar o conto (os nenos en infantil os traballan en psicomotricidade conmigo, pedirlles que amplíen o conto eles)

Clicade na imaxe

 

Ao rematar co conto, toca  facer 3 series de abdominais coma onte, consultade a imaxe, e escoller un distinto ao que fixéchedes onte.

 

Que tal van os laberintos? mirade, Pablo xa ten o seu.

                

 

luns 27

Bo día!!

  

Esta semana os teño preparado outro reto. Consiste en construir un xogo dun LABERINTO. Necesitades unha caixa de cartón, uns cartóns dos rollos de papel de baño ou cocina, unha pelotiña e pinturas ou calqueira material que teñades por casa que sirva para decorar o xogo. Facelo con calma para que quede ben bonito e cando este rematado mandarme as fotos para compartir cos vosos compañeiros.

O exercicio que os teño preparado para hoxe é a carretilla. Tedes que recorrer a casa facendo a carretilla. Se queredes facelo mais difícil podedes levar un xoguete nas costas. Ir a modo para non mancaros. Os que poidades (sobre todo os maiores) durante o percorrido, intercalar 3 flexións de vez en cando nesa mesma posición de carretilla.

 

Logo dun descanso tedes que facer a carretilla pero boca arriba. Tamén podedes levar un xogete agora sobre a panza.

Para rematar toca facer uns abdominais, 3 series, o número dependerá do que cada quen aguante.  Deíxovos uns exemplos, facer o que máis vos guste.

VENRES 24

Hoxe é Sara a que nos desexa bo día

 

Último día para facer os BURPEES, hoxe tedes que dalo todo. Ídeme contando os vosos rexistros.

 

O seguinte traballo de venres consiste en facer distintas carreiras:

  • Correndo, de costas, cos pes xuntos, cunha soa perna, coa outra...
  • Variando a forma de sair, de pe, de costas, sentados, deitados...
  • Levando unha pelotiña nunha culler que levamos na boca (este facelo mellor camiñando para evitar perigos)
  • Por parellas, transportando unha pelota, poñéndoa entre as frontes, as costas, os ombreiros...

 

Todos os que poidades, facer os exercicios ao aire libre, e os que non poidades pensade que xa falta pouco para poder sair.

 

A semana que ven, vannos  facer falla, unha caixa de cartón mediana e algúns cartóns do interior dos rollos de papel de cocina e hixiénico, ide gardado algún.

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

FELIZ DÍA

    

 

Distribuir contido